"García" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 414.
-
GALICIA
Escultor. Licenciouse en Belas Artes na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1962). Traballou con Pablo Serrano e Enrique Pérez Comendador. Instalouse en Ourense en 1963, onde se vinculou aos Artistiñas de Vicente Risco, e realizou a súa primeira exposición en Madrid en 1966. A súa obra, expresionista e neorrealista, está enraizada na tradición galega. Nos seus comezos traballou na madeira, para acadar a súa máxima expresión nas obras en bronce, ás que chegou a través do coñecemento da fundición e dos procesos da soldadura autóxena, en obras nas que acadou unha maior expresión ao prescindir do accesorio e traballar o oco como materia. Traballou tamén a pedra. A súa obra é dinámica e espontánea e nela están presentes a muller e a maternidade. Realizou, entre outras esculturas públicas, os monumentos a Castelao e Otero Pedrayo en Ourense, a Castelao en Pontevedra, ao afiador en Luintra (Nogueira de Ramuín) e moitas das esculturas do Centro Cultural Caixanova de Vigo....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo e lexicógrafo. Catedrático de latín e lingua castelá do Instituto de Pontevedra (1902-1907), do de Burgos (1907-1917), do de Zaragoza (1917-1919) e do Instituto Cardenal Cisneros de Madrid, que tamén dirixiu. Ademais deu clases de latín e dialectoloxía castelá na facultade de Filosofía e Letras da Universidad de Madrid. Fundou no CSIC a sección de Tradiciones Populares (1942), e a Revista de dialectología y tradiciones populares (1944), onde se recollen varios traballos sobre a etnografía e lingüística galegas. Como dialectólogo estudiou, ademais das outras linguas do dominio hispánico, o galego (Elementos de gramática histórica gallega (fonética y morfología), 1909, e Dicionario etimológico español e hispánico, 1954). Dirixiu o Seminario de Lexicografía da Real Academia Española (1964-1969), o Dicionario histórico de la lengua española e a corrección e preparación da décimo novena edición do Dicionario de la lengua española da RAE....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre de arquitectura, pai de frei Martín Sarmiento. Formouse na arte da arquitectura e en humanidades en Santiago de Compostela. Traballou, entre outras obras, no claustro das Procesións no mosteiro de Samos e na colexiata de Villafranca del Bierzo, a onde se trasladou en 1681. En 1682 trasladouse a Pontevedra, onde foi correo maior.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Coñecido como Corpus Barga, sobresaíu no ensaio de tipo xornalístico. Exiliado en 1939, escribiu Los pasos contados (1963-1967) e Los galgos verdugos (1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e tradutor. Foi un dos máis firmes defensores do teatro español tradicional e o autor dunha obra que se considera como a mellor traxedia neoclásica, titulada Raquel (1785). Membro das Academias da Lingua e da Historia, publicou unha obra fundamental, Teatro español, en 18 volumes.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e escritor. Funcionario da Administración, tras desempeñar varios cargos administrativos en La Habana (1873-1879), regresou a España, onde tralo triunfo do Partido Liberal foi nomeado deputado polo distrito de Cambados (1886), e gobernador civil de León (1888-1890). Foi redactor de La Voz del Pueblo, de Pontevedra, e colaborador dos xornais El Imparcial e La Correspondencia de España, de Madrid, e de La Voz de Galicia e El Heraldo Gallego. Entre as súas obras destacan Galicia Antigua (1904), na que refutou as teses de Murguía sobre a orixe celta da poboación galega, e La Gallega, nave capitá de Colón en el primer viaje de descubrimientos (1899), onde expuxo as súas teorías sobre a orixe galega de Colón, e que logo ampliou en Colón español. Su origen y patria (1914). Pintou cadros de pequeno formato nos que reflectiu recunchos de Pontevedra, entre outros, a Praza do Pan.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e debuxante. Coñecido como Andrés Colombo, foi militante de Izquierda Comunista e dirixente do Sindicato de Oficios Varios (UGT) de Padrón durante a Segunda República. Antes da Guerra Civil colaborou cos seus deseños no xornal El Pueblo Gallego e na revista madrileña Nosotros. Loitou no bando republicano integrado nas Milicias do POUM e ao termo da Guerra Civil pasou a Francia, onde estivo internado no campo de concentración de Argelès-sur-Mer. Abandonou o debuxo e a pintura e colaborou nas actividades antifranquistas como enviado da IV Internacional ata que foi detido en 1945. En 1965 retornou a España e instalouse en València, onde retomou a pintura. A súa obra inscríbese na corrente surrealista. Os seus debuxos inciden na busca do volume. A súa obra está, entre outros, no Museo de Lugo e no Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside de Sada.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
García IV de Navarra.
-
GALICIA
Diplomático e poeta. Estudiou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Presidente do Ateneo de Vigo, foi gobernador civil de Cáceres e letrado representante do goberno español no Tribunal Superior Internacional do Cairo (1880). Os seus poemas reuníronse en Obras poéticas de Emilio García de Olloqui (1884).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Suposto rei de Pamplona (905), fillo de Fortún Iñíguez. De nome García Fortún, sucedeu a Fortún I sendo moi novo e foi substituído ese mesmo ano por Sancho I, primeiro soberano da dinastía Ximena.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Titulouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1952). As súas primeiras obras mostran a influencia do racionalismo, como o Panteón de los Españoles en Roma (1957). Traballou con J. A. Corrales e R. Vázquez Molezún. Entre as súas obras destacan o edificio de oficinas do Banco de Granada no Cantón Grande da Coruña (1979), o Auditorio Manuel de Falla de Granada (1974-1978) e o Auditorio Nacional de Madrid (1982-1988). Recibiu o Premio Nacional de Arquitectura en 1956 polo colexio maior Santo Tomás de Aquino da cidade universitaria de Madrid, realizado con R. de la Hoz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Oficial da Mariña desde 1832, foi nomeado comandante xeneral de Ferrol en 1864. Na lexislatura 1869-1871 foi deputado pola provincia da Coruña e senador en 1871-1872.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Traballou en Salamanca dende 1729, onde continuou as obras iniciadas por Alberto Churriguera e outros. Dirixiu a construción do patio do colexio da Clerecía dende 1745, ano no que comezou a capela da Orden Tercera. Trazou e dirixiu a construción das torres da Clerecía (1750) e nos anos cincuenta comezou as obras da casa do concello de Salamanca, que continuou o seu irmán Jerónimo García de Quiñones. Regresou a Santiago de Compostela en 1760. Foi autor do Arquivo Xeral do Reino de Galicia en Betanzos (1763). Realizou un recoñecemento da fachada da Acibechería da catedral de Santiago de Compostela (1764) e un proxecto para o pazo de Raxoi (1766).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e historiógrafo portugués. Na corte de Xoán I destacou polo seu labor político e artístico. Realizou a compilación e elaborou o prefacio do Cancioneiro Geral, que reúne a poesía producida en Portugal desde mediados do s XV ata 1516. Entre outras obras escribiu tamén a Miscelânea, longa composición rimada que recolle, a xeito de memorial, os eventos máis relevantes desta época, as “Trovas á morte de D. Inês de Castro” e o panexírico “Voda e feitos de D. João II”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, unha árbore de sinople e un lobo de sable empinado ao tronco.
-
GALICIA
Escritor. Presidiu o Patronato da Cultura Galega de Montevideo e foi director de Sempre en Galicia e colaborador do Diario Español de Montevideo. Prologou diversos libros e escribiu Unha historia de Carballo. Recibiu, entre outros galardóns, o Primeiro Premio das Festas de San Xoán de Carballo (1975), o Primeiro Premio de Narrativa Ciudad de Vigo (1977), o Primeiro Premio Xogos Frorais do Centro Galego de Montevideo (1979) e Honra á Galeguidade Alma Galega (1983) e a Vieira de Prata (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Profesor das universidades de Barcelona (1933-1954) e Madrid (1954-1970?), centrou os seus estudios na análise económica e social da Idade Media. Discípulo de C. Sánchez Albornoz, formou parte do Centro de Estudios Históricos. Das súas obras destacan Historia de España (De los orígenes a la baja edad media) (1952), Historia de las instituciones españolas (De los orígenes al final de la edad media) (1968) e El feudalismo hispánico y otros estudios de historia medieval (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de Alfoz, no partido de Vilalba. As súa armas traen escudo cortado: primeiro, en campo de ouro, unha cruz flordelisada de goles; medio partido, cosido do mesmo, con banda de goles cargada do “Ave María”, en letras de ouro; segundo, en campo de prata, seis besantes de azul, postos tres, dous e un.
-
PERSOEIRO
Escritor e xornalista. Licenciouse en Filosofía e Letras e en Ciencias da Información na Universidad Complutense de Madrid. Colaborador en distintas publicacións (El País, Faro de Vigo), traballou así mesmo en diversos medios audiovisuais. Da súa produción, entre outras obras, destacan Proceso de adivinaciones (1981), Ciertas personas (1989), Háblame de ti (1993), Cambio de tiempo (1994), Autobiografía del hijo (1995), La mirada del otro (Premio Planeta, 1995), No estabas en el cielo (1996), Escrito por Luzbel (1998), Sobre el amor y sus contrarios (2000) e Presencias de ceniza (2001). Entre outros galardóns, recibiu o Premio Benito Pérez Armas (1973), o Premio Pérez Galdós (1979) e o Premio Europa (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista, coñecido polo pseudónimo de Borobó. Estudiou filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela. En 1936 adheriuse á UGT e loitou na Guerra Civil, na que foi comisario de Transporte no III Corpo do exército republicano. Durante a contenda colaborou no periódico de campaña republicano Estímulo. En 1939 afiliouse ao PSOE. Trala finalización da guerra, estivo prisioneiro en diversos campos de concentración. A partir de 1940 colaborou nos periódicos El Español e La Estafeta Literaria, a revista Fantasía e o diario Madrid. Foi director do diario La Noche de Santiago de Compostela. Neste xornal publicou os seus “Anacos”, crónicas variadas da vida real e de noticias de actualidade, ademais de coordinar as páxinas literarias e universitarias dende as que se deron a coñecer os integrantes da xeración de La Noche. En abril de 1960 pasou a dirixir El Correo Gallego. Posteriormente trasladouse a Madrid para...
VER O DETALLE DO TERMO