"COI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 307.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Mazaricos baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que tamén se recolle coa forma Coyro. As súas armas levan, en campo de azul, unha torre de pedra, cun home armado asomado á ventá, e, entre esta e a porta, un escudiño de ouro, con catro faixas axadrezadas de ouro e sable, e brochante, unha flor de lis de ouro; bordo do mesmo metal.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Cangas. Os Mondragón, rectores desta parroquia dende a segunda metade do s XVI, contrataron para a construción da fachada e da torre os Novás, canteiros tudenses, no s XVIII. A fachada caracterízase polo gusto ornamental do barroco de placas de reminiscencias compostelás e pola influencia portuguesa. A igrexa restaurouse en 1953 e atopáronse restos prerrománicos pertencentes, posiblemente, a un templo anterior.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Mazaricos. Trátase dun templo barroco de tres naves. No exterior, a ábsida refórzase con contrafortes. Na fachada destaca a situación da torre das campás, pegada ao muro sur; consta de dous corpos, o primeiro ten catro arcos de medio punto, mentres que o segundo presenta unha alternancia de ocos e de macizos, e remata nun pináculo con bóla. Sobre a porta principal ábrese unha fornela que acolle a imaxe da titular da mesma.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
GALICIA
Concello da comarca de Betanzos, situado na provincia da Coruña no NO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Paderne e Irixoa, aoS cos de Oza dos Ríos e Aranga, ao L cos de Irixoa e Aranga, e ao O cos concellos de Betanzos e Oza dos Ríos (todos eles da comarca de Betanzos). Abrangue unha superficie de 33,9 km 2 cunha poboación de 1.660 h (2007), distribuídos nas parroquias de Armea, Coirós, Colantres, Santa María de Ois, Santa Mariña de Lesa e Santiago de Ois. A capital municipal, Coirós de Arriba, na parroquia de Coirós, está situada a 43° 15’ de latitude N e 8° 9’ 45’’ de lonxitude O, 27 km ao SL da Coruña e 63 km ao NL de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Betanzos e arquidiocese de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O concello de Coirós está baixo o dominio climático oceánico húmido, se ben as diferencias topográficas intramunicipais fan que pertenza dentro das variedades galegas a dous subtipos diferentes:... -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Coirós. Construíuse a finais do s XII ou a principios do s XIII. Consta dunha soa nave, con ábsida de planta rectangular, cuberta cunha bóveda de canón apuntado e reforzada cun arco faixón de igual directriz. O arco triunfal é apuntado e dobrado, a rosca menor sostense por dúas semicolumnas con bases de características áticas, adornadas con follas, relevos en zigzag e sogados. A decoración dos capiteis é vexetal e está formada por talos curvos que se unen no extremo superior en forma de piñas ou de volutas. Este modelo repítese nunha das cestas que rematan as columnas que sosteñen o arco faixón, mentres que na outra presenta unha orde de follas anchas, sen nervios e rematadas en pomas. No exterior do testeiro da ábsida, ábrese unha fiestra formada por dúas arquivoltas rodeadas por unha chambrana de billetes, a rosca menor apóiase nun par de columnas acobadadas sobre bases áticas e con capiteis con follas pegadas á cesta e rematadas en pomas, sobre as que se...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Muller que exerce a prostitución.
-
VER O DETALLE DO TERMO
coirento.
-
-
-
Angustia provocada por algunha fatalidade. Na tradición oral recóllense os seguintes refráns: “Coitas e camiños dannos amigos. Nas coitas que un ten coñécese quen nos quer ben”.
-
Motivo literario de gran rendemento na poesía dos trobadores galego-portugueses, ata o punto de se converter no elemento central da poética trobadoresca peninsular, por oposición á matriz provenzal na que predomina o tema do joi (‘goce do amor’). No plano léxico este motivo reflíctese a través dunha serie de termos e expresións orientadas a manifestar a dor provocada polo sentimento amoroso. Na cantiga de amor adoita vir motivada pola actitude despiadada da dama e a súa negativa a corresponderlle ao namorado. Na cantiga de amigo, que reflicte o motivo desde unha perspectiva feminina (mesmo cando se dá cabida ao sufrimento que por causa da amiga padece o namorado), figuran como desencadeantes da coita da amiga a ausencia, a tardanza, a partida ou a infidelidade do namorado. Nas cantigas de escarnio a coita foi obxecto de sátiras e parodias, como a que leva a Pero Gomez Barroso na súa composición “Moir’ eu aqui de grand’ afan” a equiparar o sufrimento orixinado polo amor ao provocado pola...
-
-
Especie de tumor no peito que afecta ao gando porcino e vacún.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terreo que se deixa sen cultivar.
-
-
Que ou quen ten coita.
-
Que ou quen non ten moita decisión ante as cousas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde ás voces ‘oír’ e ‘escoitar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Folla de metal empregada para cortar, con fío por un lado ou polos dous, que pode manexarse a través dun mango ou soporte e que varía de forma segundo os usos. Ex: Utiliza unha coitela para afeitarse. O zapateiro comprou unha coitela nova para cortar o coiro.
-
-
Agresión feita cun coitelo ou cun instrumento semellante. Ex: A víctima recibiu nove coiteladas do seu agresor.
-
Ferida que resulta dunha agresión realizada cun coitelo ou cun instrumento semellante. Ex: Xa lle curou a coitelada que tiña na perna.
-
-
PUNTA
Punta que constitúe o extremo occidental da península de Bezoucos (ou Bisancos), no litoral da parroquia de Cervás, no concello de Ares, situada entre as rías de Ferrol, ao N, e de Ares, ao S.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fai ou vende coitelos ou coitelas. Ex: O meu avó era un dos coiteleiros máis coñecidos do lugar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar no que se fan ou venden coitelos. Ex: Teño que pasar pola coitelería para recoller un coitelo novo.
-
-
Utensilio consistente nunha folla, normalmente de metal, cun só fío de corte e cun mango de madeira, metal ou doutro material, que se emprega para cortar, picar, trinchar, escamar, mechar, etc. Na tradición oral recóllense ditos como: “O coitelo que non corta con poñerlle o dedo abonda. O mal coitelo non corta na carne e corta no dedo. Coitelo que non corta, que se perda pouco importa”. Ex: Este coitelo de cociña hai que afialo de novo porque xa non corta.
-
-
Cada un dos triángulos formados por dous pares e un tirante que hai na armadura dunha cuberta.
-
Estrutura vertical dunha cimbra.
-
-
Peza lítica tallada de forma alongada que presenta un bordo con retoque cortante mentres que o oposto conserva o córtex.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
2coita.