"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • PERSOEIRO

    Político e xornalista, fillo de Agustín Esteban Collantes. Membro do Partido Conservador, foi subsecretario da presidencia e ministro de Instrución Pública (1920-1921). Fundou a publicación La integridad de la patria (1878) e publicou La libertad de imprenta en España (1869).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Conxunto de catro illotes da beira meridional da ría de Vigo, no litoral do concello de Baiona. Situadas fronte á ría de Baiona, entre Monteferro (Panxón, Nigrán) e Monte Boi (Baiona), a maior e máis oriental é a Illa Estela de Dentro, que culmina aos 29 m de altitude. Cara ao O sitúase a Illa Estela de Fóra, de só 20 m de altitude, que ten ao seu carón, máis ao O, outros dous farallóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome cooficial de Lizarra, municipio da Comunidad Foral de Navarra, situado no Camiño francés de peregrinación a Santiago. Estella, bastida fundada en 1090 por Sancho Ramírez de Aragón e Navarra con colonos francos para protexer a vía xacobea, converteuse rapidamente nun importante centro comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Promotora de numerosos premios literarios para escolares, publicou, entre outras obras, as narracións As travesuras de Felipiño (1979), La historia del Apóstol (1972), Vigo, Bayona y sus rutas (1976), Ponteareas y el Condado en la historia (1980), Bayona la Real y su parador (1984), Aventura e primavera. Continuación de Felipiño o traveso (1986) e A miña fala (1988); e os poemarios Airiños do meu lugar (1963), Monterreal (1965), A la sombra de Monterreal (1966), Santiago en la leyenda (1971) e O Nadal e os Reis Magos (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xogador de wáter-polo. Participou nos Xogos Olímpicos de Moscova 1980, Los Angeles 1984, Seúl 1988, Barcelona 1992, Atlanta 1996 e Sidney 2000. Proclamouse campión olímpico en 1996 e subcampión en 1992. Nos campionatos do mundo conseguiu a medalla de ouro en Perth 1998, e a de prata en Roma 1994 e Perth 1991. Nos campionatos de Europa gañou a medalla de prata en Atenas 1991 e a de bronce en Roma 1983 e Sheffield 1993. Foi máximo goleador do torneo olímpico en 1980, 1984, 1988 e 1992, dos mundiais en Madrid 1986, Roma 1994 e Perth 1998, e dos campionatos de Europa de Roma 1983, Bonn 1989, Atenas 1991, Sheffield 1993 e Sevilla 1997. Gañou a Copa de Europa de clubs co C N Barcelona (1982) e co Pescara italiano (1988), 4 títulos da Supercopa de Europa, 3 da Recopa de Europa, 5 ligas españolas e 4 ligas italianas. Designado mellor xogador do mundo en sete ocasións, en setembro de 2000 foi escollido membro do Comité Olímpico Internacional. Recibiu a Gran Cruz de la Real Orden del Mérito Deportivo...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Deixarse caer alguén sobre algo por mor do cansazo ou do desánimo.

      2. Deitarse ou sentar comodamente.

    1. Quedar rendido ou canso por camiñar moito.

    2. Tirarse un animal ou persoa ao chan, dando voltas e refregándose nel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deixar algo en mal estado ou inservible rompendo ou separando as súas partes.

    2. Tirar algo esparexéndoo de xeito desorganizado e desordenado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está estreñido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa da beira setentrional da ría de Corme e Laxe, fronte ao litoral da parroquia de Cospindo, no concello de Ponteceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Santiago de Compostela o 6 de maio de 1860. Subtitulouse “Periódico quincenal”. Os seus artigos eran manuscritos e na súa redacción participaron estudiantes da universidade e do instituto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario aparecido en Santiago de Compostela en outubro de 1867. Cesou a súa edición en marzo do ano seguinte. Editado por Antonio de Leiva, na súa redacción participaron Xosé Salgado Rodríguez, Xosé Mª Portal González, Félix Moreno Astray e Bernardo Barreiro. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Fernando Pato. Foi un defensor dos intereses da cidade e incluíu composicións poéticas, artigos de apoloxía eclesiástica e referencias a temas sociais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario aparecido en Santiago de Compostela a partir do 8 de marzo de 1896. Cesou probablemente o 2 de agosto do mesmo ano (nº18). Dirixiuna Magdalena de Monte Blanco, pseudónimo de Luis Bouza Trillo. Subtitulouse “Revista de modas y literatura”. Trátase dunha publicación orientada ao público feminino da época, que incluíu información sobre música, moda, debuxo, folletíns e unha sección literaria, con numerosas composicións poéticas. Ademais, inseriu debuxos e patróns de moda da autoría de Enrique Aguilera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Sarria en marzo de 1928. Cesou a súa edición no número 24. Subtitulouse “Periódico semanal” e estaba dirixido por Rosa Mª de Oñate y Prendergast. Incluíu numerosos ecos de sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Batalla do Ameixial Enfrontamento que tivo lugar en 1663 a 5 km da vila de Estremoz, en que os exércitos portugueses venceron os casteláns dirixidos por Xoán Xosé de Austria. Con esta vitoria, Portugal recuperou as prazas de Évora, Valdeflor e Castel-Lundoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de estrullar ou estrullarse.

    2. Aplícase ao animal vacún que está moi fraco ou desnutrido. Na tradición oral recóllense ditos como: “Vaca estrullada, nin leite nin crianza”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apertar algo con moita forza para extraerlle o zume ou o líquido que contén.

    2. Apertar ou comprimir algo ou alguén con forza, esmagándoo ou deformándoo.

    3. Magoarse ou levar un golpe nalgunha parte do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derrearse polas virillas ou inguas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador neerlandés. Visitou Suecia e Noruega, onde comezou a desenvolver os temas paisaxísticos que despois popularizou nos Países Baixos. Realizou tamén mariñas e augafortes. O seu irmán Caesar van Everdingen (Alkmaar 1617-1687) cultivou a pintura de xénero, a mitolóxica e o retrato nun estilo clasicista italianizante. Entre as súas obras destaca Oficiais da compañía Orange da Garda Municipal de Alkmaar (1641).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Conxunto de illas situadas no Mar Exeo, Grecia, divididas en dúas rexións: Exeo Meridional formado polos arquipélagos das Cícladas e do Dodecaneso (5.286 km2; 257.481 h [1991]); e Exeo Setentrional, formado polos arquipélagos de Khíos, Lesbos e Samos (3.836 km2; 199.231 h [1991]). Cada arquipélago constitúe á súa vez un nomós de Grecia. Abundan as erupcións volcánicas e os terremotos. As súas principais actividades económicas son as agropecuarias, especialmente a agricultura, a gandería e a sericultura. Na industria destaca a construción naval. Tamén son importantes a pesca de esponxas e o turismo. Trátase do núcleo onde se desenvolveu a civilización exea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate que tivo lugar o 8 de febreiro de 1807 en Preussisch Eylau (Bagrationovsk) entre o exército de Napoleón I e o exército ruso-prusiano comandado polo xeneral Rudolf von Benningsen. As tropas francesas, malia ter sido decimadas pola artillería ruso-prusiana, conseguiron saír vitoriosas do enfrontamento.

    VER O DETALLE DO TERMO