"ECA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 560.
-
-
Comité da policía secreta da Rusia soviética ou Chrezvichainaia Komissia (Črezvyčajnaja Komissija ‘comisión extraordinaria’), organizado por Lenin en 1917, como substituta da antiga okhrama zarista. Controlaba os movementos contrarrevolucionarios ou desviacionistas e tiña poder e control absoluto sobre os cidadáns. Relevouna en 1922 a GPU, unha organización de policía máis estable.
-
Grupos de seguridade creados polos partidos e sindicatos de esquerda trala sublevación militar do 18 de xullo de 1936 que deu lugar á Guerra Civil española. O seu labor confundiuse a miúdo co dos servicios policiais do goberno da República, sobre todo cando esta estivo controlada polos comunistas. Na organización destes grupos tivo un papel destacado Aleksander Olov, xefe do Comisariado Popular de Asuntos Internos (NKVD) en España, quen logrou convertelos en grupos de persecución de disidentes antiestalinistas.
-
Prisión ou local empregado pola policía política, especialmente comunista, para recluír os cidadáns e realizar interrogatorios co emprego da tortura.
-
-
PERSOEIRO
Historiador de arte. Licenciouse en Dereito e doutorouse en Historia. Profesor de Historia da Arte Contemporánea na Universidad Complutense de Madrid, foi director do Museo del Prado. A súa especialidade investigadora céntrase na arte renacentista en España. É colaborador de publicacións como Goya, Fragmentos ou Archivo Español de Arte. Publicou, entre outras obras, El coleccionismo en España (1985), o catálogo da exposición Juan de Herrera y el Clasicismo (1986), Carlos V y la imagen del héroe en el Renacimiento (1993), Felipe II: mecenas de las Artes (1993), Tiziano y la monarquía hispánica: usos y funciones de la pintura veneciana en España, siglos XVI y XVII (1994) e Carlos V: la imagen del poder en el Renacimiento (1999). É autor da Guía para el estudo de la historia del arte (1980), xunto a García Felguera e Morán Turina, El Renacimiento: formación y crisis del modelo clásico (1987), con Víctor Nieto Alcaide, e Arquitectura del Renacimiento en España 1488-1599 (1989),...
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado de Europa central que limita ao N con Polonia, ao NO e ao O con Alemaña, ao S con Austria e ao L con Eslovaquia (78.866 km2; 10.282.000 h [estim 1998]). Esténdense entre os 51° e os 49° de latitude N e os 12° e 19° de lonxitude L. A capital é Praga.
Xeografía físicaRelevo e xeoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
Morfoloxicamente, distínguese a zona herciniana do macizo de Bohemia e a canle formada polas concas de Moravia e Silesia no sector oriental. O macizo de Bohemia, formado polos antigos bloques hercinianos, preséntase como un altiplano bordeado por serras dispostas en forma de cuadrilátero: ao N, en dirección SO-NL, as montañas Krušné Hory; ao NL, en dirección NO-SL, as montañas Krknoše (onde está a altitude máxima da rexión [1.602 m]) e os Sudety; ao S, en dirección NL-SO, os cerros Checo-moravos; finalmente, ao O, a Selva de Bohemia. A conca de Moravia é o límite entre Bohemia e o estado... -
-
Relativo ou pertencente aos chichimecas.
-
Individuo do pobo dos chichimecas.
-
Grupo de pobos nómades, feroces e salvaxes, denominados chichimecas ‘bárbaros’ en oposición aos toltecas ‘civilizados’, que invadiron o México precolombino baixo as ordes do lendario Xolotl, durante o período de decadencia do Imperio tolteca (1224). Pertencen, probablemente, ao grupo otomí. Estableceron a súa primeira capital en Tenayuca e despois en Texococo. Civilizáronse rapidamente, sobre todo, a raíz da chegada a Texococo (1327) dun grupo de mixtecos, que introduciron a escritura, o calendario e a cerámica. Divididos en diversos principados soberanos durante o reinado de Teixotlala (1357-1409), asañáronse uns contra outros e a maioría sucumbiu facilmente ante o embate dos aztecas, baixo as ordes de Moctezuma (1516). A cultura e a arte chichimeca foron moi pouco innovadoras. A obra arquitectónica máis importante desta época é a pirámide de Tenayuca, coroada por dous templos dedicados a Tlaloc e a Tezcatlipoca, modelo do gran templo azteca de Tenochitlán.
-
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Honduras (4.211 km2; 309.000 h [1991]). A agricultura e a minería (ouro, prata, cobre) son a base da súa economía. A capital é Choluteca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e historiador de arquitectura e de urbanismo. Estudiou arquitectura na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1936) e socioloxía e urbanismo na University of Columbia (EE UU). Foi catedrático da Escola Superior de Arquitectura e director do Museo de Arte Contemporáneo en Madrid (1958). Foi senador (1977-1979) e conselleiro do reino (1978-1979). Entre as súas obras destacan La catedral de Valladolid: una página del siglo de oro de la arquitectura (1947), La catedral nueva de Salamanca: Historia documental de su construción (1951), Museo del Prado: Guiones de arquitectura (1952), Historia de la arquitectura española (1965), Breve historia del urbanismo (1968), La crisis del lenguaje arquitectónico (1972), Historia de la arquitectura occidental (1974), Liberalismo, ideas y recuerdos (1989), El Palacio Real de Madrid (1993) e Arquitectura de Madrid, siglo XX (1999). Participou tamén nas obras colectivas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Realizou estudios musicais no Conservatorio de Madrid. Colaborou en varias pezas con Joaquín Valverde. Destacado compositor de zarzuelas, na súa produción sobresaen La canción de la Lola (1880), La Gran Vía (1886), Cádiz (1886), Agua, azucarillos y aguardiente (1887) e La alegría de la huerta (1900).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Lugar no que se gardan filmes para conservalos, exhibilos ou estudialos.
-
Conxunto ou colección de filmes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cancioneiro do s XIII conservado na Biblioteca Nazionale Centrale de Florencia (B. R. 20, antes II, I, 213), que contén parte das Cantigas de Santa María. Polas súas características xerais (letra, adornos e miniaturas), parece que é unha continuación de T, escrito no mesmo obradoiro. Está formado por 131 folios de pergamiño de 456 x 320 mm, aínda que o encadernador cortou bastante as páxinas e a numeración (en caracteres romanos) das mesmas. Pódese deducir que faltan moitos folios (posiblemente 50) do que debeu ser o códice orixinal, que foi concibido para albergar os dous últimos centos de cantigas. Escrito con letra gótica francesa, alternando a tinta negra e encarnada, como en T, a dúas columnas (ás veces a tres ou incluso a unha), quedou incompleto, tanto no que respecta ao número de composicións que debería conter, coma na notación musical e na ilustración dos textos, de xeito que só transmite 104 cantigas (das que catro proceden de TO e 100 son novas); a notación musical...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto derivado do esterol que pertence á familia da vitamina D. Fórmase na pel por irradiación con raios ultravioletas sobre o 7-dihidrocolesterol. Aumenta a absorción intestinal de calcio, pero para que sexa activo ten que transformarse en 1,25-dihidroxicolecalciferol, nun proceso que ten lugar, en parte no fígado, e en parte nos riles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cousa ou negocio no que se gastan os cartos e que resulta pouco útil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ave de ata 60 cm de lonxitude, con patas moi longas (de máis de 50 cm de lonxitude), de catro dedos, plumaxe gris salferida de branco, peteiro recto e delgado, ás curtas e arredondadas, e cola longa e estreita. Aliméntase basicamente de réptiles e insectos. Constrúe o niño sobre cactos ou arbustos espiñentos. Voa con certa dificultade, pero é unha excelente corredora que pode acadar ata os 35 km/h. Vive nos desertos do SO dos EE UU e de México.
-
-
Inverso do seno dun ángulo: cosecα=1/senα.
-
Función cosec: O-{kπ, kÎM}→O definida pola asignación x-1/senx, onde sen é a función seno. É periódica de período 2π e non está acoutada.
-
-
PERSOEIRO
Botánico. En 1931 obtivo a cátedra de Botánica Descritiva da facultade de Farmacia de Madrid. Foi xefe da sección de flora tropical e, en 1936, director do Jardín Botánico de Madrid. En 1939 exiliouse e foi profesor do Instituto Botánico de Bogotá. En Cali exerceu como xefe da Comisión Botánica do Valle de Cauca e como director da Escuela Superior de Agricultura Tropical. Desde 1947 residiu nos EE UU, onde foi conservador do Field Museum of Natural History de Chicago e investigador da Smithsonian Institution de Washington. Entre as súas obras destacan Nota a la flora de Colombia (1934) e Estudios sobre plantas andinas. Tamén traballou na edición da enciclopedia Flora Neotrópica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Baile chileno, difundido tamén en Arxentina e derivado probablemente da zamacueca peruana. Ten ritmo de 6/8 e paso rápido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘dez’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
decápodo.
-
-
Relativo ou pertencente ao movemento revolucionario dos decabristas.
-
-
Partidario do movemento revolucionario que estoupou o 26 de decembro de 1825 en San Petersburgo, logo da morte do Tsar Alexandre I sen herdeiros directos e despois da elección do Tsar Nicolao I. Entre os conxurados atopábanse os membros da aristocracia e tamén algúns dos membros dos rexementos da capital e os oficiais do exército imperial. O movemento tiña entre os obxectivos a abolición do réxime autocrático, a destitución do novo tsar, que sería substituído polo seu irmán Constantino, e a instauración dun réxime constitucional. Despois dun breve combate foron derrotados polas tropas leais ao goberno. O novo Tsar Nicolao I dirixiu en persoa a investigación que rematou co axustizamento dos principais dirixentes e ideólogos do movemento (Pavel Pestel, Konstantin Rylejev, Sergej Muravjov-Apožtol, P’otr Kakhovskj e Mikhail Bestužev-Riumin) e a fuxida de centenares de homes, mentres moitos foron á cadea en Siberia.
-
Poeta do grupo literario relacionado co movemento revolucionario dos decabristas. Os principais representantes deste movemento foron K. F. Rylejev, V. F. Rajevskij, V. K. K’ukhel’beker, A. A. Bestužev-Marlinskij e outros poetas próximos ideoloxicamente (A. S. Puŝkin, A. S. Gribojedov e N. M. Jazykov). Inspiráronse en G. R. Deržavin e N. M. Batiuŝkov, e adoptaron deles o amor pola terra e o ideal de liberdade individual, que transformaron no da liberdade social do pobo, tiranizado polo tsarismo.
-
-
-
-
-
Espacio de tempo que abrangue dez anos.
-
Espacio de tempo que dura dez días.
-
Cada unha das divisións de dez días dos meses do calendario republicano instaurado en Francia en 1793.
-
-
-
Conxunto de dez cousas.
-
Cada unha das partes dunha obra histórica que consta de dez libros ou dez capítulos.
-
Obra histórica que está distribuída en décadas.
-
-
Intervalo comprendido entre dúas frecuencias que están na relación de 10 a 1.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período comprendido entre a maioría de idade de Isabel II (1843) e o Pronunciamento de Vicálvaro (1854), que estivo dominado politicamente polo partido moderado, que dirixía o xeneral Ramón María Narváez. O xeneral Narváez, que se sublevou contra a rexencia de Espartero en maio de 1843, presidiu o novo goberno dende 1844 e substituíu a Constitución de 1837 pola de 1845. Esta Constitución, moito máis conservadora ca a anterior, recoñecía que a monarquía e as Cortes, organizadas en Congreso e Senado, compartían a soberanía. Narváez transformou o seu goberno nunha ditadura moderada a consecuencia da revolución europea de 1848, e asinou un Concordato (1851) polo que a Igrexa aceptaba a desamortización e o clero recibía, a cambio, unha subvención do Estado. Entre outras medidas, creouse un corpo armado coa finalidade de manter a orde pública, a Garda Civil (1844), estableceuse o dominio do goberno sobre a administración local, reformouse a facenda e suprimíronse os tributos locais. Non obstante...