"Arta" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 205.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Il de Anatolia Occidental, Turquía (8.847 km2; 456.421 h [1997]). A súa capital é Isparta.
-
GALICIA
Biólogo. Doutor en Ciencias Biolóxicas E investigador do CSIC desde 1972, foi secretario (1979-1983) e director (1990-1994) do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en Vigo. É membro do Seminario de Estudios Galegos e do Consello da Cultura Galega (1991-1993). Estudiou principalmente a pesca nas costas galegas e publicou artigos de prensa, informes e libros, como A pesca galega e a súa investigación (1978) e A Galicia mariñeira. Foi deputado do Parlamento galego na IV lexislatura (1993-1997) polo PSdeG-PSOE.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela, onde coincidiu con numerosos intelectuais e escritores, como Valle-Inclán e Alfredo Brañas. Fundou e dirixiu diversos xornais e revistas, como Galicia Humorística (1888), La Pequeña Patria (1890), Galicia Moderna (1897) e Pasatiempos (1900), ademais de colaborar noutras publicacións periódicas. A súa obra, fundamentalmente poesía e contos, caracterízase por unha sátira humorística moi marcada. Escribiu, entre outras obras, Noventa y nueve céntimos de versos de todas las clases y arreglados á todos los gustos (1884), Bálsamo de Fierabrás (1889), Adormideras (1902) e Plantar un roble: Diálogo entre D. Simón y la Muerte (1925). Postumamente, publicáronse Cuentos humorísticos (1929), Poesías en gallego...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Réptil da familia dos lacértidos, de pequeno tamaño, forma alongada e provistos de catro extremidades completas. Os dedos son longos e finos, especialmente o cuarto, que pode ter o dobre de lonxitude que os demais. O corpo está cuberto de escamas, os ollos teñen pálpebras e o oído está moi desenvolvido, con membrana timpánica visible. Viven en ambientes variados pero sempre soleados, e máis ou menos húmidos. Están activas en primavera e verán, invernando nos meses fríos do ano. Reprodúcense por ovos. Aliméntanse de insectos e outros invertebrados. Poden desprenderse voluntariamente dunha parte da cola por autotomía. En Galicia hai sete especies de lagarta, que pertencen aos xéneros Lacerta, Podarcis e Psammodromus. Existen algunhas especies que son raras ou escasas en Galicia, como por exemplo Psammodromus algirus (na metade S), Podarcis hispanica (en zonas secas máis secas -Verín e arredores de Ourense-) e Podarcis muralis (está desprazada...
-
lagarta da serra [port: lagartixa-de-montanha; cast: lagartija serrana; ingl: iberian rock lizard] [Lacerta monticola, Fam dos lacértidos]
Lagarta robusta, de cabeza e corpo xeralmente aplanados que acada os 80 mm de lonxitude cabeza-corpo. O dorso é verde ou pardo con tons variables, xeralmente cuberto de manchas negras irregulares e máis densas nos costados. A zona do ventre soe ser azulada, verdosa ou amarelenta e ás veces con pequenos puntos negros nas escamas segundo a poboación. Os machos son máis grandes e de cabeza máis robusta ca as femias, con ocelos azuis detrás dos membros anteriores e ao longo dos costados. É unha especie propia de zonas montañosas, en áreas rochosas e de mato. É un endemismo ibérico, e en Galicia é común no N e NL, chegando ao nivel do mar. En Galicia atópase a subespecie L. m. cantábrica.
-
lagarta das brañas [cast: lagartija de turbera; ingl: viviparous lizard] [Lacerta vivípara, Fam dos lacértidos]
Acada os 65 mm de lonxitude corpo-cabeza. Ten cabeza robusta, fociño redondeado, unha pregadura gular patente, un colar serrado, membros curtos e rabo groso e recuberto por escamas grandes e aquilladas. O dorso é marrón, pardo ou pardo-vermello, cunha liña vertebral escura. Xeralmente, existe nos laterais unha banda marrón ou pardo-vermella tirando a negra, delimitada na zona superior por unha liña máis clara. O ventre é abrancazado ou amarelo. É unha especie moi higrófila que se atopa, principalmente, en turbeiras, prados húmidos, lindeiros e incluso nas marxes de regatos de montaña. Ten unha amplísima distribución, pero en Galicia é moi rara, atopándose soamente en recunchos especialmente húmidos dalgunhas localidades lucenses como a serra do Xistral e os Ancares.
-
lagarta dos penedos [port: lagartixa-ibérica; cast: lagartija ibérica; ingl: spanish wall lizard] [Podarcis hispanica, Fam dos lacértidos]
Lagarta de tamaño moi variable, cabeza aplanada cos ollos sobresaíntes. Carece de manchas na gorxa e a coloración é moi variable, presentando o dorso tons que van do pardo claro ao verde, con machas de tons negros pouco aparentes nalgunhas poboacións e moito noutras. Ás veces aparecen manchas escuras que forman unha liña vertebral. O ventre, de fondo branco ou amarelento, non acostuma presentar manchas escuras, e se o fai están situadas nas escamas máis externas. Ocupa unha gran variedade de hábitats ligados a substratos rochosos. Está presente en case toda a Península Ibérica e en Galicia é común na metade S.
-
lagarta galega [port: lagartixa-de-Bocage; cast: lagartija de Bocage; ingl: Bocage´s wall lizard] [Podarcis bocagei, Fam dos lacértidos]
Lagarta robusta, de cabeza alta e relativamente curta, de ata 71 mm de lonxitude corpo-cabeza. O dorso presenta manchas negras sobre un fondo pardo, verdoso ou verde intenso. As zonas laterais son verdes ou amarelentas. É unha especie que ocupa gran variedade de hábitats, sendo os máis característicos as zonas clarexadas dos bosques de carballos e as áreas de mato. É un endemismo Ibérico que só ocupa o NO peninsular, e en Galicia está homoxeneamente distribuído, excepto nas zonas de influencia mediterránea. Pódese atopar desde o nivel do mar ata os cumios das serras.
-
-
Muller desvergonzada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fracción disidente do Sozialdemokratische Partei Deutschlands (SPD), liderado por Rosa Luxemburg e Karl Liebknecht e oposta á Primeira Guerra Mundial. Constituíu o Unabhängige Sozialdemokratische Partei Deutschlands (USPD) en 1917 e despois da Revolución Rusa aliáronse aos comunistas e fundaron o Kommmunistische Partei Deutschlands (KPD).
-
GALICIA
Relixioso. Foi misioneiro xesuíta en Asia e Oceanía, vicario apostólico das illas Marianas, Carolinas e Marshall e bispo de Toquio (1923). Escribiu Indulgencias auténticas y su calendario (1905).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Nome común co que se coñecen algunhas especies do xénero Martes, da familia dos mustélidos.
-
Mustélido de aproximadamente 38-50 cm de lonxitude corporal e 9-12 cm de cola. A súa pel, de coloración variable, é moi apreciada. Aliméntase de roedores, paxaros, peixes, mel e noces. Habita na taiga desde Escandinavia ata o L de Siberia e N de Corea.
-
Mustélido de 43-51 cm de lonxitude corporal e 20-26 cm de cola. A pelaxe do pescozo e da zona superior do peito é de cor amarelada, en forma de triángulo invertido, e o resto da pelaxe é de cor marrón parda. As patas son curtas, coas plantas cubertas de pelo, e a cola é longa e con pelo longo e abundante. As orellas son pequenas e redondeadas, co bordo de cor máis clara, e o fociño aguzado. É diurna e nocturna, e non hiberna. Teñen moi desenvolvido o sentido do oído e do olfacto e aliméntase de roedores, pequenos paxaros, ovos, réptiles, anfibios, bagas e insectos grandes. Entre os seus inimigos figuran as aguias, os azores, os bufos reais e os grandes mamíferos depredadores. Está presente por case toda Europa, en todo tipo de bosques. En España distribúese pola zona N (Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Catalunya) e nas Illes Balears.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que procede do arameo ou siríaco Martâ, derivado do nome común marta ‘señora, patroa’, que pasou ao grego e latín como Martha. Santa Marta de Betania é patroa do concello de Ortigueira, onde se celebra o 29 de xullo, e é titular de sete parroquias, mentres que santa Marta de Persia se celebra o 29 de xaneiro.
-
PERSOEIRO
Irmá de Lázaro e María. Aparece dúas veces nos Evanxeos, acollendo a Xesús Cristo na súa casa de Betania e na escena da resurrección de Lázaro. Considerouse no mundo cristián como exemplo da ama de casa hospitalaria, da que é patroa, e como símbolo da vida activa en contraste coa vida contemplativa da súa irmá. Na iconografía viste túnica e manto, aínda que outras veces aparece con hábito monacal. O seus atributos son un salterio ou un rosario; outras veces, un dragón ou un animal monstruoso. Desde a Idade Media, leva unha vasoira e unha culler, ou calquera instrumento de cociña. A súa festividade celébrase o día 29 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperatriz de Bizancio, filla do Rei Bagrat (ou Pancracio) IV e dunha princesa de Alania-Ossetia. Casou co Emperador Miguel VII Ducas (1065) e pasou a chamarse María. Despois da abdicación de Miguel VII, casou co Emperador Nicéforo III.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Triacastela e A Balsa (Triacastela). O seu cumio acada os 1.056 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir. Foi martirizada en Roma co seu esposo Mario. A súa festividade celébrase o 29 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GOLFOS
Golfo da costa meridional de Myanmar, que se abre ao mar de Andaman. Sitúase entre o delta de Iravadi e a provincia de Tenasserim.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Especie de carraca formada por unha aspa colocada sobre un pao, que se emprega para espantar os paxaros co ruído que fai ao xirar coa forza do vento.
-
Pecho, xeralmente de madeira, que consiste nunha peza que xira sobre unha punta cravada na súa parte central e que serve para pechar por dentro portas ou ventás.
-
Persoa que fala moito e con pouco tino.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
lirio martagón.
-
-
marta común.
-
garduña.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela escrita por Xosé Antonio Perozo e publicada por Ir Indo Edicións en decembro de 2001. Trátase dun conxunto de historias que se vertebran ao redor dunha moza libre, independente e amoral fronte á sociedade moderna. Martázul, a protagonista, representa o arquetipo do donxoanismo feminino que seduce e conquista con absoluta liberdade, e onde os sentimentos e o erotismo se mesturan coa reflexión sobre o sentido real da vida, as artes e a paixón. Esta obra foi galardoada co XX Premio de Novela Eduardo Blanco Amor (2001).
-
PERSOEIRO
Pedagoga. Licenciada en Pedagoxía (1957), participou na creación da escola Talitha (1956), e en 1965 fundou a Escola de Mestres Rosa Sensat. Traballou na aprendizaxe da lectura e editou a obra Quadres de fonologia per a l aprenentatge de la lectura i l escriptura catalá (1974), en colaboración con J. M. Cormand (versión castelá, 1975). Foi concelleira de Barcelona, asumindo responsabilidades de educación e cultura, e impulsou o Instituto Municipal d Educació de Barcelona, e senadora en dúas lexislaturas polo PSC-PSOE. Desde maio de 2004 preside o Consejo Escolar del Estado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo e canonista italiano. Discípulo de san Boaventura, foi xeneral da orde franciscana (1287) e cardeal (1288). Escribiu Commentarii in Sententias, Breviloquium de Sanctissima Trinitate, Quodlibeta e Sermones.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizadora cinematográfica húngara. Desenvolveu na súa obra unha particular visión do feminismo. Destacan os seus filmes Orökbefogadás (Adopción, 1975), premiado co Goldener Bär en Berlín, Napló szerelmeimnek (Diario para os meus seres queridos, 1987), premiado co Silberner Bär en Berlín, e Csodálatos mandarin (O mandarín milagreiro, 2001).
VER O DETALLE DO TERMO