"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Folgoso do Courel baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Pedro de Quembre (Carral). A súa planta adopta unha forma cuasirectangular. Conserva dúas chemineas rematadas con pináculos e bólas. No exterior destacan os escudos da fachada (s XVIII) que fan referencia, entre outros, aos Luaces, Montenegro, Ulloa e Valdés.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Lugo. Conserva vestixios dunha primitiva construción románica. Ten unha soa nave e capela maior rectangular. O arco triunfal é de medio punto e apóiase en columnas con capiteis vexetais. Conserva un retablo barroco do s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Taboada. Construída en estilo renacentista no s XVI, ten unha soa nave de planta rectangular e cuberta de madeira a dúas vertentes. O presbiterio cóbrese cunha bóveda de crucería coas claves decoradas cos escudos de armas dos señores da casa-fortaleza de Vilar. No interior consérvase unha pedra de armas de 1596 cos escudos dos Camba, Fernández de Lemos, Taboada e Ulloa no muro do Evanxeo. Na fachada destaca a espadana composta por tres corpos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento que promove o cultivo e estudo do esperanto. Difundiuse inicialmente polo Imperio Ruso e polos países bálticos.
-
-
Relativo ou pertencente ao esperanto.
-
Que ou quen segue ou é partidario do esperanto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua auxiliar internacional creada en 1887 por Ludwik Lejzer Zamenhof, autor dun manual que asinou co pseudónimo de Doktoro Esperanto (Doutor Esperanzado). O esperanto consta de 16 regras fundamentais, entre as que destacan: cada letra pronúnciase como se escribe e viceversa. O acento prosódico recae sempre sobre a penúltima sílaba. Existe un único artigo, determinado e invariable, la. Só hai 11 morfemas gramaticais: os substantivos rematan en o; os adxectivos, invariables para o xénero, rematan en a; os substantivos e adxectivos fan o plural en j; o acusativo, marca do complemento directo e do lugar a onde se vai, acaba en n; os adverbios rematan en e; os verbos non cambian nin de persoa nin de número, e terminan en i (infinitivo), as (presente), is (pasado), os (futuro), us (condicional) e u (volitivo, equivalente a imperativo e mais subxuntivo). A partir da raíz obtéñense as distintas categorías gramaticais. Por exemplo, da raíz flor- obtense floro (‘flor’, substantivo), flora (‘floral’,...
-
-
Sentimento ou estado de ánimo que fai crer que se pode conseguir ou realizar algo que se desexa.
-
Persoa ou cousa en que alguén confía para conseguir algo.
-
Unha das catro virtudes teologais.
-
-
Nun xogo de azar, ganancia media por xogada. Se a esperanza é nula o xogo é equitativo.
-
esperanza matemática
alor medio que pode tomar unha variable aleatoria X definida nun espazo de probabilidade (Ω, Q, P). É a integral definida E(X)=c<J>W</J>XdP da función X.
-
-
Estimación do número de anos que pode esperar vivir unha persoa. Pódese calcular para o seu nacemento ou para calquera idade. O cálculo faise en función do xénero e da táboa xeral de mortalidade no territorio do individuo, dando por suposto que as taxas de mortalidade permanecerán constantes ao longo de toda a súa vida. A esperanza de vida ao nacer é un indicativo estatístico do grao de desenvolvemento do país e emprégase como unha das variables fundamentais para determinar o Indicador de Desenvolvemento Humano.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino derivado do latín sperare ‘esperar’. Presenta como hipocorístico a forma Dansa. Este é o nome dunha das fillas de santa Sofía que, xunto coas súas irmás, Fe e Caridade (as tres virtudes teologais), sufriu martirio en Agen (ou Rodez) en tempos do Emperador Adriano; as tres foron canonizadas. Nosa Señora da Esperanza, da Expectación ou do O, é a virxe preñada, que agarda o momento de parir. Na iconografía represéntase como unha moza embarazada e vestida cunha longa túnica cinguida ao van. A súa festividade celébrase o 11 de outubro, en Pazos de Borbén, ou o 18 de decembro.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida na Coruña en 1977. Subtitulouse “Boletín mensual de la asociación de padres de niños paralíticos cerebrales de La Coruña (ASPACE)”. Dirixida e coordinada por Roy Naylor, incluía información referida á educación especial e aos problemas de saúde de nenos con parálise e minusvalías.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Club liberal coruñés de principios do s XIX con influencias xacobinas. Puido ser o antecedente da Logia Constitucional de la Reunión Española, primeira loxa masónica da cidade fundada en 1814. Os seus membros reuníanse no café de La Esperanza, situado na rúa Real e presidía a asociación Pedro de Llano; instalaron no local unha especie de púlpito, ao que chamaron tribuna, termo adoptado da Revolución Francesa, para que se expresaran os oradores. O perfil social correspondíase coa burguesía mercantil e, entre outros, destacaron Xoán Nepomuceno, Francisco Romeu, o vicecónsul portugués Jose Buselly, Xoán Antonio de la Vega, Luís Alcy, Marcelino Calero, comerciantes como Xosé Villegas, Xosé Blanco e Francisco Gurrea, e médicos como Labrada Pacheco e Pulleiro. A súa actividade política foi ampla, con grande influencia en diversos organismos. A súa publicación foi El ciudadano por la Constitución.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico escolar de tendencia católico-tradicionalista aparecido en Vigo en 1898. Subtitulouse “Órgano del Colegio Balmes” e saía do prelo cada dez días. Na súa redacción participaron profesores e alumnos do centro educativo.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de tendencia carlista aparecida en Santiago de Compostela en 1913 que cesou aos poucos números.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de esperanzar.
-
Que ten esperanza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que dá esperanzas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dar esperanzas a alguén.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Baleira. Conserva vestixios na súa ábsida da primitiva construción románica, pero os restos conservados son barrocos. Ten tres naves e conserva retablos barrocos. No exterior destaca a torre de perpiaños de granito.
VER O DETALLE DO TERMO