"Arán" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 317.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vimianzo baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que presenta como armas escudo cortado: en campo de goles, brochante sobre o todo un carballo de sinople e, saínte da súa copa, brazo armado empuñando unha espada de prata coa gornición de ouro. Entre outros brasóns recollidos para esta caste, cómpre salientar: en campo de goles, cinco cabezas de reis mouros ao natural, postas en aspa; en campo de ouro, tres cabezas ao natural, coroadas de prata e mal ordenadas; en campo de ouro, tres cabezas coroadas e mal ordenadas e tres mans dereitas apalmadas e ben ordenadas, alternando coas cabezas, todo da súa cor natural; en campo de goles, cinco brazos armados, empuñando cadanseu puñal de sable, dous moventes do flanco destro e tres do flanco sinistro; outros, en campo de goles, tres brazos armados ao natural, empuñando cadansúa espada de prata coa punta cara a arriba e postas en faixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor. Foi profesor axudante de química inorgánica da Universidad de Madrid. Exerceu como redactor xefe da revista Motor Mundial e redactor de El Español, amais de dirixir El Comercial dende 1954, onde publicou numerosos artigos xornalísticos co pseudónimo de Till. Editou, entre outros, os libros: El siglo futuro (1954), Memorias del peregrino Till (1965), Viaje a tierras de Finisterre en el año del cometa Kohoutek (1974) e Introdución a Orlando Pelayo (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso franciscano. Despois de opositar en Salamanca (1733), ingresou no Colegio de Pasantes de Alba de Tormes. En 1736 gañou o lectorado de artes no convento de Tui. Na Universidad de Salamanca rexentou a cátedra de Teoloxía, pero acabou por renunciar a ela. Publicou en 1747 Oración fúnebre en las exequias que la Universidad de Salamanca celebró en su Real Capilla de San Jerónimo (...).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos caránxidos.

    2. Peixe da familia dos caránxidos.

    3. Familia de peixes da orde dos perciformes, de corpo que pode ser dende alongado e fusiforme ata alto e fortemente comprimido; o pedúnculo caudal pode ser fino ou lixeiramente alto, cunha ou varias quillas laterais. A cabeza varía dende moderadamente longa e arredondada a curta, alta e moi comprimida; os ollos poden ser pequenos ou grandes, en ocasións cunha pálpebra adiposa moi desenvolvida; a boca presenta normalmente dentes, pequenos ou diminutos, en ringleiras ou bandas, presentes tamén no ceo da boca e na lingua; as aberturas branquiais son grandes. Son peixes peláxicos, moi bos nadadores, que presentan movementos máis ou menos migratorios. Xeralmente gregarios, a maior parte das especies forman cardumes, especialmente aquelas máis pequenas (caso do xurelo), que poden reunirse en bancos densos de dimensións considerables, preto do fondo, en profundidades de 100-200 m ou incluso 500 m; de aí a súa importancia pesqueira. A maioría aparecen en augas superficiais tropicais; algunhas especies...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia, baixo a advocación de santa María, do antigo concello de Serantes, integrado dende o 23 de xaneiro de 1940 no concello de Ferrol. Dende aquela perdeu o carácter de parroquia a efectos estatísticos e integrouse no núcleo urbano da cidade departamental, da que constitúe un dos barrios residenciais máis populosos. Mantén, sen embargo, o carácter parroquial no ámbito eclesiástico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación educativa editada pola Comunidade Cristiá de Santa María e Pío X, da poboación de Caranza. A revista contén artigos en galego e en castelán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santa Mariña do Castro de Amarante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santo Estevo do Castro de Amarante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado en Antas de Ulla, pertenceu ao señor de Amarante. Este reconstruíu a casa nobiliar no s XVIII aproveitando os muros de cadeirado da torre de cachotería do que fora unha fortaleza de orixe medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa-fortaleza, tamén coñecida como Pazo de Torre Penela, situada en Antas de Ulla. De orixe medieval, foi modificada en períodos posteriores. Ten planta rectangular, na que destacan restos do paramento orixinario, a torre brasonada coas armas dos Vázquez e Taboada, e a balconada sobre canzorros dun dos laterais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Balsa de tres corpos construída normalmente con troncos, orixinaria das costas do Océano Índico. Emprégase na pesca e para navegar en zonas de rompentes. Ten unha eslora duns oito metros e vai propulsada con remos. Ás veces tamén incorpora unha pequena vela.

    2. Embarcación deportiva formada por dous cascos estreitos unidos en paralelo por unha plataforma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Banda de música que toca principalmente instrumentos de vento e que está formada por músicos afeccionados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de corda, sen cordal, da familia das guitarras, con catro cordas dobres e a caixa curva. Nos seus países de orixe (Chile, Arxentina, Bolivia e Perú) utilízase, sobre todo, no acompañamento de danzas ou en conxuntos instrumentais. Tamén se emprega como instrumento solista coa adición dunha quinta dobre corda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coeficiente de depuración plasmática que indica a capacidade dun órgano para eliminar unha substancia determinada dun fluído orgánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Se se compara a.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Se se compara con.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de comparar ou compararse.

    2. Examinar atentamente dúas ou máis cousas co fin de determinar os puntos de semellanza ou de diferencia.

    3. Establecer unha relación de similitude ou de equivalencia entre dúas cousas ou persoas, baseándose nunha semellanza real ou imaxinaria.

    4. Poñerse unha persoa ao mesmo nivel ca outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de comparar ou compararse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza musical para guitarra e orquestra da autoría do compositor Joaquín Rodrigo Vidre. Estreouse en Barcelona en 1940 baixo a dirección de César Mendoza Lasalle e foi interpretada polo guitarrista Regino Sáinz de la Maza acompañado da Orquestra Filharmónica de Barcelona. A peza reflicte o Aranjuez do s XVIII, cidade na que se refuxiaba a monarquía, e as cortes de Carlos IV e Fernando VII. Síntese do clásico e do popular, constitúe a primeira obra composta especificamente para guitarra e a peza que máis dereitos de autor acadou no s XX. De enorme éxito internacional, ao longo dos anos foi interpretada por grandes figuras musicais como os guitarristas Narciso Yepes, Paco de Lucía e Juliam Bream ou polo arpista Nicanor Zabaleta, ademais de ser adaptada ao jazz, incluída unha versión de Miles Davis no disco Sketches of Spain (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO