"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Pintor. Traballou, entre outras obras, no Hospital Real de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter cultural fundada e dirixida por Manuel Andújar e José Ramón Arana. Editouse en dúas etapas distintas entre 1946 e 1956. A partir de 1957 modificou a súa cabeceira pola de Diálogo de las Españas. Nos seus artigos incluíu unha gran diversidade de tendencias e orientacións políticas e culturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Torcerse o espiñazo dunha persoa cara adiante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae como armas, en campo de goles, unha árbore da súa cor e un león de ouro, coroado do mesmo, atado ao tronco coa cadea de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a España, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de España.

    3. castelán.

    4. Salsa empregada para condimentar pratos de carne. Faise cun fondo rubio diluído nun fondo escuro no que se engade un refogado que inclúe cebola, cenoria e outros ingredientes, como touciño, tomate, allo ou allo porro, que se condimentan con loureiro e pirixel; déixase cocer e, finalmente, mestúrase con fariña. Adoita aromatizarse con viño de Porto. Dela derivan outras salsas, como a bigarada ou salsa de laranxa, a bordelesa, a cazadora, ou a cíngara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultora. Formouse no eido da cerámica na Escuela de La Moncloa e no eido dos metais na Escuela de Artes Aplicadas Mestre Mateo. Especializouse no traballo en esmaltes sobre metal. Profesora da Escuela de Artes Aplicadas y Oficios Artísticos Mestre Mateo de Santiago de Compostela dende 1978. Participou, entre outras mostras, na Bienal Internacional da Arte do Esmalte (Limoges, 1976), Artesanía galega (Canadá, 1984), Email-Kunst (Deidesheim, 1985), I Bienal Internacional El món de l’Esmalt (Salou, 1989), The Japan Shippo Conference (Toquio, 1993) e na Homenaxe de artistas galegos ao Che no 30 aniversario da súa morte (1998). Realizou exposicións en Santiago de Compostela e Vigo. Entre outros galardóns recibiu as medallas de prata e bronce no V e VI Concurso Exposición Mestre Mateo, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista literaria publicada entre 1942 e 1947. Dependente da Delegación Nacional de Prensa y Propaganda, dirixiuna Juan Aparicio. Crítica cos escritores do 98 e cos poetas sentimentais, desde Bécquer aos surrealistas, tentaba impulsar unha poesía optimista e imperial, tal e como promovía Primo de Rivera nas súas teorías. Vinculouse ao parladoiro Juventud Creadora que se reunía no madrileño Café Gijón e do que formaban parte José G. Nieto, Camilo J. Cela, Jesús Revuelta e Rafael Romero Moliner. Das colaboracións dos poetas da Xeración do 27 tan só aparece algún poema de Gerardo Diego, así como unha breve recensión de Sombra del Paraíso. O proxecto ideolóxico de El Español plasmouse posteriormente en La Estafeta Literaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Descoñécense os datos da súa formación artística, relacionada cos obradoiros casteláns. Xunto con Juan Davila foi o introdutor do manierismo en Galicia, influenciado pola obra de Juan de Juni e Gaspar Becerra, do que puido ser discípulo. Documéntase por primeira vez nas proximidades de Astorga en 1585, cando se lle encargou o retablo de San Román el Antiguo. Entre as obras que realizou nas terras leonesas destacan a imaxe de santa Baia da igrexa de Rivas de Valduerna (1592) e o retablo para a igrexa de Valle de Castrotierra (1596). En Santiago de Compostela aparece documentado por primeira vez en 1596, cando recibe o encargo de traballar no cadeirado do coro do mestre Mateo. En 1598 traballou no colexio de Santa María a Antiga de Monforte de Lemos, onde realizou o sepulcro pétreo do cardeal Rodrigo de Castro. O cabido da catedral compostelá encargoulle, xunto a Juan Davila, a obra do cadeirado do coro en 1599, do que se lle atribúen os taboleiros do lado do Evanxeo. A súa obra...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do Mar Caribe, segunda en tamaño das Antillas (76.192 km2), que constitúe o nó orográfico deste mar. As súas principais unidades do relevo son a Cordilleira Central e a Cordilleira Meridional. O seu clima é tropical. Descuberta por Colón en 1492, estaba poboada por tribos do grupo circuncaríbico (arauacos e taínos). A illa está dividida en dous estados: Haití e a República Dominicana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dito ou feito que esaxera ou falsea o carácter español.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carácter ou calidade de español.

    2. Amor ou apego ás cousas características de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten ou mostra españolismo.

    2. Que ou quen é partidario ou seguidor da unidade política de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de españolizar ou españolizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proporcionar a algo ou a alguén características, costumes, xeitos ou maneiras que se consideran propias do español.

    2. Adaptar ou dar forma española a un vocablo, palabra ou expresión.

    3. Adoptar costumes, xeitos ou maneiras españolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se espanta con facilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de espantar ou espantarse.

    2. Aplícase ao cuadrúpede que se presenta en posición rampante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que espanta.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Obxecto, xeralmente con forma de boneco, que se pon nun lugar para espantar os paxaros e evitar así que coman ou estraguen os froitos e as sementes.

      2. Cousa ou persoa que mete medo.

    1. Persoa ridícula, especialmente a que viste de xeito charramangueiro.

    2. Persoa que estorba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Causar espanto, medo ou susto a alguén.

      1. Facer que fuxa un animal ou unha persoa, especialmente ao asustalo ou ameazalo.

      2. Facer algo para evitar un sentimento ou unha sensación. Na tradición oral recóllense ditos como: “Os seus males espanta o que canta”.

    2. Causar, algo que non gusta, unha sensación desagradable a alguén.

    3. Sentir unha forte sensación de espanto. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “Espantouse a morte da aforcada cando a viu tan esguedellada. Ovella farta do seu rabo se espanta. Se é branco non me espanto e se é tinto non me arrepinto”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Medo moi grande.

    2. Sentimento de horror causado por algo terrible ou cruel.

    3. Sensación de desagrado que provoca algo.

    VER O DETALLE DO TERMO