"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Paderne baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de San Cristovo de Cea baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar e capital do concello de Amoeiro situada na parroquia homónima.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar da parroquia da Capela, capital do concello de Toques.
-
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de azul, unha aguia pintada en pau de ouro e goles de catro pezas; bordo de goles, cargado de oito cadeados de sable, abertos. Outro trae, en campo de prata, unha árbore de sinople, adestrada de cinco lanzas de ouro, postas en pau e colocadas en faixa, e sinistrada un can da súa cor atado ao tronco, e acompañada de dúas caras de mouro, unha en cada cantón do xefe.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Doutorado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, as súas liñas de investigación céntranse na lírica galego-portuguesa, na edición de textos medievais e do s XVII, coa edición de textos como Crónica de Santa María de Iria / [atribuida a] Rui Vasques (2001), ou, en colaboración, Livro de Tristan e Livro de Merlin (2001), na dialectoloxía histórica “Do luns à sexta-feira, contribuiçom ao estudo do sistema dos dias da semana na história e na actualidade” (1993); e, sobre todo, na pesquisa de antigos documentos galego-portugueses, dos que destaca o descubrimento do que parece ser, ata o momento, o documento en galego-portugués con datación máis antiga; o Pacto de Gomes Pais e Ramiro Pais (1173?), publicado en Nas origens da expressão escrita galego-portuguesa. Documentos do séc. XII (2003), e uns dos de datación máis antiga en Galicia, Venda dunha herdade en Sequeiros (1231), publicado en “Dinâmicas da escrita romance...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Atleta e xogadora de hockey. Campiona de España de 100, 200 e 4x100 m lisos, foi cinco veces campioa de España de hockey sala, subcampiona internacional de hockey herba e gañadora dun premio internacional en atletismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Discípulo de Román Navarro, compatibilizou a súa carreira profesional vinculada á xudicatura (fiscal, xuíz de primeira instancia, maxistrado e presidente da Audiencia Provincial) coa práctica da pintura. Iniciouse cunha formación tradicional realista e naturalista, á vez que posromántica, en que os paisaxistas da escola de Barbizon tiveron unha grande influencia. A base das súas obras pitóricas, polo xeral de pequeno formato, constituíuna o debuxo (Anita, 1910; Calle de Cangas, 1905). Partiu da temática costumista (Capilla de Santa Margarita, 1902) e do realismo anecdótico (La lechera, 1889; Camino de la fuente, 1895) e, ademais de destacar pola paisaxe minuciosa (Paisaje de Granada, 1892; Cruceiro, 1903), ás veces idealizada, compositiva e poética, fixo algunhas concesións á pintura preciosista (Flores de primavera). Empregou gamas verdes e ocres e aclarou a súa paleta, ao tempo que a súa pincelada se foi facendo...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Muíños. Con características tipicamente barrocas, destaca especialmente a súa fachada, que remata cunha espadana de dous corpos. No interior destacan as imaxes da Inmaculada, a Virxe de Carme, san Antonio, san Blas e da Anunciación.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Portas. De planta rectangular, presenta dúas alturas no seu alzado principal e unha máis no posterior. O conxunto complétase cunha torre con ameas de tres alturas e cuberta a catro augas, un hórreo de oito pés, un pombal circular e unha fonte-lavadoiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Cudeiro (Ourense). Ten planta en forma de U e dúas alturas. Conta cun patio interior.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de san Tomé.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico e escritor. Coñecido como Xurxo Souto, foi vocalista do grupo Os diplomáticos de Monte Alto. Desde 1987 traballou en diferentes medios de comunicación, como o xornal La Opinión de A Coruña. Dirixiu o programa A tropa da tralla en Radio Coruña e publicou A tralla e a arroutada (1995), Fumareu (1997), O retorno dos homes mariños (1999) e Contos da Coruña (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor, fillo de Alfredo Souto Cuero. Polos destinos laborais de seu pai viviu en Oviedo, Zaragoza, Lugo ou A Coruña ata que en 1920 se estableceu en Sevilla, onde cursou estudos de aparellador. En 1922 ingresou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e traballou como decorador de cerámica para unha fábrica de Carabanchel. En Madrid realizou a súa primeira exposición (1925) e dos primeiros anos destacan obras como Maternidade (1928) ou Retrato de Mireya Dieste (1933). Identificouse politicamente coa Segunda República Española e para os seus fins propagandísticos realizou debuxos e carteis. Viaxou a París (Calle de París, 1930) en varias ocasións e en 1934 recibiu unha pensión da Academia Española de Roma. Ao remate da Guerra Civil Española (Milicianos nun interior, 1937; Cabalo branco, 1936-1939) exiliouse a EE UU e a México, onde residiu desde 1942. Traballou o óleo, a acuarela, a augada (Contemplación), o pastel e a cera,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xeógrafo e historiador. Doutor en Xeografía coa tese Desartellamento social e caos urbanístico. Vigo, 1960-1980 (1990). As súas principais liñas de investigación son a didáctica da xeografía e a ordenación do territorio e o urbanismo en Galicia. Colaborou na redacción de plans de ordenación urbana de Vigo e Cangas. Autor de numerosas obras relacionadas coa didáctica da xeografía, publicou, entre outras obras, Xeografía humana (1988), Vigo: cen anos de historia urbana, (1880-1980) (1990), As Parroquias (1995), Vivendas e cidades (1997) e Planeamento estratéxico e mercadotécnica territorial (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Foi decano da facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (1975-1979) e catedrático da UNED (1982-1993). Foi alcalde de Santiago de Compostela (1979-1981), presidente da Asemblea de Alcaldes de Galicia (1979) e deputado (CDS) no Congreso pola Coruña (1989-1993). Publicou El consentimiento informado (1999), Los derechos de los enfermos (2000) e Derecho matrimonial (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. Licenciada en Filoloxía Galego--Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, colaborou en diversas publicacións, como Agália, A Trabe de Ouro e A Nosa Terra. Publicou os ensaios Contribuiçom ao estudo do romance iniciático galego (1987), Viagens na literatura (1991), en que recompila textos de crítica literaria sobre viaxes; Vínculo de sangue (1993) e Traduçom e ensino lingüístico (1996), ademais dunha edición de Follas Novas, de Rosalía de Castro, diversas traducións de escritoras estadounidenses, como Crías de raposa (1993), de L. Hellman; e unha Sócio-didáctica lingüística (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Maxistrado. Licenciado en Dereito, foi profesor universitario e fiscal. En 1999 foi elixido presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, cargo que renovou en 2004.
VER O DETALLE DO TERMO