"Eva" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 409.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo derivado do latín Stephanus, nome testemuñado esporadicamente en Roma en era precristiá, pero usado só por gregos ou orientais, que reproduce, á súa vez, o grego Stéphanos, nome persoal moi antigo e tamén voz común stéphanos (στέ ϕ ανος) ‘coroa, gloria’. Presenta as variantes Esteve e Esteveíña. Deste nome deriva Estévez, un dos apelidos patronímicos galegos máis frecuentes. Co cristianismo espallouse, especialmente, este nome debido ao culto a santo Estevo, diácono e primeiro protomártir cristián, e un dos santos máis antigos no culto hispánico (s V); e invócase contra o mal da pedra e contra as dores de cabeza. Outros santos con este nome foron Estevo I de Hungría (969-1038), primeiro rei dos maxiares e celebrado o 16 de agosto, o Papa Estevo I (257-260), celebrado o 2 de agosto, ou Estevo Harding (1050?-1133), terceiro abade da orde do Císter. Entre os santos galegos, destaca un...
-
-
Posto de sementais, especialmente o destinado ao garañón.
-
Espacio das pallozas destinado ao gando vacún.
-
-
GALICIA
Diplomático. Cónsul en Veracruz, foi embaixador en Guatemala e México e ministro de Información, Propaganda e Arquivos de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino procedente do hebreo Hauuâh (nome da primeira muller), a través do latín eclesiástico Heva e do grego bíblico Eua. Este nome relacionouse, por etimoloxía popular, co hebreo hâyâh ‘vivir’, no sentido de ‘nai dos viventes’. Non obstante , considérase máis probable que estea vinculado ao nome semítico da serpe (ár hayya ‘serpe, víbora’). A súa festividade celébrase o 19 de decembro, agás en Laza, onde o 3 de maio ten lugar a Festa da Eva ou Festa da Santa Cruz; trátase dun auto sacramental, que se remonta ao 1560, en que unha moza solteira, vestida de noiva, personifica os seres do outro mundo e evade as mensaxes pícaras que lle dirixe Adán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira muller, segundo a Xénese, creada por Deus a partir da costela de Adán. Nai de Caín, Abel e Set, as narracións bíblicas tentan expresar a semellanza esencial de Eva con Adán, a súa diferenza e a súa complementariedade. A doutrina paulina sobre o novo Adán que significa Cristo, fundamentou a tipoloxía Eva-Igrexa-María como un paralelo e complemento da tipoloxía Adán-Cristo. Para san Paulo, e logo para os teólogos medievais, a creación de Eva simboliza a creación da Igrexa, que sae do costado aberto de Cristo na cruz. As figuras de Eva e de María representaron os dous papeis que a Igrexa lle atribuíu á muller. Na persoa de Eva, a muller constitúese en culpable da perda do Edén, criatura pecaminosa aliada da tentación, perdición do home. Por unha parte tómase como unha prefiguración da Virxe (María había ser a nova Eva, a virtuosa), e pola outra, como a Anti-Virxe. Na iconografía foi a única figura de espido feminino individualizada na arte cristiá. Non posúe un tipo iconográfico...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode evacuar.
-
-
Acción de evacuar.
-
Conxunto de excrementos que se expulsan dunha vez.
-
-
-
Que evacúa.
-
Substancia ou medicamento que propicia a evacuación intestinal.
-
-
-
Despexar un lugar de persoas ou cousas.
-
Facer que alguén saia dun lugar perigoso ou conflitivo.
-
Expulsar do corpo excrementos ou outras secrecións.
-
Expulsar os excrementos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que evacúa.
-
-
Eludir algo valéndose da habilidade persoal.
-
Evitar pagar impostos de forma ilegal.
-
Marchar alguén dun lugar no que estaba retido.
-
Afastarse, mediante mecanismos psicolóxicos, da realidade circundante ou unha situación conflitiva.
-
-
PERSOEIRO
Rei de Salamina (410 a C-374 a C). Expulsou os fenicios do Reino de Salamina e estendeuno a toda a illa de Chipre. Axudou aos atenienses contra os espartanos en Knidos (394 a C) e enfrontouse aos persas. A súa escuadra foi derrotada polos persas en Citión (381 a C) e viuse obrigado a recoñecer a soberanía persa sobre a illa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Epifanía de Siria 536 - Antioquía?) Historiador e político grego. Cuestor en Antioquía do emperador bizantino Tiberio II, escribiu unha Historia Eclesiástica, que permite o estudo dos ss VI e VII, e que continúa as historias de Sócrates, Sozómenes e Teodoreto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se esvaece aos poucos.
-
PERSOEIRO
Arqueólogo, etnógrafo e xornalista inglés, fillo de sir John Evans. Formouse en Harrow, Oxford e Göttingen e foi correspondente do Manchester Guardian en Dubrovnik, antes de ser nomeado director do Ashmolean Museum de Oxford (1884). Formou parte da comisión do comité balcánico londinense que visitou Macedonia trala Gran Insurrección (1903). Realizou escavacións en Escandinavia, Dalmacia e os Balcáns antes de trasladarse a Creta en 1894, coa intención de iniciar as escavacións no outeiro de Kefala, pero a situación política da illa fíxoo desistir ata 1899. Entre 1899 e 1935, axudado polo arqueólogo escocés Duncan Mackenzie, escavou o palacio de Knossos e cuñou o termo minoico para referirse á cultura que se desenvolveu na illa de Creta durante a Idade do Bronce. Entre 1921 e 1936 realizou unha discutida restauración e reconstrución do palacio de Knossos. Entre as súas obras destacan The Slavs and European civilisation (Os eslavos e a civilización europea,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Traballou primeiramente como empregado de banca antes de abrir en 1880 unha librería na capital inglesa. Neses anos coñeceu a Aubrey Beardsley e a partir de 1898 dedicouse por completo á fotografía. A principios da década de 1890 realizou numerosas fotografías de catedrais medievais inglesas e francesas e doutros edificios de gran beleza arquitectónica. Seis anos despois da súa mostra titulada At Home Portraits (1891), expuxo parte da súa obra no Architectural Club de Boston, que completou en 1900 nunha mostra individual na Royal Photographic Society e no salón The Linked Ring Brotherhood. Neses anos, publicou artigos e fotografías nas revistas Camera Work, Amateur Photographer e Country Life. Participou tamén nunha mostra nas galerías do grupo Photo-Secession de Nova York e na Exposición Internacional sobre fotografía pictorialista de Buffalo (Nova York). Entre os seus recoñecementos, cómpre salientar unha medalla da Royal Photographic Society (1887),...
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo inglés. Profesor de filosofía da mente na University of Oxford, desenvolveu a súa teoría seguindo a liña da tradición kantiana, baseada na idea de que o pensar ten o seu fundamento nas capacidades e habilidades corporais. Afirmou tamén, que os pensamentos sobre obxectos individuais son formas de inmersión no contorno. Entre as súas obras destacan Thruth and meaning: essays in semantics (Verdade e significado: ensaios sobre semántica, 1976), The varieties of reference (As variedades de referencia, 1982) e Collected papers (Traballos escollidos, 1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político galés. Licenciado en Dereito en Aberyswith, foi líder do partido nacionalista galés Plaid Cymri entre 1941 e 1981. Entre as súas obras destacan Cyfle olaf y Gymraeg (1962), Aros Mae (1971), Diwedd Preidendod (1981), Darlith goffa Dewi-Prys Thomas: Cymro, pesaer, athro (1987) e Fight for Welsh freedom (Loitar pola liberdade dos galeses, 2000). Recibiu o título doutor honoris causa pola Universidade de Gales.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arranxador, pianista e director de orquestra. Coñecido como Gil Evans, tivo unha formación autodidacta e debutou en Stockton como director de orquestra entre 1941 e 1949. Colaborou coa orquestra de Claude Thornhill e posteriormente traballou con Miles Davis, con quen gravou Birth of the Cool e Miles Ahead. Dende os anos setenta interesouse polos instrumentos acústicos e electrónicos con obras como There Comes a Time (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo, numismático e anticuario inglés. Fundador da arqueoloxía prehistórica no Reino Unido, afirmou en 1859 que o xénero humano tiña unha antigüidade maior que os 6.000 anos mantidos ata a súa época. Baseouse na existencia nun mesmo estrato de instrumentos de factura humana e ósos de animais extintos e opúxose á cronoloxía ofrecida pola Biblia. Entre as súas obras destacan The coins of the ancient Britons (Moedas dos antigos britanos, 1864) e Instrumentos antigos de pedra, armas e ornamentos de Gran Bretaña e o Bronce Antigo (1881). Foi distinguido co título de sir.
VER O DETALLE DO TERMO