"SS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1221.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Tarragona, Catalunya (1.777 h [2001]). Os principais cultivos son a vide, as hortalizas e as froitas. Destaca a industria da construción e a alimentaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lei sintáctica que elaboraron os romanistas A. Mussafia (Split, Croacia 15.2.1835-Florencia 7.6.1905) e A. Tobler (Hirzel, Suíza 23.5.1835-Berlín 18.3.1910), relativa á obrigatoriedade da énclise do pronome átono en frases que comezan por unha forma verbal ou cando o verbo se atopa despois das conxuncións e e ma, no francés e no italiano antigos, e extensible tamén a outras linguas.
-
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Masaccio, documéntase en Florencia desde 1417. Recolleu as experiencias artísticas do seu tempo e continuou coa renovación pictórica que iniciara un século antes Giotto di Bondone. Das súas primeiras obras destacan o Triptico de San Giovanale en Cascia (1422) e o Poliptico de Pisa (1426). A partir de 1424 colaborou con Masolino da Panicale na Madonna col Bambino e Santa’Anna e nos frescos da capela Brancacci na igrexa do Carmine en Florencia. A súa obra ten unha consciencia concreta da realidade, obxectivo que conseguiu mediante a masa plástica e a caracterización dos personaxes, o estudo da luz e as sombras e a aplicación dos métodos da perspectiva. En Florencia (1425-1427) pintou a Trinità para Santa Maria Novella e, en Roma, colaborou probablemente con Masolino da Panicale no Triptico de Santa Maria Maggiore, e nos frescos da basílica de San Clemente.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Feito de estar núa unha muller de cintura para arriba.
-
Espectáculo ou local no que as artistas ou as camareiras levan o peito descuberto.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Lleida, Catalunya (2.161 h [2001]). Ten cultivos de cereais, oliveiras, amendoeiras, árbores froiteiras e actividades derivadas do sector primario.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Girona, Catalunya (4.366 h [2001]). Os cultivos son basicamente de secaño. A actividade tradicional predominante foi a marítima, pero desde o comezo do s XX adquiriu importancia a función residencial e de veraneo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Líder revolucionario haitiano. Fou un escravo negro que en 1791 se uniu aos insurrectos de Buckman. Converteuse nun dos xefes da revolta e combateu os franceses (1793-1794). Comandante en xefe das forzas haitianas e gobernador xeral vitalicio semiindependente (1801), as necesidades sociais da economía azucreira de Haití fixeron fracasar o seu goberno revolucionario. En 1802 foi derrotado polo xeneral Charles Leclerc e deportado a Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Confederación sindical británica creada en 1868 en Manchester. Inicialmente eran sindicatos de obreiros cualificados agrupados por oficios (vello unionismo). Comezaron a ter importancia a partir de mediados do s XIX, despois de obter a liberdade de asociación e tras o fracaso do cartismo. A partir de 1885 comezou a coller forza o novo unionismo, que agrupaba obreiros con pouca ou ningunha cualificación sobre a base da industria e non a do oficio. En 1906 xurdiu o Labour Party como expresión política das Trade Unions.
-
PERSOEIRO
Escritor e libretista. Coñecido como Pietro Metastasio, foi poeta oficial da corte do Emperador Carlos VI de Austria en 1729. Escribiu libretos de ópera que foron musicados durante un século por moitos compositores, como Semiramide (1728), Artaserse (1730), La clemenza di Tito (1734), Ipermestra (1744) e Il re pastore (1751).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Protexido polos papas León X e Clemente XII, erixiuse en árbitro de todas as cuestións literarias, e na súa Arte Poetica (1529-1562) estableceu con modelos aristotélicos unha ríxida normativa, que aplicou a toda a súa obra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Signo para a diagnose da tetania, que se basea na aparición dun espasmo na man cando se comprime o brazo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
seda salvaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sonda cósmica lanzada de xeito conxunto pola ESA e a NASA en 1990, co obxectivo de estudar os polos solares. Foi enviada cara a Xúpiter para aproveitar o seu campo gravitatorio e así poder saír, por primeira vez, do plano da eclíptica. En 1994 pasou polo sur do Sol e en 1995 cruzou a eclíptica e chegou ao Polo Norte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela de James Joyce, editada en París en 1922. Comezou a publicarse nunha revista estadounidense, aínda que foi interrompida polo escándalo que provocou. Concibida como un percorrido a través de Dublín, paralelo á viaxe de Ulises na Odisea, presenta continuos cambios de estilo e, sobre todo, unha linguaxe hermética e simbólica, expresada a través do uso permanente do monólogo interior, e considerouse a obra máis significativa da narrativa europea do s XX. R. Otero Pedrayo publicou, traducidos ao galego, “Fragmentos de Ulises” en Nós (1926), a primeira tradución desta obra na Península.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución financeira xurdida en 1912 da fusión do Bank in Winterthur (fundado en 1862) e o Toggenburger (fundado en 1863). A súa política de absorcións converteuna na primeira institución bancaria de Suíza. En 1997 fusionouse coa Société de Banque Suisse e creou o Banque Unie de Suisse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
UEFA.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Axencia de noticias estadounidense que xurdiu en 1958 da fusión da United Press, fundada en 1907 en Nova York, e a International News Service, fundada en 1909 tamén en Nova York. Converteuse nunha das cinco grandes axencias de información mundiais, que atende en exclusiva a case 500 millóns de persoas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas.
-
PERSOEIRO
Compositor. Das súas composicións destacan Poem in Cycles and Bells (1954) e pezas electrónicas como Of Wood and Brass (1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río do extremo oriental de Rusia, afluente do Amur pola dereita (588 km de lonxitude). Nace da confluencia dos ríos Daubikhe e Ulakhe, toma dirección N e fai de fronteira con China ata desembocar en Amur, Khabarovsk.
VER O DETALLE DO TERMO