"EUR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 354.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia de satélites de comunicacións da ESA, explotados por EUTELSAT. O primeiro destes satélites lanzouse en 1983.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización astronáutica creada en 1962 e que incluía diversos estados europeos e Australia, que cedía a base de lanzamento. Estudiaba a realización do foguete Europa. En 1975 fusionouse coa ESRO para formar a ESA.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro satélite de teledetección da ESA lanzado en 1991 na versión ERS-1. Ten como misión controlar o estado do planeta: o nivel das mareas e a altura das ondas dos océanos, a interrelación entre a atmosfera e os océanos, o avance ou o retroceso dos xeos polares, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización europea de investigación e observación astronómica, fundada en 1962 e con sede en Garching (Alemaña). Dispón dunha localización austral, situada a 2.400 m de altura, en La Silla (Chile).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional europea que aglutina a investigación espacial no continente, con sede en París. Creouse en 1975 a partir da fusión da European Launcher Development Organization (ELDO) e da European Space Research Organization (ESRO). Ten como misión promover a investigación e a tecnoloxía espacial con propósitos exclusivamente pacíficos. Está integrada por trece estados: Austria, Bélxica, Dinamarca, España, Francia, Gran Bretaña, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Noruega, Países Baixos, Suecia e Suíza. Finlandia é un membro asociado e Canadá asinou un acordo de cooperación. A ESA realiza os seus programas mediante o foguete Ariane. Iniciou o programa da estación espacial Spacelab e programou misións interplanetarias, como a da sonda Giotto lanzada ao encontro do cometa Halley en 1986. En 1991 creou o consorcio Spacelink.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización destinada ao desenvolvemento da investigación espacial para a realización de grandes proxectos que sobrepasan a capacidade dun só Estado. En 1975 fusionouse coa ELDO para dar lugar á ESA.
-
-
Calidade ou condición de europeo.
-
Tendencia que propugnou a unificación política do continente europeo. Defendérona Bertrand de Jouvenel, Ricard Condenhove-Karlegi e, sobre todo, Aristide Briand. En 1949 formulouse unha declaración de principios, base das actuacións do Movemento Europeo. Froito do Movemento Europeo foron o Consello de Europa (1949) e a Universidade de Europa (1949). Os Tratados de Roma de 1957 foron capitais para a integración europea, xa que crearon as bases da actual Unión Europea. A cooperación científica tamén coñeceu a constitución de importantes asociacións como o EURATOM, o CERN e a ESA.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao europeísmo.
-
Partidario da unidade europea.
-
-
Estudioso da cultura ou das cousas características de Europa.
-
Especialista en cuestións europeas.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de europeizar ou europeizarse.
-
-
Asentar nun lugar a civilización e a forma de ser europea.
-
Asumir os costumes e a forma de ser europea.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Europa ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Europa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento metálico pertencente á serie dos lantánidos, de número atómico 63 e peso atómico 151,96. Descubriuse en 1896 mediante análises espectroscópicas e posteriormente identificouse no Sol e noutras estrelas. Localízase na gadolinita e na monacita. Prodúcese na fisión do torio, do plutonio e do uranio. A causa da súa alta sección de captura de neutróns térmicos (43.000 barns), emprégase na construción de barras de control para os reactores nucleares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional integrada polos departamentos de policía dos países membros da Unión Europea. Fundouse coa finalidade de prever e combater o tráfico de drogas, as redes de inmigración ilegais, o tráfico de vehículos roubados, o tráfico de persoas, a pornografía infantil, a falsificación de diñeiro e outras formas de pago, o tráfico de substancias radioactivas e nucleares e o terrorismo. Creada polo Tratado de Maastrich o 7 de febreiro de 1992, ten a súa base na Haia. Comezou a ser operativa o 1 de outubro de 1998, pero non comezou a funcionar ata o 1 de xullo de 1999.
-
-
Relativo ou pertencente á rexión eurosiberiana.
-
Rexión bioxeográfica do reino holártico que abrangue unha gran parte de Eurasia e que limita ao N coa rexión ártica e ao S coas rexións mediterránea, iranoturaniana e chinesa. O clima é húmido e de invernos fríos. A vexetación é de tendencia forestal: na parte setentrional o clímax é o bosque de coníferas; e na parte meridional, as árbores de folla caduca.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oficina estatística da Unión Europea. En 1953, a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro creou o seu servizo estatístico coa fundación da Comunidade Económica Europea (CEE) en 1958, que se converteu nunha dirección xeral da Comisión Europea; un ano máis tarde adoptou o nome de Eurostat e publicou o seu primeiro traballo, estatísticas agropecuarias. O papel de Eurostat é proporcionar estatísticas aos outros órganos comunitarios responsables da análise, definición e implementación das políticas comunitarias. Os obxectivos de Eurostat adaptáronse ao desenvolvemento da política europea, e a súa principal misión pasou a ser procesar e publicar información estatística comparativa e unificar os conceptos, métodos, estruturas e técnicas. Eurostat non recolle os datos, labor que realizan os servicios dos estados membros, senón que verifica e analiza os datos proporcionados polos servicios nacionais e asegurase de que sexan comparables, para o que dita unha metodoloxía harmonizada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo europeo de televisión encargado de coordinar a interconexión das diversas redes de 26 estados de Europa, o N de África, Chipre, Israel e Xordania. O seu centro administrativo está situado en Xenebra, mentres que o centro técnico se localiza en Bruxelas. Para a realización de programas en común debeu resolver os diferentes problemas técnicos derivados, sobre todo, das diferentes normas de televisión existentes, especialmente a inglesa e a francesa, e tamén os diversos sistemas de televisión en cor. A primeira retransmisión por Eurovisión tivo lugar en 1954. Anualmente, celebra un festival da canción no que cada país envía un representante. A sede deste concurso musical varía en función do país que resultara gañador na edición anterior. España, que participou por vez primeira en 1961, conseguiu o primeiro posto en dúas ocasións, coa cantante Massiel en 1968, e con Salomé en 1969.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes ao que pertence o peixe pelicano.
-
PERSOEIRO
Filólogo francés. Especializouse no estudo do celta na École Pratique des Hautes Études da Sorbonne. Interesado polo bretón, foi admitido no Centre National de la Recherche Scientifique (CNRS) onde realizou a súa tese (1958-1963). Foi catedrático de linguas celtas na Universidade de Rennes (1966) e foi nomeado director de estudios na École Pratique des Hautes Études. Tamén foi director de estudios celtas da CNRS e presidente da revista Études Celtiques. Centrou as súas investigacións, sobre todo, no antigo bretón e no galo. Así, estudiou os manuscritos bretóns do s IX e publicou o seu corpus léxico nun dicionario. Con respecto ao galo e ao celta continental, estaba convencido da semellanza entre o galo e o britónico. Gracias á súa investigación parece probado que, entre as linguas celtas continentais, o galo era o máis próximo ao antepasado das linguas britónicas. Ademais de artigos, publicou Ditionnaire des gloses en vieux-breton (1964), Le Vieux-breton. Eléments...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escolla de poemas de Charles Baudelaire. A primeira edición, aparecida en 1857, comprendía un poema prólogo e cen poemas numerados e distribuídos en seccións subtituladas. Os poemas foron escritos no decurso de dezaseis anos. O título contribuíu a provocar o proceso que lle foi incoado por obscenidade. Baudelaire e o seu editor foron condenados a unha multa e prohibíronse seis dos poemas. En 1861 apareceu unha segunda edición, con trinta e dous poemas novos e, en 1866, unha serie de quince Nouvelles fleurs du mal.
-
PERSOEIRO
Cardeal e político francés. Capelán da Raíña María Tareixa de Austria (1679-1683) e bispo de Frejús (1698-1714), foi nomeado en 1714 preceptor do futuro Luís XV e desde 1726 ministro de Estado. Opúxose aos xansenistas e practicou unha política exterior pacifista, malia intervir activamente nas guerras de sucesión de Polonia e Austria.
VER O DETALLE DO TERMO