"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
PERSOEIRO
Escultor e ceramista. Foi autor de Experimentación de las pastas cerámicas para una práctica artística (1995). Realizou numerosas exposicións dentro e fóra de España e participou, entre outras colectivas, nas mostras Keramik Europas, na Feria Internacional de Múnic e no Foro Atlántico de Arte Contemporánea. Membro da Academia Internacional de Cerámica, recibiu entre outros premios a Medalla de Ouro no 46º Concurso de Cerámica da Faenza (1992) e o Premio Escultura Pública Paseo Abandoibarra de Bilbao (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar, xornalista e crítico musical. Estudiou ciencias e música en París e Londres. De regreso a España, ingresou na Academia de Caballería de Valladolid (1874) e, posteriormente, foi destinado ao rexemento real do norte. Finalizada a contenda cos carlistas, foi ascendido a tenente e recibiu a cruz vermella do mérito militar. En Madrid traballou no ministerio da Guerra e nos gabinetes de diversos ministros. Como secretario da comisión mixta das Academias de Historia e de San Fernando conseguiu que se catalogase toda a riqueza monumental e artística de España. Cómpre salientar o seu labor na creación da Cruz Vermella Española, o Teatro Nacional e o Círculo de Bellas Artes de Madrid. Colaborou en diversas publicacións, como La Ilustración Española y Americana, da que foi director; foi tamén correspondente de Le Petit Parisien e Le Journal. Escribiu o drama La segunda mujer (1906) e os libros Tratado de geografía, Topografía militar e Notas...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Cabreira (Salvaterra do Miño). Ten planta en forma de U. Unha das ás laterais constitúe a torre de planta cadrada, que ten pegada unha escaleira que leva ao corpo central, mentres que a outra á é de construción recente e ten unha galería con arcos nunha das súas fachadas. Na porta conserva unha inscrición cunha data do s XIX non lexible.
-
GALICIA
Atleta. Participou nos Xogos Olímpicos de Múnic 1972, na proba dos 800 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Anel ou especie de asa formada no chicote ou seo dun cabo, que se emprega para diversas aplicacións, especialmente para fixar este nunha cornamusa sen necesidade de facer un nó.
-
Nó mariñeiro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou franxa de Gaza Territorio autorizado pola Autoridade Nacional Palestina (ANP; 378 km2; 1.120.000 h [estim 2000]). A capital é Gaza (57.000 h [1988]). Situada nunha pequena franxa chá no litoral mediterráneo, entre Israel e o Sinaí, a súa poboación é maioritariamente palestina aínda que existen numerosos colonos hebreos. Apareceu como unha entidade especial en 1949, cando despois de definirse as condicións do armisticio entre os exércitos árabes e israelís, se converteu nunha das partes de Palestina que quedou en mans dos árabes. Sometida á administración de Exipto (1948-1967), foi conquistada polo exército israelí durante a Guerra dos Seis Días e formou parte dos territorios ocupados por Israel. A OLP presentou una forte resistencia armada durante os primeiros anos do goberno israelí, polo que se emprenderon deportacións masivas de activistas políticos. No 1994, polos acordos de Oslo, acadaron unha autonomía dependente da Autoridade Nacional Palestina. Non...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Moçambique (75.709 km2; 1.034.000 h [estim 1997]. A capital é Xai-xai (63.949 h [1970]).
-
PERSOEIRO
Humanista grego. Profesor de gramática en Ferrara e de filosofía en Roma, trasladouse en 1462 a San Giovanni a Piro, onde dirixiu a comunidade monástica da vila. Tradutor ao latín de numerosas obras clásicas, entre as súas obras destaca a Gramática grega (1495).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Persoa nova e atrevida que pretende actuar coma se fose un home.
-
Animal novo que aínda non serve para traballar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Breve poema lírico propio das literaturas islámicas. Xeralmente trata temas erótico-elexíacos ou báquicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bantustán da República de Sudáfrica, situado ao NL do Transvaal (6.561 km2; 608.000 h [1991]). A capital era Giyani. Habitado esencialmente por shangaans, constituíuse como bantustán autónomo desde 1973 e despareceu como tal coa fin do apartheid (1992-1993). Os seus habitantes son cidadáns de pleno dereito da República Sudafricana.
-
-
-
Cría do coello.
-
Coello que aínda é novo.
-
-
Persoa gorda e pequena.
-
sabela.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado na Coruña a partir do 22 de xuño de 1808. Cesou probablemente en xaneiro de 1809. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Francisco Cándido Pérez Prieto e saía todos os mércores e sábados. As súas primeiras informacións eran sempre do estranxeiro, moitas delas do Correo de Londres; logo engadíanse novas nacionais, do Reino de Galicia e locais. Nos seus artigos amosábase contrario á ocupación dos franceses. Posiblemente, dende o 29 de xaneiro, nove días despois da entrada das tropas francesas na cidade, ata xuño de 1809, fora a súa segunda época. Nesta etapa dirixiuna Manuel García Pardo e respondía ao interese dos invasores franceses por fundar periódicos en todas aquelas localidades que ocupaba. Desapareceu co abandono dos franceses de Galicia.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación política editada en Santiago de Compostela a partir do 1 de febreiro de 1812. Cesou a súa edición o 30 de decembro de 1813. Dirixiuna Xoán Bautista Caamiña. Impresa nos obradoiros tipográficos de Manuel A. Rey, saía todos os mércores e sábados. Erixiuse no substituto de “El Patriota Compostelano” e “El Cartel”. Incluíu extractos das sesións das Cortes de Cádiz, comunicados e noticias estranxeiras e de España.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do il homónimo, na Anatolia Sud-oriental, Turquía (712.800 h [1997]). Está situada na ladeira meridional do Tauro (940 m), ao N da fronteira con Siria e ao O do río Éufrates. É a antiga Aintab. Do seu patrimonio cultural destaca a fortaleza da cidade (s VI), na que se atopa a tumba de Mehmet Gazali.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Il da Anatolia Sudoriental, Turquía (8.015 km2; 1.225.900 h [1990]). A capital é Gaziantep.
-
-
Relativo ou pertencente aos gaznévidas.
-
Membro da dinastía musulmá de orixe turca, fundada por Alptigīn, que gobernou con capital en Ghaznī o L de Irán e Afganistán entre o 977 e o 1187. Durante o reinado de Maḥmūd de Ghaznī (999-1030) a dinastía conseguiu o seu máximo esplendor coa invasión de Iraq e o Sindh e a anexión do Punjāb, que asentou as bases para a futura penetración musulmá na India.
-
-
-
Lugar onde se gardaban as esmolas, rendas e riquezas do templo de Xerusalén.
-
Título que se lles dá a certos dicionarios latinos e que equivale a “tesouro da latinidade”.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Preparación culinaria propia da cociña da metade S da Península Ibérica que se elabora cunha base de tomate, aceite, sal e allo batidos, á que se lle engade opcionalmente cogombro, pemento, anacos de pan reseso e cebola. Nalgunha zonas de Castela, Andalucía e Extremadura chegan a engadirlle carne de caza. Adoita consumirse frío.
-
PERSOEIRO
Compositor e director. Foi un dos creadores da zarzuela moderna e estreou, entre outras, La mensajera (1849), Juramento (1858), Catalina (1854) e La conquista de Madrid (1863).
VER O DETALLE DO TERMO