"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘dedo’.
-
PERSOEIRO
Teólogo e filósofo persa. Coñecido como Algazel, foi o introdutor da lóxica aristotélica na teoloxía musulmana. Entre as súas obras destacan Tahāfut al-falāsifa, coñecida en Occidente como Destrutio Philosophorum, e a apoloxía mística I ḥ yā’ ‘ulūm al-dīn (Revivificación das ciencias da relixión).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico italiano de carácter deportivo editado en Roma a partir de 1924. Dirixido por Pietro Calabrese, está incluído dentro do grupo editorial La Gazzeta dello Sport Srl. Céntrase sobre todo no desenvolvemento da liga italiana de fútbol (Calcio) e inclúe información sobre outros deportes, os resultados das competicións, o regulamento, os xogadores máis destacados, etc. Na súa sección “Fotofinish” insire as imaxes deportivas máis curiosas de cada día. En 1931 impulsou e patrocinou a celebración do Giro de Italia. No 2000 contaba cunha difusión media que superaba os 270.000 exemplares.
-
GALICIA
Antropólogo. Investigador titular da Universidad Nacional Autónoma de México (UNAM) dende 1956, foi vicepresidente da Academia da Investigación Científica (1963-1964). Participou nas expedicións Ra I e II (1969-1970) e no 1973 organizou e dirixiu a expedición Acalli. Centrou as súas investigacións nos estudios de xénero e na análise da violencia e do racismo. Das súas obras destacan: El hombre entre la guerra y la paz (1968), Comportamiento y violencia (1976) e La Violencia en el país Vasco y sus relaciones con España (1986). Recibiu, entre outros galardóns, o Premio de Investigación de la Academia Mexicana de Ciencias (1961), o Premio Internacional da Paz (1968). Membro, entre outras, da American Anthropological Association, da Royal Anthropological Institute of Great Britain and Ireland e da Societé d’Anthropologie de Paris.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Discípulo de Agostino Tassi en Roma, a súa arte derivou cara á liña máis naturalista de Caravaggio. Deixou Roma e estableceuse sucesivamente en Le Marche, Xénova, Turín, Francia, ata instalarse na corte inglesa, onde foi pintor do Rei Carlos I. O seu tenebrismo enlaza coa liña claroscurista holandesa. Das súas obras destacan La Madonna pone il Bambino in braccio a san Francesca Romana e Il riposso durante la fuga in Egitto. A súa filla Artemisia Gentilleschi (Roma 1593-Nápoles 1652?) formada no caravaggismo do seu pai, derivou cara a unha arte máis intranscendente e fría. Das súas obras destacan Giuditta che ucide Oloferne e Nascita del Battista.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Uttar Pradesh, India, situada ao N da aglomeración de Nova Delhi (460.949 h [1991]). Foi fundada en 1740 polo primeiro ministro do gran mongol A ḥ mad Shāh co nome de Gajeendin Nagar.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
gaznévida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Afganistán (23.378 km2; 676.000 h [estim 1982]). A capital é Ghaznī (32.000 h [estim 1982]).
-
PERSOEIRO
Fotógrafo. Coñecido como Tim Nachum Gidal, colaborou coas revistas Münchner Illustrierte Press e Picture Post. En 1930 participou nunha exposición sobre a primeira experiencia televisiva no Deutches Museum. Nunha viaxe á India realizou unha reportaxe sobre Mahatma Gandhi que o levou a ser coñecido mundialmente. Foi tamén redactor xefe da revista militar Parade. En 1948 instalouse nos EE UU e traballou na revista Life e como profesor na Nova Escola de Investigacións en Ciencias Sociais. Publicou Deutschland-Beginn des modernen Photojournalismus (1972) e Modern Photojournalism: Origin and Evolution 1910-1933 (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da República dos Udmurtos, Rusia, situada ao N da república, á beira do Čepca (106.000 h [1991]). Fundada a finais do s XVI, recibiu o título de cidade en 1780. Concibida cun plano radial polo arquitecto Ivan Lem, do seu patrimonio cultural destaca a catedral de Preobrazhensky (1793).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Estudiou con Rimskij-Korsakov e foi profesor e director do Conservatorio de San Petersburgo. Foi considerado como o continuador do Grupo dos Cinco. É autor de ballets, sinfonías e concertos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia cristalina que se funde a 180-182°C. Cando se administra por vía oral produce un efecto hipoglicemiante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Lampón (Boiro). Ten planta en forma de L e conserva nun dos seus extremos unha torre que remata nunha balaustrada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Golán (Melide). Ten planta rectangular e unha torre cadrada cuberta a catro augas. Conserva unha capela de planta rectangular situada en paralelo á fachada principal. Pertenceu aos Varela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Receptores da sensibilidade táctil xeral que están situados nas puntas dos dedos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Roade (Sobrado). A zona destinada a vivenda ten planta en forma de L; ademais ten outro corpo cunha balconada con balaustrada pétrea do s XVIII. A fachada principal conserva un escudo que leva as armas dos Sánchez Barallobre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Vilagarcía de Arousa. Orixinariamente foi unha fortaleza. Da primitiva construción, reformada no s XIX, conserva o arco que dá acceso ao patio central. Conserva a capela e os xardíns.
-
GALICIA
Político e enxeñeiro industrial. Ingresou en AP (1986) e foi concelleiro da Coruña (1987-1999). No Congreso formou parte do Grupo Popular durante a IV e V lexislaturas (1989-1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Xeve (Pontevedra). Ten a súa orixe nunha antiga fortaleza. Construído cara a 1703, segundo unha inscrición do lintel da porta, destaca pola súa fachada cunha escalinata barroca con balaústres e patín cuberto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Bieito de Gondomar. De orixe medieval (ss XIV-XV), pertenceu a García Sarmiento de Soutomaior, señor de Gondomar e Vincios, e ao seu fillo Diego Sarmiento de Acuña, I conde de Gondomar. Construíuse arredor do corpo central ao que se lle foron engadindo diversos corpos ata constituír unha planta que se asemella a un U, pechado polo S e cun muro de contención que crea un patio de armas. O corpo principal ten tres alturas, dous os laterais e un o resto. A cuberta orixinal era de tella curva pero as reformas do s XIX cambiárona por tella plana a catro augas, no corpo central, e a tres, nos laterais. Conserva unha solaina, con acceso directo ao patio de armas, cuberta pola terceira planta, que se apoia en columnas sinxelas na zona central e pareadas nos laterais. Ao longo do corpo central da fachada N consérvase unha terraza e, pegada á casa, a capela, baixo a advocación de santa Ana. Segundo a tradición, nela atópanse os restos do mártir Tomé Maxfildeo e de san Abudio....