"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Liñaxe que se estableceu no pazo de Lodoira, lugar de Mesía, partido de Ordes. Levan as mesmas armas ca os Mosquera; en campo de prata, cinco cabezas de lobo, de sable, degoladas e sanguentas, postas en aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que causa espanto.

    2. Que é moi grande ou moi intenso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exostose que se forma na rexión da xuntura tarsal das extremidades posteriores dos cabalos e que lles impide o movemento da parte inferior destas.

    2. Cuarto ou casa grande mal conservada.

    3. Moble grande e desproporcionado.

    4. Terreo de cultivo grande, de mala calidade ou ruín.

    5. Persoa moi alta, xeralmente sen garbo ou elegancia.

    6. Persoa ou animal pouco xeitoso ou desproporcionado.

    7. Xesto ou xeito propio dunha persoa pouco equilibrada.

    8. Cousa sen ningún xeito ou forma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Danza con acompañamento instrumental e estrutura en dúas frases, semellante á da muiñeira corrida, da que difire pola disposición lineal e non en roda do conxunto danzante no paso de galope correspondente á frase colectiva. Constitúe unha das formas de síntese xenericamente coñecidas como bailes do agarradiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás esparganiáceas.

    2. Herbácea da familia das esparganiáceas.

    3. Familia de plantas perennes, da orde das tifais, composta unicamente polo xénero Sparganium, que comprende 14 especies propias das zonas temperadas e frías do hemisferio N, e que só está presente no hemisferio S en Oceanía e parte do S de Asia. Habitan en medios húmidos e acuáticos, e caracterízanse por ter rizomas desenvolvidos e con escamas, talos erectos, follas lineais planas ou de sección triangular, e flores unisexuais monoicas de periantio trímero -de 1 a 8 estames e de 1 a 2 carpelos-, dispostas en inflorescencias, as masculinas nos glomérulos superiores e as femininas nos inferiores. A polinización é anemógama e dá lugar a un froito en drupa esponxosa, que flota e facilita a dispersión pola auga. En Galicia están presentes as especies: Sparganium angustifolium, en medios húmidos das montañas do SL; Sparganium emersum, en augas pouco profundas, e Sparganim erectum, en ribeiras e augas pouco profundas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos. Traballou en Pontevedra como enxeñeiro auxiliar de Obras Públicas (1914-1922), onde foi enxeñeiro-xefe. Entre 1934 e 1959 ocupou o posto de enxeñeiro-director do Porto de Vigo. Presentou en 1945 un Plan Xeral de Obras do Porto de Vigo que abarcou desde a zona de Guixar ata Samil e co que dividiu o porto en cinco zonas: porto comercial, de transatlánticos, pesqueiro, diques secos para a construción en Coia e o porto da Zona Franca en Alcabre. Elaborou o proxecto da Estación Marítima de Pasaxeiros. Durante o seu mandato levouse a cabo a construción da avenida de Beiramar e a creación da Zona Franca de Vigo. Ideou tamén unha nova lonxa en 1936, que foi un referente racionalista en arquitectura, e o edificio da Autoridade Portuaria. Foi trasladado a Madrid como vicepresidente da sección de Puertos do Consejo de Obras Públicas. Concedéuselle a cruz do Mérito Naval e a do Mérito Civil. Publicou “El Puerto Pesquero de Vigo” (1944) na Revista de Obras Públicas...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Esparta ou aos seus habitantes.

    2. Que presenta calidades semellantes ás dos antigos espartanos como a severidade ou a austeridade.

    3. Natural ou habitante de Esparta.

    4. Individuo do pobo espartano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Riotorto baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Riotorto. Ten unha soa nave cuberta a dúas augas. O arco triunfal é de medio punto e a ábsida ten unha cuberta a catro augas. No exterior destaca a espadana de dous corpos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Castroverde. De orixe románica, ten nave única e ábsida semicircular. O arco triunfal é de aresta dobrado e apóiase sobre pilastras. No interior destacan os canzorros que percorren o beiril da nave e o retablo maior barroco. A fachada é de época posterior, consta de porta arquitrabada e espadana dun só van.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ortigueira baixo a advocación de san Xoán. O seu porto pesqueiro, situado na beira oriental da ría de Santa Marta de Ortigueira, é un dos principais do litoral setentrional galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pantón baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santo Estevo de Espasantes (Pantón). Construíse durante o Barroco e sufriu diversas modificacións ao longo do tempo. Articúlase arredor dun patio interior e consta de planta baixa e alta, á que se accede por unha escalinata situada no patio. No xardín conserva diversas fontes e na fachada principal brasóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pantón. De orixe románica, da primitiva construción conserva a ábsida rectangular. Ten unha soa nave con cuberta de madeira. Posúe canzorros e algúns perpiaños mostran signos lapidarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido por Isabel II, por Real Despacho do 20 de novembro de 1852, a Manuel Vázquez de Quiroga e Queipo de LLano, primeiro conde de Torre Novaes de Quiroga, senador e deputado a Cortes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político venezolano. Ocupou diversos cargos públicos ata 1810, cando se uniu á causa emancipadora. Formou parte da Junta Patriótica, foi presidente da Alta Corte de Justicia e gobernador de València, ata a capitulación da cidade, trala que foi apresado e executado polas forzas realistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco Eugenio de Santa Cruz y Espejo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario situado no monte da Espenuca, en Coirós, onde se localiza un mirador sobre As Mariñas. As súas orixes están nunha pequena construción destruída polos suevos no s V que, trala súa restauración, se situou baixo a regra de san Bieito. No 881 reconstruíuse o templo e no s XI integrouse no mosteiro de San Salvador de Cis. Consérvase un templo románico que puido empregar elementos procedentes das antigas construcións. Erixiuse sobre unhas rochas, polo que a irregularidade do terreo provocou que a entrada ao templo estivera a unha maior altura. Ten nave, con cuberta de madeira, e ábsida, cuberta con bóveda de medio canón, as dúas de planta cadrada. No interior destacan as pinturas do s XV conservadas na ábsida e a imaxe de Nosa Señora da Espenuca, nai da Igrexa, realizada en granito por Fernando García Blanco (1986). Na portada principal destacan as dúas columnas que arrancan a media altura, apoiadas sobre rochas, e sosteñen os arcos de medio punto e as arquivoltas de aresta viva. A...

    VER O DETALLE DO TERMO