"Adá" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2197.
-
-
Calidade de adaptable.
-
Aptitude dos seres vivos para se axustaren ás variables do medio ambiente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode adaptar.
-
-
Acción e efecto de adaptar ou adaptarse.
-
O concepto de adaptación pode empregarse para o artellamento de explicacións funcionais ou finalistas ao explicar antecedente por consecuente, ben que, mercede precisamente ao concepto de adaptación, as formulacións finalistas poidan formularse en termos non finalistas.
-
-
Conxunto e resultado das reaccións por medio das que un individuo responde harmonicamente ás diferentes condicións que lle presenta un determinado ambiente, modificándose a si mesmo, ou ben modificando a realidade segundo os propios esquemas.
-
adaptación sensitiva
Redución progresiva das sensacións a pesar de persistiro estímulo.
-
-
Proceso social e cultural que facilita o axeitamento dos individuos, grupos humanos ou colectividades sociais ao medio físico e social no que se desenvolven, ás veces, modificándoo. O medio social ao que a un se adapta consiste noutros individuos, grupos, institucións, relacións sociais de produción, ideoloxías, aparatos do estado, etc. O principal proceso adaptativo é a integración social (incorporación ou inclusión social das minorías étnicas e as comunidades de inmigrantes en condicións de igualdade de dereitos e obrigas sen ter que perder os seus sinais de identidade). Robert K. Merton sinala cinco modos de adaptación individual ás circunstancias: o retiro, a rebelión, a innovación, o ritualismo e a conformidade. A adaptación dos individuos ao seu medio social depende, en gran medida, da lóxica da situación.
-
Concepto empregado para a explicación das distintas secuencias evolutivas das culturas.
-
Conxunto de modificacións hereditarias (morfolóxicas, fisiolóxicas, metabólicas e etolóxicas) que permiten a un organismo ou unha especie adecuarse de xeito manifesto ás condicións bióticas e abióticas do medio. O punto de vista actual sobre a adaptación é que os organismos necesitan resolver de xeito beneficioso (determinado polo éxito reprodutivo) as variacións ou modificacións ambientais. Daquela xorde un paradoxo, pois segundo ese concepto a adaptación semellaría precisar dun mundo preexistente que xera un problema (p ex un cambio climático) que a propia adaptación resolvería; deste xeito, elimínase a dialéctica establecida polo proceso evolutivo entre o individuo e o seu medio. Un exemplo clásico da adaptación son os peteiros dos pinzós das Galápagos, descritos por Darwin, e a variabilidade da especie Biston betularia [bolboreta nocturna que vive nos bidueiros das Illas Británicas]. Recoñécense cinco tipos diferentes de peteiros nos pinzóns (de pico grande, de face ampla,...
-
Transformación dun texto non dramático (narración, guión, artigos xornalísticos) nun texto espectacular. Dende Bertolt Brecht, desígnase así á reescritura teatral dos textos clásicos ou á tradución dun texto estranxeiro. Comunmente, emprégase este termo para designar a reeleboración dunha obra literaria noutra lingua, xénero ou medio expresivo. De feito, as adaptacións de obras literarias ao cine son moi abundantes.
-
-
...
-
-
-
-
Partidario ou favorable á adaptación.
-
Proxecto de investigación destinado a clarexar o significado adaptativo das estruturas e das condutas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de adaptar.
-
-
Que adapta ou que permite adaptar.
-
Elemento constituído por unha tarxeta de circuíto impreso, que forma parte dun ordenador e que serve para facer posible o funcionamento e a interconexión entre os diferentes elementos ou partes de que consta, e que non foron preparados para iso no proceso da súa fabricación.
-
Aparello que permite conectar diferentes elementos electrónicos á rede eléctrica xeral sen necesidade de ningún tipo de pila, adaptando a súa voltaxe.
-
Peza que axeitada a un aparello permite a intercambiabilidade de certos elementos, como o obxectivo nas cámaras fotográficas.
-
-
-
Facer algunha cousa apta para un fin ou novo uso de xeito que se axuste ou acomode ás necesidades ou circunstancias.
-
Acomodarse a algunha circunstancia, situación ou contorno.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Medida da capacidade de adaptación da retina ás variacións da intensidade luminosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mes do calendario xudeu, doce do ano civil e sexto do relixioso, que vén correspondendo a un período entre os meses de febreiro e marzo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo escudo protector de pel que posuía dúas abrazadeiras interiores, unha para a man e outra para o antebrazo.
-
-
Unidade ponderada antiga, decimosexta parte da onza.
-
Medida de peso utilizada antigamente en España e Hispanoamérica. Na Coruña e noutras localidades, equivalía a 1,7 g; tamén tiña unha equivalencia de 1,8 g noutras áreas xeográficas.
-
Décima cuarta parte dunha onza de ouro. Corresponde a un denario ou ben a unha peza de prata, segundo o contexto e a cronoloxía.
-
Cantidade insignificante de calquera cousa.
-
-
-
-
Parte superior dunha muralla, tamén chamado camiño de rolda, que pode ir cuberta e posuír vans ao exterior para que a sentinela poida vixiar.
-
Camiño estreito que percorre os muros das fortificacións.
-
Muro dunha fortaleza.
-
-
No urbanismo hispano-musulmán, canella de acceso a vivendas privadas con porta no seu comezo.
-
-
-
Instrumento empregado polo ourive para poñer dereitos os aros dos aneis.
-
Bigornia utilizada para estender láminas.
-
-
PERSOEIRO
Bispo de Iria e Compostela. Procurou combater a espallada corrupción que afectaba os mosteiros dúplices e manter a disciplina do clero lonxe de vicios, escándalos e desmesuras, como o concubinato e casamento dos seculares, nun intento por restablecer a disciplina eclesiástica. Foi acusado de sodomía polos seus propios criados, sendo condenado a enfrontarse á turrada dun touro bravo. Malia que saíu vencedor da proba, retirouse como ermitán en Asturias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Centro prestixioso e especializado en arte da rede Internet. Creado no ano 1995 e patrocinado dende un principio por France Telecom, inclúe obras xa clásicas deste xénero.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de periodicidade irregular subtitulada “Revista da Escola Universitaria de Maxisterio de Santiago” e “Revista de Estudos e Experiencias Educativas”, tirada do prelo en xuño de 1984 en Santiago. Trata temas pedagóxicos, incluíndo debuxos, linguaxe gráfica e temas científicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano situado na posición máis próxima con relación ao eixe dun corpo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sentencia antiga de carácter breve e conciso, cun sentido moral.
-
-
Movemento musical de tempo lento, entre o largo e o andante.
-
Fragmento escrito neste movemento. Indistintamente co largo adoita constituír o segundo tempo da sinfonía, a sonata e o concerto.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Ávila, Castela e León, no Val do Tiétar (2.003 h [1996]). Cereal e gando bovino.
VER O DETALLE DO TERMO