"Hel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 558.

  • Magnitude dada polo dobre da distancia ao Sol, que hai desde un dos puntos da órbita terrestre, determinados pola perpendicular ao semieixe maior que pasa polo foco no que está o Sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. Profesor nas universidades de Basilea e Berlín. Intentou completar a obra de Kant cunha gnoseoloxía das ciencias do espírito e unha crítica da razón histórica; separou radicalmente as ciencias do espírito e as ciencias da natureza, e instaurou o método de autognose (Selbstbesinnung). Negou tanto o coñecemento metafísico como o naturalismo e orientouse cara a unha filosofía da vida. Publicou, entre outras obras, Einleitung in die Geisteswissenschaften. Versuch einer Grundlegung für das Studium der Gesellschaft und der Geschichte (Introdución ás ciencias do espírito. Ensaio dunha fundamentación do estudo da sociedade e da historia, 1883), Die Entstehung der Hermeneutik (O nacemento da hermenéutica, 1900) e Die Typen der Weltanschauung (Os modelos da concepción do mundo, 1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo e arquitecto alemán. Estudiou arquitectura en Berlín e participou nas escavacións de Olimpia (1877-1881). Asistente de H. Schliemann en Troia (1879), trala súa morte reanudou as escavacións en 1893. Recoñeceu a existencia de nove cidades e identificou Troia VI coa descrita na Ilíada de Homero. Escribiu, entre outras obras, Troja und Ilion (Troia e Ilión, 1902) e Alt-Olympia (Olimpia antiga, 1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e meteorólogo. Foi membro do instituto prusiano de meteoroloxía. Especializado en climatoloxía comparada, foi o primeiro en utilizar o concepto de fronte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista, autor dramático e ensaísta. Dirixiu a Nouvelle Revue Française durante a ocupación alemá e suicidouse despois da liberación de Francia. Escribiu un ensaio sobre o desarraigamento da mocidade francesa de posguerra, Mesure de la France (Medida de Francia, 1922). As súas obras Socialisme fasciste (Socialismo fascista, 1924), Genève ou Moscou (Xenebra ou Moscova, 1928), L’Europe contre les Patries (Europa contra as Patrias, 1931) e Notes pour comprendre le siècle (Notas para comprender o século, 1941) revelan a súa decantación polo fascismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo. Son notables os seus estudios sobre a brillantez do ceo nocturno, baseados nun gran número de medidas fotométricas, espectroscópicas e polarimétricas, e sobre a materia interestelar na rexión central da Via Láctea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador canadense. Traballou como deseñador e impresor dunha fábrica téxtil na súa vila natal. Ampliou a súa formación en París cunha bolsa da UNESCO (1955-1956). Foi o impulsor do gravado en Canadá dende a Escola de Artes Gráficas e a Escola de Belas Artes de Montréal (1960-1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor dinamarqués. Formouse en París con J. L. David, e en Roma. Foi profesor da Academia de Copenhague. Pintou escenas mitolóxicas, paisaxes e vistas arquitectónicas, pero dedicouse fundamentalmente ao retrato. As súas obras amosan a pureza da liña e a claridade neoclásica. Entre outros, destaca o Retrato de Thorvaldsen (1815).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e urbanista. Traballou fundamentalmente en África. Foi director de urbanismo en Marrocos (1956-1953) e realizou, entre outros, os planos de Fez e Rabat. Entre as súas obras destacan a Université de Yaoundé (Camerún) e o Musée de Damas (Siria).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor arxentino. Exerceu como xornalista e na súa obra reflectiu o drama psicolóxico e os cadros de costumes. Da súa produción destaca Soledad es tu nombre (1932), Un guapo del 900 (1940) e Pájaro de barro (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico alemán. Desenvolveu o estudo da clasificación sistemática das plantas e foi o primeiro en tratar, en 1875, as anxiospermas e as ximnospermas como categorías primarias e coordinadas. A súa obra máis destacada é Blütendiagramme (1875-1878), na que acepta, basicamente, o sistema de Braun.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta sueco. A súa obra, en verso libre, caracterízase polo idealismo e pola busca da beleza e do amor platónico. Da súa produción destaca Melodier i skymning (Melodías crepusculares, 1902) e Elegier (Elexías, 1903).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e economista. Seguidor de Saint-Simon, trala morte deste tratou de configurar o sansimonismo como doutrina relixiosa, cunha liturxia e unha xerarquía propias. En 1832 retirouse cos seus seguidores a Menilmontant (1832), onde dirixiu a redacción de Le livre nouveau. En 1833 trasladouse a Exipto onde fundou a Societé d’études du Canal de Suez, co obxectivo de abrir un canal polo istmo de Suez. Ao regresar a Francia dirixiu a construción do ferrocarril París-Lyon-Mediterráneo. Entre outras obras, foi autor de La Morale (A moral, 1832) e La vie éternelle (A vida eterna, 1863).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes mariños, da familia dos serránidos, ao que pertencen algúns meros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico alemán. Especializouse nas enfermidades neuropatolóxicas e investigou sobre a electroterapia e as súas aplicacións. Descubriu diversas enfermidades, como a distrofia muscular progresiva que afecta aos músculos pelviano-femorais, coñecida como enfermidade de Erb, e a parálise producida por alteracións do fascículo piramidal da medula, coñecida como parálise de Erb.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto alemán. Viaxou por Italia, onde coñeceu a Winckelmann e Clérisseau, Países Baixos e Inglaterra. As súas obras son clasicistas e mostran a influencia do palladianismo inglés. Destacan, entre outras, o castelo de Wörlitz (1769-1783) e os destruídos Schlosstheatre (1777) e Schloss Georgium (1780?) de Dessau. Foi membro honorario da Academia de Berlín dende 1786.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de sapoconchos mariños, da familia dos quelónidos, que abrangue unicamente a especie Eretmochelys imbricata. A cuncha é elíptica e acada os 114 cm de lonxitude, formada por 13 escudos maiores superpostos entre si de xeito imbricado -cinco dorsais e catro pares laterais- e un plastrón con catro escudos. Os escudos dorsais son de cor café con raias amarelas ou rubias e os do plastrón van dende a cor crema ata a branca amarelada. A cabeza e as aletas son máis escuras ca o resto do corpo e, xeralmente, as súas escamas presentan un bordo branco amarelado. A especie pode acadar un peso de 85 kg. As extremidades son moi planas, para servir como remos, e cada unha presenta dúas uñas no bordo anterior da aleta. Presenta unha cabeza de ata 12 cm de ancho, cun peteiro córneo e forte que lembra ao das aves de presa. Esta morfoloxía do bico permítelle acceder a presas situadas en gretas de rochas e corais, como esponxas, ascidias, anémonas e equinodermos, que constitúen a base da súa alimentación....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romper en cachos unha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Iluminar algo de forma que resplandeza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cortar as patacas para facer cachelos.

    VER O DETALLE DO TERMO