"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • PERSOEIRO

    Diácono e protomártir cristián. Acusado de blasfemia polos xudeus helenistas, foi condenado polo sanedrín e morreu apedrado. No libro dos Feitos dos Apóstolos reprodúcese un discurso apoloxético seu, fundamental para comprender a evolución misional do primitivo cristianismo. Represéntase como un mozo imberbe e vestido coa dalmática. A súa festividade celébrase o 26 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo derivado do latín Stephanus, nome testemuñado esporadicamente en Roma en era precristiá, pero usado só por gregos ou orientais, que reproduce, á súa vez, o grego Stéphanos, nome persoal moi antigo e tamén voz común stéphanos (στέ ϕ ανος) ‘coroa, gloria’. Presenta as variantes Esteve e Esteveíña. Deste nome deriva Estévez, un dos apelidos patronímicos galegos máis frecuentes. Co cristianismo espallouse, especialmente, este nome debido ao culto a santo Estevo, diácono e primeiro protomártir cristián, e un dos santos máis antigos no culto hispánico (s V); e invócase contra o mal da pedra e contra as dores de cabeza. Outros santos con este nome foron Estevo I de Hungría (969-1038), primeiro rei dos maxiares e celebrado o 16 de agosto, o Papa Estevo I (257-260), celebrado o 2 de agosto, ou Estevo Harding (1050?-1133), terceiro abade da orde do Císter. Entre os santos galegos, destaca un...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xogador de wáter-polo. Participou nos Xogos Olímpicos de Moscova 1980, Los Angeles 1984, Seúl 1988, Barcelona 1992, Atlanta 1996 e Sidney 2000. Proclamouse campión olímpico en 1996 e subcampión en 1992. Nos campionatos do mundo conseguiu a medalla de ouro en Perth 1998, e a de prata en Roma 1994 e Perth 1991. Nos campionatos de Europa gañou a medalla de prata en Atenas 1991 e a de bronce en Roma 1983 e Sheffield 1993. Foi máximo goleador do torneo olímpico en 1980, 1984, 1988 e 1992, dos mundiais en Madrid 1986, Roma 1994 e Perth 1998, e dos campionatos de Europa de Roma 1983, Bonn 1989, Atenas 1991, Sheffield 1993 e Sevilla 1997. Gañou a Copa de Europa de clubs co C N Barcelona (1982) e co Pescara italiano (1988), 4 títulos da Supercopa de Europa, 3 da Recopa de Europa, 5 ligas españolas e 4 ligas italianas. Designado mellor xogador do mundo en sete ocasións, en setembro de 2000 foi escollido membro do Comité Olímpico Internacional. Recibiu a Gran Cruz de la Real Orden del Mérito Deportivo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Descenso do nivel mínimo do caudal dun curso fluvial.

    2. Período en que se rexistra o caudal mínimo dun curso fluvial. Nos ríos galegos, de réxime pluvial, correspóndese cos meses centrais do verán (estación estival), cando se recollen as menores precipitacións do ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de estibar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de estibar.

    2. Conxunto de apoios, xeralmente inclinados, que serven para soster e apontoar unha estrutura e que evitan derrubas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa encargada de distribuír a carga dun barco de xeito que ocupe o menor espacio posible.

    2. Persoa que traballa nos portos cargando e descargando os barcos.

    3. Persoa encargada de colocar o peixe en caixas de xeito ordenado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dispoñer unha carga, en especial a dun barco, de xeito que ocupe o menor espazo posible e coidando a súa distribución para conservar a estabilidade do navío.

    2. Cargar e descargar un barco.

    3. Colocar esteos para conter as paredes dunha escavación ou de calquera estrutura arquitectónica que ameace ruína ou para soportala mellor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfuro de antimonio, de fórmula Sb2S3. Cristaliza no sistema rómbico, formando cristais prismáticos. Preséntase en agregados de cristais aciculares e en masas granulares. Ten unha dureza 2 e unha densidade 4,66. De cor gris de chumbo e de brillo metálico, é a fonte máis importante para a obtención do antimonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ersículo, especialmente referido aos libros poéticos da Biblia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. División dunha obra en membros breves ou esticos, que en certos códices antigos se pon en práctica para conseguir unha lectura correcta.

    2. Numeración das liñas dun texto para facilitar colacións e citacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Distribución das frases nunha estrofa, segundo a cal cada unha delas ocupa exactamente un verso. No diálogo dramático, dáse cando cada un dos versos é recitado por un actor distinto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de impresores, libreiros e humanistas franceses, orixinaria de Provenza, que traballou durante os ss XVI e XVII en París e Xenebra. Imprimiu con gran perfección tipográfica unhas 1.600 obras, en boa parte textos antigos e obras humanísticas. Iniciou a actividade Henri I (París 1465? - 1520), que imprimiu 121 obras de filosofía, astronomía e matemáticas; sobresae o Psalterium Quintuplex gallicum, romanum, hebraicum, vetus, conciliatum (1509), de Jacques Lefèvre d’Estaples. Tivo tres fillos: Robert , un dos membros máis destacados da familia, François (1502-1550?), que publicou poucos volumes, e Charles (? 1504? - París 1564). Este último dirixiu a imprenta cando Robert marchou para Xenebra; foi impresor do rei, pero distinguiuse sobre todo como escritor, principalmente de traballos de agricultura (Praedium rusticum, 1554, obra da que fixo unha edición francesa ampliada co título de L’Agriculture et Maison rustique,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor, libreiro, filólogo e humanista, fillo maior de Robert Estienne. Aprendeu grego, latín, italiano, español, flamengo e moitas linguas orientais. Descubriu un gran número de manuscritos gregos e, en 1554, publicou a primeira edición das Odas, de Anacreonte, coa tradución latina. As súas críticas ao clero católico ocasionáronlle persecucións, polo que tivo que fuxir a Xenebra, onde tamén tivo dificultades co concello e foi encarcerado. En Xenebra estableceu en 1557 unha imprenta independente da do seu pai, coa que se fusionou á morte deste. Aínda que no aspecto tipográfico foi inferior a outros membros da familia, publicou obras importantes, a maioría dedicadas á literatura grega. Moi destacable foi o seu labor como erudito e escritor; entre os seus traballos orixinais, sen contar os comentarios e traducións, cómpre mencionar Ciceronianum Lexikon graecum-latinum (1557), Artis typographicae querimonia (1569), Thesaurus graecae linguae (1572-1573), a súa obra principal, completada na...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor, libreiro, humanista e filólogo. Como impresor, introduciu melloras técnicas considerables na tipografía. Gran coñecedor do latín e do grego, aprendeu o oficio de impresor do seu pai e, á morte deste, do seu padrasto, Simon de Colines, que continuara co negocio daquel. En 1526, cando Simon de Colines abriu a súa propia imprenta, Robert encargouse da súa dirección adoptando o emblema da oliveira, que sería o signo distintivo da casa Estienne. En 1539 Francisco I nomeouno impresor real para as linguas hebrea e latina e algún tempo despois para a grega, de maneira que foi o primeiro en empregar nunha edición das obras de Eusebio os caracteres gregos “reais” gravados por Claude Garamond. Editou moitos textos da antigüidade clásica, a maioría con comentarios eruditos: así, entre 1526 e 1536, fixo aparecer varias edicións de Terencio; publicou tamén a Plauto, a Cicerón e a Virxilio. Foi autor de obras de carácter pedagóxico e gramatical, como La manière de tourner en langue française...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político paraguaio. Xefe do Estado Mayor do exército paraguaio na Guerra de Chaco, viuse obrigado a exiliarse tralo golpe militar do coronel Ramón Franco (17.2.1936). Líder da delegación paraguaia na conferencia de paz de Bos Aires coa que finalizou a Guerra de Chaco (1938), foi elixido presidente da República o 4 de marzo de 1939 e inmediatamente xestionou a volta da oposición ao Parlamento e restableceu a liberdade de prensa. En febreiro de 1940 disolveu o Parlamento, asumiu todos os poderes ante a crecente presión dos militares, iniciou unha reforma agrícola moderada e elaborou unha nova constitución, ratificada polo pobo pouco antes da súa morte nun accidente de aviación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sinal ou marca no corpo, xeralmente indeleble.

    2. Marca feita no corpo cun ferro candente que antigamente se lles poñía aos delincuentes ou aos escravos.

    3. Motivo de deshonra ou mancha na reputación de alguén.

    4. Sinais que aparecen milagrosamente no corpo dunha persoa, semellantes ás aparecidas no corpo de Xesús Cristo durante a súa paixón.

    5. Síntoma ou signo morboso persistente, característico dunha determinada enfermidade.

      1. Parte apical do carpelo encargada de recibir o pole. É de formas moi variadas e adoita ter células papilares que secretan substancias viscosas.

      2. Mancha ocular, de cor laranxa viva, formada por corpúsculos arredondados ricos en carotenos e situada na parte anterior dos plastos, que presentan moitas algas da división dos euglenófitos.

    6. Cada un dos orificios respiratorios dos arácnidos, dos insectos e dos miriápodos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao estigma.

      1. Aplícase ao sistema óptico que converte todos os raios que emerxen dun punto obxecto en raios que converxen nun segundo punto, chamado punto imaxe. O dioptro é nese caso estigmático para o par de puntos considerados. O dioptro é estigmático se o é para todos os puntos dos seus espacios obxecto e imaxe.

      2. Aplícase a cada un dos puntos para os que un sistema óptico é estigmático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade de ser estigmático dun sistema óptico.

    VER O DETALLE DO TERMO