"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendón ou vea que se percibe sobresaíndo da pel, especialmente no pescozo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno neurolóxico caracterizado por unha sucesión de movementos involuntarios rápidos, breves e desordenados. Afecta a calquera parte do corpo, sobre todo extremidades, cara e lingua. Algúns tipos especiais de corea son a corea de Sydenham, a corea simple ou o baile de san Vito, considerada como unha complicación das infeccións estreptocóccicas do grupo A, especialmente do reumatismo poliarticular agudo; a corea de Huntington, enfermidade hereditaria que comeza na idade adulta e que se manifesta, ademais de polos movementos coreicos, polo deterioro mental progresivo; e a corea gravídica, que adoita presentarse no primeiro trimestre do primeiro embarazo, semellante á corea de Sydenham, pero que non vai asociada ao reumatismo poliarticular agudo.
-
PENÍNSULAS
Península de Asia oriental, entre o mar do Xapón ao L, o Mar Amarelo ao O, o estreito de Corea ao S e China e Rusia ao N (219.362 km2; 65.819.587 h [1998]). Divídese en dous estados: a República Democrática Popular de Corea, ou Corea do Norte, que se estende pola parte continental e peninsular e que remata no paralelo 38° N, e a República de Corea, ou Corea do Sur, situada ao SL do paralelo.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A maior parte de Corea está formada por montañas de altitude media, moi abruptas, que alternan coas pequenas superficies de labranza das chairas aluviais. O N, moi montañoso, está cuberto de materiais miocénicos, cunhas altitudes medias que superan os 1.000 m de altitude. Un conxunto de montañas graníticas, as T’aebaek, atravesan a península cunha dirección N-S e van diminuíndo en altura na mesma dirección. O clima é temperado, cunha certa continentalidade por mor da proximidade das correntes frías. Os ríos caracterízanse en xeral pola súa forte pendente... -
VER O DETALLE DO TERMO
Armando Antonio Correa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfrontamento bélico entre as dúas Coreas entre xuño de 1950 e xullo de 1953. Corea do Norte contou co apoio da URSS e China, mentres que Corea do Sur se apoiou nos EE UU e na ONU, no marco da Guerra Fría. O 25 de xuño de 1950 as tropas norcoreanas penetraron en Corea do Sur, chegaron a ocupar a capital, Seúl, e controlaron case toda a península, axudados por unha gran parte da poboación civil e polas accións de grupos políticos de Corea do Sur. A ONU enviou unha forza internacional dirixida polo xeneral estadounidense Douglas McArthur. O 30 de setembro chegaron ao paralelo 38° e o 29 de outubro alcanzaron a fronteira de China. A finais de novembro, o exército chinés interveu abertamente no conflito. A situación militar (o 4 de febreiro as tropas de Corea do Norte e as chinesas ocupaban Seúl) e política (os occidentais negábanse a continuar coa ofensiva bélica) obrigou os EE UU a adoptar unha actitude máis flexible. Así, despois de recuperar Seúl e situarse arredor do paralelo 38°, os contendentes...
-
REPUBLICAS
Ou Corea do Sur Estado de Asia Oriental que ocupa a parte meridional da península de Corea, limita ao N, pola liña de demarcación establecida ao redor do paralelo 38°, coa República Democrática Popular de Corea (99.263 km2; 46.109.000 h [estim 1998]). Esténdese entre os 38° e os 33° de latitude N e os 126° e 132° de lonxitude L. A capital é Seúl.
Xeografía físicaRelevo, hidrografía e climatoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
O relevo é accidentado no sector oriental e central, cunha cadea montañosa principal, en dirección NS, paralela á costa. No sector occidental hai numerosas illas, entre as que sobresae a de Cheju, coa máxima altitude do país, o monte Hallan-san (1.950 m). Os ríos máis importantes son o Naktong e o Han, pero tamén destacan o Yōngsan e Punkhan. O clima é continental, con invernos fríos e secos e veráns cálidos e chuviosos. A precipitación media anual é de 1.400 mm, e concéntrase, sobre todo, nos meses de xuño e agosto.... -
REPUBLICAS
Ou Corea do Norte Estado de Asia Oriental que ocupa a parte setentrional da península de Corea e un sector continental. Limita ao N cos ríos Yalu (Amnok) e Tumen (Tuman), que a separan de China e Rusia, e ao S, pola liña de demarcación establecida ao redor do paralelo 38°, coa República de Corea (122.762 km2; 23.348.000 h [1998]). Esténdese entre os 43°-38° de latitude N e os 124° e 131° de lonxitude L. A capital é Pyeongyang.
Xeografía físicaRelevo, hidrografía e climatoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
O relevo de Corea do Norte caracterízase por ser moi accidentado, con profundos e estreitos vales. O sistema montañoso ten unha dirección NO-SL, no que destaca a aliñación de Nangnim-sanmaek. O cumio máis importante é o monte Paektu (a 2.744 m de altitude), na fronteira con China. As chairas ocupan unha quinta parte do país e localízanse, sobre todo, na costa occidental. Case todos os ríos discorren en dirección O, cara ao Mar Amarelo.... -
-
-
Relativo ou pertencente a Corea, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Corea.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo coreano.
-
Individuo do pobo coreano.
-
Pobo que habita principalmente na península de Corea e na illa de Cheju. Estendeuse durante a ocupación xaponesa (1910-1945) por China (Manchuria), Xapón e Siberia. Orixinarios das migracións dos pobos nómades tungús, estiveron sometidos a influencias chinesas dende finais do s II a C e consolidáronse como grupo nacional a partir do s IV. A súa relixión tradicional é o chamanismo, que perdura nos costumes rurais; no s IV introduciuse o budismo e no s XIV o neoconfucianismo.
-
-
Lingua falada na península de Corea e na illa de Cheju, en China e en Xapón. Do coreano antigo, escrito con caracteres chineses, consérvanse textos dalgunhas cancións (57 a C-935 d C). A lingua moderna, promovida desde o terceiro decenio do s XX, baséase na fala de Seúl e escríbese con alfabeto coreano -coñecido como hangul ou onmun-, introducido na metade do s XV (1446), que substituíu o alfabeto chinés. Na República de Corea seguen a empregar os dous alfabetos e ademais contan cun alfabeto mixto que utiliza os signos chineses para as palabras desa procedencia. O coreano consta de sete vocais fundamentais e de vinte e cinco consoantes. Ten numeración decimal e usa frecuentemente sufixos que serven para formar palabras nominais, a partir, sobre todo, de radicais variables. Unha característica da gramática coreana, igual ca a tibetana ou a xaponesa, é o seu sistema de desinencias honoríficas e marcas internas das palabras que indican as relacións sociais; a forma dunha...
-
Arte desenvolvida en Corea. Dunha intensa influencia chinesa e interpretada cunha variable personalidade, transmitiuse a Xapón. A arte coreana estrutúrase cronoloxicamente en varios períodos: os de Lolang (s I a C-s IV d C), os Tres Reinos (37 a C- 668 d C), o Gran Reino de Silla Unificado (668-918), Koryo (918-1392) e Chosŏn, coa dinastía Yi, (1392-1910). Cun pasado prehistórico no que sobresaen pezas de bronce e diversos dolmens, Corea iniciou a súa produción artística de influencia chinesa co período dos Tres Reinos: Koguryo, Paekche e Silla, marcado pola introdución e o amplo desenvolvemento do budismo. No reino de Koguryo, ao N, destacaron as tumbas de Pyeongyang, con cámaras decoradas con pinturas murais de temática realista e simbólica, nun estilo que se achega ao chinés das Seis Dinastías. No reino de Paekche, ao SO, consérvanse as tumbas decoradas con murais de Kyŏngju e Puye, e as pagodes de pedra de Chongnimca. Algunhas construcións xaponesas realizadas por mestres...
-
Os seus inicios están estreitamente ligados á literatura chinesa. Escrita en chinés clásico, acadou un grao moi elevado de perfección estilística e deu poetas relevantes como Kim-Byung-Yun (1807-1863). Sufocada en gran parte por esta tradición, a literatura en lingua coreana quedou reducida á obra popular, transmitida oralmente a través das cancións. Unha compilación importante é o Sam-Täï-Mok (888). Entre os ss I e X, formouse un fondo folclórico, centrado principalmente na necesidade de protección divina, dende o que se destaca o canto de Chuyong. Coa entrada do confucianismo (1342), que substituíu o budismo, o proceso de asimilación a China intensificouse. Traducíronse os clásicos chineses ao coreano e apareceu a tradición poética de carácter profano na que destacou Tsung-Tchul, chamado tamén Song-Kang. En prosa destaca a obra Ym-Djin-Nok (Anais de Ym-Djin). Coa apertura das culturas occidentais nos ss XIX e XX, introducíronse en Corea as correntes...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abrirse gretas nunha cousa como consecuencia de estar exposta ao sol ou a unha temperatura elevada.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ponteceso baixo a advocación de santo Adrián.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Parte anterior, clara e transparente, da capa máis externa do ollo, que cobre o iris e a pupila. A córnea é un tecido transparente e avascular formado por un epitelio, unha membrana basal, a membrana de Bowman, un estroma, a membrana de Descemet e un endotelio. Posúe un raio de curvatura maior ca o do resto do globo ocular. Está inervada pola primeira división do trixémino, a través dos nervios ciliares longos e curtos, lagrimal e ramas nasociliares, que penetran ata o epitelio. Para que poida funcionar como unha lente necesita estar cuberta por unha película lacrimal, xa que a superficie do epitelio corneal é irregular. As enfermidades da córnea constitúen a causa máis importante de cegueira.
-
Capa máis externa da epiderme, formada por células cargadas de queratina.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rocha metamórfica de gran fino e microestrutura granoblástica, orixinada por metamorfismo de contacto entre rochas sedimentarias arxilosas ou areosas e ígneas. A súa composición mineralóxica depende das rochas orixinais: se procede de rochas margosas, contén calco-silicatos e denomínase corneana calco-silicatada; e se procede de rochas arxilosas, contén silicatos alumínicos (andalucita, cordierita e biotita), que lle dan un aspecto manchado característico, e recibe o nome de cornubianita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dar golpes cos cornos un animal.
-
RIOS
Río afluente do Lamas, da conca do Suarna, pola dereita. Nace na parroquia de Córneas, no concello de Baleira. O seu curso adopta unha dirección S-N, atravesa a parroquia e penetra na do Freixo, no concello da Fonsagrada. Neste lugar recibe o seu primeiro afluente, o río do Castelo, e vira cara ao L pola parroquia de San Pedro de Río. Desemboca ao chegar a Lamas de Moreira, logo dun percorrido duns 9 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico francés. Especializouse no xénero policial con diversas películas, como Police Phython 357 (Policía Python 357, 1975), La menace (A ameaza, 1977), Série noire (Serie negra, 1979) ou Le choix des armes (A elección das armas, 1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación do hemisferio boreal situada entre as de Hércules e a da Serpe. É moi pequena, pero de forma ben definida, posto que sete das súas estrelas principais debuxan un arco de círculo no firmamento. Ten 36 estrelas visibles a simple vista, das que α-Coronae Borealis, de segunda magnitude, é unha dobre espectroscópica situada a 71 anos luz, cuns compoñentes de magnitudes 2,31 e 2,42.
-
PERSOEIRO
Lingüista, fillo de Pere Coromines i Montanya. Estudiou na facultade de Filosofía e Letras de Barcelona, nos Estudis Universitaris Catalans e na Fundació Bernat Metge. Completou a súa formación en Montpellier (1927) con Maurice Grammont e Georges Millardet; en Madrid (1928) con Menéndez Pidal e Américo Castro; en Zúric (1929) con Louis Gauchat, Arnald Steiger e Jakob Jud; e en París (1930) con Oscar Bloc, Mario Roques e Antoine Meillet. Doutorouse en Madrid cun traballo sobre Vocabulario aranés (1931). Pompeu Fabra introduciuno (1930) nos traballos de lexicografía do Institut d’Estudis Catalans, centro do que pasou a ser membro a partir de 1950. Foi profesor de filoloxía románica na Universitat de Barcelona ata 1939, ano en que se exiliou. Estableceuse primeiro en París, e pouco despois, en Arxentina. Neste país foi profesor da Universidad de Cuyo (Mendoza) ata 1948, data do seu nomeamento como profesor de filoloxía románica na Universidade de Chicago. Dúas constantes básicas na...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Recibiu leccións de Achille-Etna Michallon, quen o introduciu no naturalismo inxenuo. Ao morrer este, ingresou no obradoiro de Victor Bertin, que o instruíu na doutrina pictórica da paisaxe histórica. Esta mestura de idealismo e clasicismo recibiu unha corrente de liberdade cos ensaios do pintor ao aire libre, feito que fixo da súa pintura, especialmente das paisaxes, un preimpresionismo. A súa técnica, baixo unha aparencia tradicional, creou unha atmosfera de luz e claridade. Na súa primeira viaxe a Italia (1825-1828), sen negar a validez da paisaxe histórica, penetrou na paisaxe realista. Nesta primeira estancia realizou, entre outras obras, Le Pont de Narni (A ponte de Narni, 1827) e Forum (Foro, 1826). De regreso a Francia, durante os meses de primavera e verán debuxaba bosquexos ao óleo tomados do natural que logo pintaba no seu estudo no inverno. En 1834 realizou a segunda viaxe a Italia, a onde regresou en 1843. Percorreu Francia e viaxou a Suíza (1842),...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Colaborador da revista Ínsula, destaca como crítico xornalístico. Autor de numerosos estudios, da súa produción sobresaen Hombres de acero (1935), Por la orilla del tiempo (1954), El haz y el envés (1960) e Semana de pasión (1976).
VER O DETALLE DO TERMO