"Alón" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 299.

  • PERSOEIRO

    Dominicano e predicador. Fíxose coñecido polos seus sermóns, entre os que destaca o Sermón fúnebre (1598) dedicado a Filipe II.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de madeira que mantén estendido o aparello e que serve de empalme entre a rede do cerco e a corda de tiro.

    2. Pano localizado na rede da arte da xábega.

    3. Rebenque no que se suxeita toda a altura das dúas pernas do trabuquete.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dun grupo de glicoproteínas de secreción interna dos mamíferos adultos, de peso molecular entre 2.000 e 50.000 daltons, que en contacto coas células inhiben a mitose. Segundo Bullough, que as descubriu e lles deu nome, diminúen o número de divisións celulares no momento oportuno para que os tecidos en crecemento non sobrepasen o tamaño óptimo. A existencia deste mecanismo contribúe á comprensión da maneira de cómo se desenvolven os procesos cancerosos cando este non funciona. As calonas son específicas para os tecidos pero non para os animais. Presentan unha acción sinérxica coa adrenalina e cos corticosteroides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Girona, Catalunya, na costa mediterránea, na vertente oriental da serra dos Gavarres (5.832 h [1996]). A costa forma unha extensa enseada. A agricultura baséase en cultivos de secaño coa produción de viña, forraxe, cereais e oliveiras. A base económica aséntase na industria da madeira, do metal e da alimentación e, sobre todo, no turismo, apoiado en actividades como o festival de música clásica, feiras artesás e mercados medievais. É un centro cultural e histórico no que destaca o castelo medieval dos ss XII-XIII, que deu orixe á vila e á igrexa de Sant Martí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Nomeado inspector xeral de finanzas en 1783, en 1786 intentou introducir reformas económicas radicais, seguindo o modelo fisiocrático, que foron rexeitadas por unha asemblea de notables en 1787. Emigrou a Inglaterra e, trala Revolución Francesa (1789), instalouse en Turín, onde se converteu nun dos xefes da contrarrevolución. É autor de De l’état de la France present et à venir (Sobre o estado da Francia actual e futura, 1790).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conduto que recolle as augas dun tellado para dirixilas ata o chan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club Balonmán Cangas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, pintor e arquitecto. Discípulo do seu pai, Miguel Cano, en 1614 trasladouse a Sevilla onde coñeceu a Velázquez e onde estudiou pintura con Francisco Pacheco e escultura con Martínez Montañés. Entre as obras realizadas durante este período sevillano destaca o retablo maior de Santa María de Lebrija (1629-1631), así como as pinturas tenebristas entre as que se atopa a de San Francisco de Borja (1624). En 1638 instalouse en Madrid, onde foi pintor do conde duque de Olivares e restaurador da colección de pinturas de Filipe IV. Acusárono do asasinato da súa dona e, aínda que o declararon inocente, abandonou a cidade en 1644 e refuxiouse en València ata 1645, data na que regresou a Madrid. Durante o seu período na capital realizou dous retablos para a igrexa de Getafe (1645), o arco triunfal da porta de Guadalajara, co que se celebrou a chegada de Mariana de Austria en 1649, e unha serie de lenzos entre os que destaca El milagro del pozo, influenciado por Velázquez....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e humanista. Foi cronista de Castela, preceptor do futuro Rei Enrique IV, conselleiro de Xoán II e bispo de Burgos (1435-1456). Entre as súas obras destacan: Defensorium unitatis christianae (Sobre os defensores da unidade cristiá), a favor dos conversos; Allegationes (Alegacións, 1400), Doctrinal de caballeros (1487), Rerum in Hispania gestarum chronicon (Crónica dos feitos heroicos de España) e Anacephaleosis (1545).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Cultivou a poesía na obra Donaires del Parnaso (1624) e o teatro, pero destacou, sobre todo, no conto ao xeito das novelle italianas, como aparece en Noches de placer (1631) e Los alivios de Casandra (1640). Escribiu unha novela longa de tradición picaresca, evolucionada cara a un certo costumismo en La garduña de Sevilla (1642).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico. Publicou Sermones morales y panegíricos (1791), Dicionario histórico portátil de las órdenes religiosas y militares y de las congregaciones regulares y seculares que han existido hasta hoy (1792) e Novenario doloroso de María Santísima (1794 e 1804).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexión cefálica do corpo de moitos artrópodos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do Mar Xónico, Grecia, situada na entrada do golfo de Patras ou Patraïkós Kólpos (904 km2; 32.474 h [1991]). Constitúe o nomós de Cefalonia, nas Illas Xónicas, con capital en Argostólion (7.164 h [1981]). Está formada por extensas chairas bordeadas por macizos montañosos. No 189 a C foi conquistada polos romanos, despois pasou ao poder do goberno de Bizancio ata 1082, ano no que foi ocupada polos normandos. Dependeu de Venecia e do principado de Morea (1194-1324). Foi tomada polos anxevinos, despois recobrou a súa autonomía baixo os Tocco, que pediron o protectorado de Venecia (1482) que, á súa vez, a integrou no ducado de Corfú. Estivo baixo a administración do goberno francés (1797-1809) e posteriormente do goberno británico. En 1864 foi anexionada ao Reino de Grecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Saône-et-Loire, na Borgoña, Francia, situada á beira do río Saône (54.575 h [1990]). A súa economía baséase principalmente na industria. Tamén é importante a produción de viño. O seu porto fluvial é o centro económico da cidade. Capital do reino de Borgoña no s VI, foi ocupada polos árabes no ano 732. A súa catedral construíuse entre os ss XII e XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Marne, na Champagne, Francia, á beira do río Marne (48.423 h [1990]). É un importante centro industrial (metalurxia, téxtil e química). Antiga capital dos catalaunos, no s X converteuse nun estado independente baixo o goberno dos bispos que durou ata o s XIV, data na que foi unida á monarquía. A catedral do s XIII reformouse no s XVIII e posúe unha torre do s XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade acrobática e deportiva practicada por dous equipos formados por entre dous e seis ciclistas, que tratan de introducir unha pelota dentro dunha portería defendida polos contrarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club de baloncesto feminino fundado en Vigo no verán de 1997 por José Manuel Gómez Carballo. Accedeu directamente á Liga de División de Honra e antes de principiar a tempada 1997-1998 fusionouse co Club Baloncesto Vigo, que viñera participando na máxima categoría nos anos anteriores, e renunciou dese xeito á súa praza. Na tempada 1998-1999 acordou co Real Club Celta de Vigo levar o seu nome, pero mantendo a personalidade do club. Con esta denominación proclamouse campión da Liga nas edicións de 1998-1999 e 1999-2000 e da Copa da Raíña na 2000-2001. Participou na Liga Europea da campaña 1999-2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club de baloncesto masculino fundado en Lugo en 1966 polos irmáns Varela Portas e Pardo. Naceu coa vocación de constituírse no equipo que liderase o baloncesto da cidade lucense, e na tempada 1969-1970 acadou o seu primeiro ascenso á máxima competición española, a Primeira División. Nesa categoría militou nas catro temporadas seguintes, ata a 1973-1974, que rematou co descenso. Un ano despois volveu á Primeira División, na que permaneceu dúas temporadas máis, a 1975-1976 e a 1976-1977, na que perdeu a categoría. Á conclusión da tempada 1983-1984 obtivo un terceiro ascenso á, denominada entón, División de Honor. Nesta ocasión mantívose na elite tres tempadas consecutivas (1984-1985, 1985-1986 e 1986-1987). Foi nesta última etapa cando conseguiu clasificarse por primeira vez para disputar un torneo internacional, a Copa Korac da temporada 1985-1986, da que foi eliminado na liguiña de cuartos de final. Nesta época, Manel Sánchez converteuse no primeiro xogador breoganista que formou parte...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización Atlética Recreativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade deportiva fundada en Cangas o 7 de decembro de 1984 (data de aprobación dos seus estatutos). Cando se constituíu o club, o balonmán xa tiña tradición na capital da comarca do Morrazo. Na tempada 1994-1995 acadou o ascenso á máxima categoría do balonmán español, a liga ASOBAL, na que participou as tempadas 1995-1996, 1996-1997, 1997-1998, 1998-1999, 1999-2000 e 2000-2001.

    VER O DETALLE DO TERMO