"CISC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 605.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto, entallador e escultor. Semella que se formou en Santiago de Compostela con Domingo Antonio de Andrade, aínda que cara ao 1675 estivo en Salamanca, no obradoiro do entallador valisoletano Juan Fernández. Regresou a Galicia en 1688. Para o convento do Sancti Spiritus de Melide fabricou o seu retablo maior (1690?) e probablemente tamén o desaparecido de santo Antón. Entallou varios paneis para o cadeirado do coro do mosteiro de Santa María de Sobrado (1693). Cara ao 1695 entrou ao servizo do mosteiro de Celanova para o que fabricou o seu monumental retablo maior (1697), os colaterais da Nosa Señora e do Santísimo Sacramento (1714), a desaparecida caixa do órgano (1710) e o seu cadeirado do coro (1713). Desde 1695 foi mestre de obras da catedral de Ourense para a que trazou e entallou o retablo de san Miguel (1714), san Eloi, san Xoán e san Roque; as caixas dos seus órganos (1709), hoxe desaparecidas; e realizou, entre 1695 e 1703, a decoración do baldaquino da capela do Santo Cristo....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista ilustrado e sacerdote. Membro dunha familia fidalga, estudiou leis e foi membro do Colegio de Abogados da Coruña. No ano 1767, o Rei Carlos III nomeouno cóengo da catedral lucense e, en 1776, acadou o arcediagado de Dozón (Lalín). Exerceu como provisor e vigairo xeral do bispado de Lugo. Foi director, desde a súa fundación en 1784, da Sociedade Económica de Amigos del País da súa cidade natal. Escribiu varias obras xurídicas, entre as que destacan Discursos críticos sobre las leyes y sus intérpretes (1765) e Dios y la naturaleza: compendio histórico, natural y político del universo (1779), obra de dez volumes que deixou inconclusa. Publicou tamén un Elogio del dialecto gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e actor. Coñecido como Farruco, especializouse en personaxes galegos. Publicou o poemario satírico Poesías varias (1700) e as compilacións das pezas dramáticas Alegría cómica (1702) e Libro nuevo de entremeses titulado Cómico festejo (1742), que inclúe a peza El cesto y el sacristán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Emigrou a Arxentina e en 1804 ingresou no exército. Participou nas campañas de defensa da cidade de Montevideo e, unha vez que triunfou a Revolución de Maio de 1810, colaborou co xeneral arxentino Carlos María de Alvear no sitio e na rendición da cidade de Montevideo (1814). Posteriormente, viaxou a Carmen del Río Negro, na Patagonia, para loitar contra os partidarios do dominio español e pola independencia arxentina. En 1815 ascendérono a subtenente da IV compañía do batallón II do rexemento número 8, ao mando da que loitou nas batallas de Chacabuco (2 de novembro de 1817) e Maipú (5 de abril de 1818). En 1819 ascendérono a capitán e, pouco tempo despois, nomeárono tenente primeiro co grao de capitán do estado maior da praza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Licenciouse e doutorouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi catedrático da Escola Universitaria de EXB de Ourense (1987), profesor de historia contemporánea de España na Universidade de Rennes II (1987-1988) e profesor de historia contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela. Foi un dos fundadores do Colectivo de Historia Xerminal e impulsor en 1983 das Xornadas de Historia de Galicia de Ourense. As súas investigacións xiran ao redor do galeguismo, do movemento obreiro e da emigración. Colaborou en numerosos xornais e revistas, como El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Faro de Vigo ou Diario 16, e foi membro do consello de redacción da revista Grial. Participou na edición crítica de Sempre en Galiza de Castelao (premio de investigación da Universidade de Santiago de Compostela). Entre as súas obras destacan O nacionalismo galego na Segunda República (1982), O galeguismo na encrucillada republicana (1985), Crise...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Estudiou arquitectura en Madrid. Unha vez instalado en Vigo, asociouse en 1940 con Pedro Alonso Pérez, con quen traballou ata 1988. A súa obra marcou o paso dunha estética próxima ao eclecticismo, dominante na súa época, cara ás novidades técnicas e volumétricas do racionalismo. No seu repertorio destaca o emprego do granito, o uso das balconadas e das cornixas corridas, ademais do gusto pola volumetría das súas fachadas. A súa primeira obra foi o edificio da rúa Marqués de Valladares número 22, na que desapareceu toda ornamentación, grazas á acusada horizontalidade e á separación de ocos do plano de liña de fachada cos beirís. A continuidade coa tradición eclecticista e modernista da época amósase no emprego de bloques de pedra tallados que, para ter continuidade coa arquitectura precedente, acadaron unha grande espesura para producir unha sensación de irrealidade. Esta mesma sensación ofrécea o edificio con chafrán da praza de Compostela número 4-6, no que a fachada, malia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, colabora como articulista en diversas revistas literarias como Luzes de Galicia, Tempos Novos e Fadamorgana, e habitualmente en Atlántico Diario. Publicou os volumes de relatos A outra banda da fiestra (1989) e A canción do náufrago (2001); o relato “Ars amanda” (primeiro premio do Certame de Relatos Cidade Vella, 1990), incluído no libro colectivo Muralla de Crescórnio (1992); e as novelas Amor de cinema (1994) e Play-Back (primeiro premio do Certame de Novela Curta Manuel Lueiro Rey, 1997), publicada no 2000. En 1999 recibiu o Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso, escritor e político absolutista. Formouse en filosofía e teoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, aínda que nunca chegou a rematar os seus estudios. En 1777 foi nomeado cura de Fruíme (Lousame) e, posteriormente, abade en Santiago de Compostela, aínda que sen autorización nin para confesar nin para dicir misa. Como político, durante a Guerra da Independencia, formou parte da Xunta de Defensa de Santiago. Por mor da súa postura contraria á soberanía da Xunta Suprema de Galicia, condenárono en xullo de 1808 a dous meses de arresto no convento de Herbón. En 1821 desterrárono a Canarias xunto con varios eclesiásticos e segrares que foran acusados de preparar unha conspiración absolutista contra o goberno constitucional. Colaborou asiduamente en xornais absolutistas como La Estafeta ou El Sensato. Entre as súas obras, publicadas postumamente, destacan Poesías de D. Antonio Francisco de Castro, cura párroco de San Martín de Fruíme, en el Arzobispado de Santiago...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático e político. Foi embaixador español en Constantinopla (1820-1823), Londres (1824), Dresden (1825-1827) e, de novo, Londres (1827-1832). Alternou a política exterior cun breve período como secretario de Estado (1824-1825) pero abandonouna definitivamente o 1 de outubro de 1832, tralos sucesos de La Granja, cando María Cristina lle encargou a formación do novo goberno. Confirmado no cargo á morte de Fernando VII, en setembro de 1833, continuou a súa política encamiñada a manter as institucións introducindo reformas liberais. Martínez de la Rosa substituíno en xaneiro de 1834.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. En 1833 ingresou no corpo de garda de corps. Participou en diversas campañas contra os carlistas, na Guerra de Marrocos e na represión do movemento republicano en Andalucía (1868). Durante a Primeira República nomeárono capitán xeneral de València (1873) e dirixiu as operacións contra os cantonalistas de Cartagena e València. Durante a Restauración foi capitán xeneral en Euskadi, ministro de Guerra (1875-1879), con Cánovas del Castillo, e axudante de campo de Afonso XII, quen lle concedeu o título de marqués de Torrelavega en 1876.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco Fernández Cerecedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crego e avogado. Bacharel en filosofía dende 1783 e licenciado en Leis e Canons en 1801, foi avogado da Real Audiencia de Galicia e abade na igrexa de Santa María de Dodro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e cronista. Estudiou en Salamanca e exerceu como profesor na Universidad de Osuna. Emigrou a México onde foi cronista da capital, cóengo e reitor da Universidad de México. As súas ampliacións e traducións de Fernán Pérez de Oliva, Luís Mexía e Luís Vives publicáronse en 1546 baixo o título de Obras que Francisco Cervantes Salazar ha hecho, glosado y traducido. É tamén autor da Crónica de la Nueva España (1914).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en xerencia hospitalaria pola Escuela Nacional de Sanidad. Foi director xerente do Hospital Juan Canalejo da Coruña, xerente do Hospital General Universitario Gregorio Marañón de Madrid e exerceu como profesor de xestión hospitalaria do Centro Universitario de Salud Pública da Universidad Autónoma de Madrid. Iniciou a súa actividade política nos anos setenta como militante da Asamblea Nacional Popular Galega (AN-PG), a Asamblea Popular Galega (APG) e o Partido Obreiro Galego (POG); foi membro do Consello Nacional de Esquerda Galega e do PSG-EG desde a súa fundación ata 1990, e deputado do Parlamento galego, polo PSdeG-PSOE, na cuarta lexislatura (1993-1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor anónimo que realizou os frescos da igrexa alta de San Francisco en Asís contra o 1290 e que representan a vida deste santo. As pinturas atribuíronselle a Giotto di Bondone aínda que non corresponde co seu estilo; as tres últimas escenas atribúenselle ao mestre de Santa Cecilia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Lingüista. Foi profesor da Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo (1986-1987) e, desde 1987, profesor de lingua galega na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1991 e 1992 realizou unha estadía de investigación no departamento de Lingüística da Universidade de Lisboa. Dende 1984 colabora no estudo de lexicografía e gramática realizado polo Instituto da Lingua Galega. Participou ademais en diferentes proxectos de investigación en lingüística galega, entre os que destacan Gramática histórica da lingua galega (1992-1995), Gramática descritiva da lingua galega (1995-1998) e Sintaxe descritiva da lingua galega (a partir de 1998). Colaborador en diversas revistas e publicacións especializadas, publicou varios artigos sobre lingüística galega, especialmente no eido da sintaxe, entre os que destacan “As construcións pronominais en galego” (1991), “Modelos de lingua e variación sintáctica” (1994), “Marcaxe preposicional...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • O Ordenador con Xogo de Instrucións Complexas é unha arquitectura de CPU baseada nun conxunto de instrucións nunha linguaxe ensambladora. Teñen entre 200 e 300 instrucións gravadas en microcódigo. Estas estruturas forman parte dos ordenadores tradicionais, que pretenden almacenar moitas instrucións en chips moi pequenos e por iso faise necesario realizar moitos accesos á memoria pola gran cantidade de instrucións. Os procesadores da serie x86 e Pentium nos PC son do tipo CISC e o mesmo sucede cos da serie 6.800 nas plataformas Macintosh ou Amiga. A alternativa á arquitectura CISC denomínase RISC (Reduced Instrution Set Computer), e nela as instrucións de linguaxe máquina que empregan os ordenadores son simples, de maneira que realizan unha soa operación. A diferenza dos CISC, un procesador RISC pode executar varias instrucións ao mesmo tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Confederación Internacional de Sindicatos Cristiáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. cisqueira.

    2. Neve miúda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘cagada’.

    VER O DETALLE DO TERMO