escribán -na
escribán -na
(< lat tardío scribāne,de scriba)
-
s
[DER]
Persoa que tiña ao seu cargo a redacción e a autentificación de actas en contratos públicos e das actuacións xudiciais, gobernativas e administrativas. Especializouse en épocas modernas como actuario da corte xudicial ou administrativa, mentres que os notarios exercían o establecemento de actas e contratos.
-
escribán de mandato
[HIST]
Funcionario da oficina do rei ou das casas nobiliarias que escribía cartas ou outros documentos por requirimento ou mandato do seu señor.
-
escribán maior
[HIST]
Escribán que figuraba como xefe dos escribáns dunha audiencia, curia ou doutro organismo oficial.
Refráns
- Escribáns e ameixeiras ¡líbremos Deus das miñas Jeiras!
- O bo escribán, primeiro o borrón que a pruma na mano
- O escribán nunca escribe en van.
- O que ten o escribán do seu xeito, o torta vÍrao dereito I vólveo dereito.
- Por ben ou por mal,. ten o escribán da túa mano
- Quero o escribán do meu xeito, sexa no bo ou no mal preito.
- Torta ou dereito, ten o escribán do teu xeito.