"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Bispo auxiliar (1945) e vicario capitular (1948) de Santiago de Compostela; e bispo de Palencia (1949-1970). Realizou diversas fundacións nos seminarios de Mondoñedo e Palencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Foi autor dos planos do santuario da Virxe da Peregrina e da Porta da Vila, neoclásica, que se colocou posteriormente como portada monumental no edificio de Facenda de Pontevedra, que se estableceu nun antigo convento de franciscanos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Peroxa baixo a advocación de san Cristovo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Cerdeira (Begonte). Presenta muros e cuberta de lousa. O conxunto, rodeado por un muro, completouse cunha torre, unha capela e un pombal, así como varios alpendres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Vilarrubín (A Peroxa). Ten planta rectangular, cun pequeno corpo sobresaínte e dúas alturas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Freás (Punxín). Presenta planta en forma de T e dúas alturas. O conxunto, situado nunha pendente descendente cara ao L, complétase cunha capela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Mera (Ortigueira). Realizado en cachotaría, destaca o balcón da fachada principal, sostido por dúas columnas de granito e balaustrada de ferro fundido. Sobre o portón de acceso destaca un escudo de pedra. O conxunto complétase coas cortes, a capela e o pombal, de planta hexagonal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Sísamo (Carballo). Ten planta rectangular, baixo e unha altura, e cuberta a tres augas. Destacan as chemineas, o reloxo de sol e unha gárgola que adorna a fachada principal. Ten varios muros circundantes con varias portas monumentais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Arantei (Salvaterra de Miño). De planta rectangular, realizouse en cantaría e cachotaría. Ten planta baixa e unha altura. Destaca o escudo da fachada, así como a decoración con canzorros, baixo o beiril. Leva cuberta a catro augas. O recinto rodeouse cun muro de cachotaría, en que destaca o portón alintelado.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en San Cristovo de Cea. Presenta unha soa nave e conserva elementos decorativos medievais, como a serie de canzorros que sustentan a cuberta. Destaca o arco apuntado da portada principal e os capiteis historiados.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Paderne. Realizada en estilo románico durante o s XII, a principios do s XIX sufriu unha importante reforma. Presenta nave rectangular con nave e ábsida únicas e cuberta a dúas augas. Do primitivo templo só queda o arco triunfal apuntado, a través do que se accede á ábsida e do que destaca a decoración dos capiteis sobre os que se apoia. Tamén destaca a fachada, con escasa decoración, portada alintelada, un pequeno ollo de boi e unha cruz branca pegada á parede. Remata cunha espadana de dous corpos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Tallista. Formouse na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela e na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Aínda que inicialmente traballou a imaxinaría relixiosa (A aparición da Virxe do Carme a san Simón, Santa Rita, Via Crucis), pronto se decantou polas imaxes de corte costumista (Que volva!, 1928 e Nai galega, 1930). Empregou fundamentalmente a madeira, que tallou con arestas vivas coas que conseguía unha grande expresividade nas figuras. Coa Guerra Civil Española exiliouse a México, onde comezou a traballar outro tipo de materiais como o bronce ou a pedra, cos que fixo retratos (Doutor Armando Barreiro, 1942), representacións de grupos de nenos, algún mausoleo e acuarela (Campo de concentración, 1944). Continuou coas tallas en madeira, aínda que esta vez seguiu unha tipoloxía indixenista de trazos marcados e na que a muller tivo especial representatividade (Maternidade, 1943 e Oaxaqueña,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xurxo Manuel Souto Eiroa.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilardevós baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Salvaterra de Miño baixo a advocación de santa Comba.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Lodeiro (Lalín). O seu cumio acada os 639 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Soutomaior baixo a advocación de san Salvador, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
GALICIA
Concello da comarca de Vigo, situado na provincia de Pontevedra ao SO da Comunidade Autónoma de Galicia, a 42° 15’ de latitude N e 08° 34’ de latitude O. Limita ao N cos concellos de Pontevedra e Ponte Caldelas (comarca de Pontevedra), ao L con Fornelos de Montes (comarca de Vigo), ao S con Pazos de Borbén e Redondela (comarca de Vigo), e finalmente ao O coa enseada de San Simón, no fondo da ría de Vigo. Abrangue unha superficie de 25 km 2 cunha poboación de 6.305 h (2007), distribuída nas parroquias de Arcade e Soutomaior. A súa capital está no lugar do Rial, na parroquia de Soutomaior, situada a 11 km de Pontevedra e a 75 km de Santiago de Compostela. Pertence á diocese de Tui-Vigo e ao partido xudicial de Redondela.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O territorio divídese en dous sectores. Un primeiro, de formas suaves e chairas, pouca altitude e abundante vexetación, que se corresponde co espazo litoral e o val do río Verdugo, e un segundo, máis abrupto, con elevacións...