"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • CIDADES

    Cidade do estado de Iowa, EE UU, á beira do río Cedar, afluente do Mississippi (108.750 h [1990]). Fundouse en 1849 e nela destacan as industrias alimentarias, farmacéuticas e a produción eléctrica, para a que aproveitan a forza motriz que proporcionan os rápidos do río.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das agrupacións macromoleculares, bastante complexas, que incesantemente se forman no citoplasma. Teñen propiedades físicas e químicas totalmente diferentes ás dos seus constituíntes. Distínguense as lipídico-protídicas e as glicídico-protídicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas gabeadoras anuais, da familia das papaveráceas, de talos de ata 1 m de lonxitude, látex acuoso e follas bipinnatisectas rematadas en gabián. As flores, dispostas en acios, son brancas, tubulares e bilabiadas, con dous sépalos diminutos, dous pétalos externos con espora, dous pétalos internos estreitos e dous estames trilobulados. Os froitos son cápsulas oblongas de ata catro sementes. En Galicia é común a especie C. claviculata en valados e bosques húmidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fillo que nace en último lugar e con diferenza de anos con respecto aos outros irmáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Asia menor que se corresponde coa actual Kayseri. Núcleo da cultura capadocia, desenvolvida no II milenio a C, converteuse en capital da Capadocia romana. O Emperador Tiberio concedeulle o nome de Cesarea en honor de Augusto. Saqueada polo Emperador sasánida Sānpūr I no s III d C, durante a centuria seguinte foi un dos principais centros cristiáns. Os turcos selxúcidas conquistárona no 1070.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema político no que o poder civil, co control e servizo do poder relixioso, intervén nas cuestións disciplinarias e teolóxicas. Foi combatido pola Igrexa Católica, en especial polos papas Gregorio VII, Inocencio III e Bonifacio VIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Changwat de Tailandia, na Rexión Nororiental (12.778 km2; 1.086.726 h [estim 1993]). A capital é Chaiyaphum (23.400 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rito tántrico do hinduísmo, traducido por culto do círculo, no que un reducido número de homes e mulleres se reúnen para participar nun banquete cultural que finaliza co acto sexual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Mahārāshtra, na India (225.841 h [1991]), situada ao S de Nāgpur.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lámina de grosor uniforme de madeira, metal ou doutro material duro.

    2. Carrocería dun automóbil.

    3. Placa, xeralmente de metal, usada como distintivo ou adorno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Silleda baixo a advocación de san Cibrao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome do concello de Silleda dende a súa constitución oficial o 24 de decembro de 1836 ata o 2 de maio de 1853, data na que o mudou polo actual. Tomou esta denominación porque, na súa orixe, a capital municipal era o lugar de Chapa, na parroquia homónima. Por petición do alcalde, o 9 de abril de 1838, o gobernador civil autorizou o traslado da capitalidade ao núcleo de Silleda. Isto provocou unha disputa entre veciños das distintas parroquias do municipio, que defendían os seus respectivos intereses tomando partido por unha ou outra localidade. Finalmente, o traslado da capitalidade rematou por significar tamén, quince anos despois, o cambio da denominación do concello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada en Silleda, foi construída no s XIII polos señores de Deza. Sufriu o sitio de Berenguel de Landoira en 1320 e pasou a mans do cabido santiagués ata que os señores de Altamira a recuperaron e reclamaron o dereito de sucesión dos Deza. As Revoltas Irmandiñas deixaron pegada na fortaleza e, durante as loitas revolucionarias de 1846, o xeneral Rubín pasou a noite nela. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Represa feita no curso dun río da que parten as quenllas para os muíños e prados.

    2. Parede construída con pedras planas postas de canto na beira dun río para que as enchentes non danen os terreos próximos.

    3. Pavimento feito coas pedras colocadas de canto. OBS: Rexístrase a locución a/de chapacuña para indicar o procedemento de pavimentar algo con pedras colocadas en forma de canto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pavimentar unha vía co procedemento da chapacuña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe dado coa palma da man.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de chapar.

    2. Parte saínte do tellado que recolle a auga da chuvia e favorece a súa canalización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago de orixe tectónica, México (1.080 km2), situado entre a meseta de Anáhuac e a cordilleira volcánica de Sierra Madre. É o máis grande do país e recibe as maiores cantidades de auga dos ríos Lerma e Grande de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mapaches da familia dos prociónidos de ata 1,5 m de lonxitude. Propio de finais do Plioceno, os seus hábitos e aspecto son semellantes ao panda xigante. Os xacementos principais están localizados en Arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Materia bituminosa de cor escura, líquida ou semilíquida a temperatura ambiente, e de composición variable, que se obtén por destilación de materiais vexetais ou carbonáceos. Emprégase para calafatear embarcacións, na construción de estradas e na fabricación de colorantes, polímeros plásticos, caucho, perfumes sintéticos, produtos farmacéuticos, tecidos sintéticos e explosivos.

    VER O DETALLE DO TERMO