"ICE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 774.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto de ácido bórico e de glicerina usado como antiséptico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alessandro di Mariano Filipepi.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo italiano. Traballou o xénero satírico da farsa cavaiola. É o autor de La maestra (1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade do cranio braquicéfalo. Este modelado cranial apenas se detecta nalgúns cranios ata un momento moi avanzado da Prehistoria, polo que determinadas escolas antropolóxicas definiron unhas tendencias na evolución humana cara á braquicefalia como un modelado superior á dolicocefalia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos cranios humanos que teñen un índice cefálico igual ou superior a 81, presentando unha estrutura cranial curta e alta.
-
-
Que pertence á suborde dos braquíceros.
-
Insecto da suborde dos braquíceros.
-
Suborde de insectos da orde dos dípteros, que se caracterizan por ter, cando son adultos, antenas curtas e grosas, e por emerxer fendendo a superficie dorsal da pupa. As familias máis características son as dos asílidos, bombílidos e tabánidos.
-
-
PERSOEIRO
Pintor francés. A súa produción, moi variada, está unificada por un estilo preocupado pola luz e polo espacio, decorativo e vibrante. Estivo influído por Pierre Bonnard e por Édouard Manet. Entre as súas obras destaca Liberation (Liberación, 1944). Obtivo o Premio Blumentahl en 1924 e o Premio Carniege en 1939.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e historiador bizantino. Casou con Ana Comneno, filla do Emperador Aleixo I, e recibiu o título de César. Redactou unha historia de Bizancio, que abrangue do ano 1057 ao 1081, e que deixou incompleta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico, irmán de Louis-Victor de Broglie e duque de Broglie. Estudiou na École Navale, doutorouse en ciencias e fundou un centro de investigación de física atómica. Estudiou a aplicación dos raios X ao estudo dos cristais. As súas obras máis importantes son Les rayons X (Os raios X, 1922) e Introdution à la physique des rayons X et gamma (Introdución á física dos raios X e gamma, 1928).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Fonsagrada baixo a advocación de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial do s XVIII situada no concello de Lugo. Consta dunha soa nave cuberta con bóveda de canón con lunetos nos laterias. A capela maior é cuadrangular cuberta por unha bóveda de media laranxa sobre pendentes que remata nunha lanterna. O retablo maior é de finais do s XVIII e alberga as imaxes do Sagrado Corazón, san Ramón e san Vicente. Ten tamén un retablo neogótico e outro neoclásico. Na fachada principal a portada é alintelada cun frontón semicircular sobre o que se sitúa unha fornela coa figura do titular do templo. O campanario dun corpo, remata nunha cupuliña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista. Foi un dos vangardistas do xénero de ciencia ficción e, a partir de 1914, con Tarzan of the Apes (Tarzán dos monos), creador da popular serie de Tarzán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación boreal, situada ao L de Leo e ao N de Virgo, formada por unhas vinte estrelas, sendo as máis brillantes as de cuarta magnitude.
-
PERSOEIRO
Militar e político. Formado en dereito, serviu no exército español na súa loita contra os franceses (1808-1814). En 1812 exerceu como representante das provincias do vicerreinado de Nueva Granada. Unha vez que se produciu o alzamento das colonias americanas, foi nomeado tenente coronel e formou parte do Consello de Goberno das colonias. Trala Batalla de Boyacá, en 1819, foi nomeado gobernador da provincia de Neiva e deputado do Congreso granadino. Durante a ditadura de Simón Bolívar (1828-1830) foi secretario de Interior e presidente do Consello de Ministros. En 1830, tralo abandono da presidencia por parte de Bolívar, ocupou durante un breve período de tempo este cargo, do que foi apartado en 1831 cando o Congreso elixiu como presidente a Joaquín Mosquera. Volveu ser nomeado gobernador da provincia de Nevia e tres anos antes da súa morte, en 1840, foi vicepresidente da República de Colombia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político valenciano. Militou de mozo no partido liberal de Canalejas e, posteriormente, no radical de Lerroux. Foi deputado a Cortes por ambos os dous partidos, representando o distrito de Llucena (Alcalatén) en todas as eleccións celebradas desde 1905. Foi ministro de Xustiza nos dous gobernos Lerroux, no 1934 e no 1935.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ou quen vai mal vestido ou se viste con farrapos.
-
Persoa que recolle, compra ou vende roupa vella ou todo tipo de trapos.
-
-
-
Aplícase ao animal que se alimenta de grandes presas.
-
Persoa que corta e vende carne. Na Idade Media o gremio dos carniceiros foi un dos máis influentes nas grandes cidades, pero xeralmente estaban excluídos dos gobernos municipais. Eran monopolios que dispuñan de lugares de venda fixos e privilexiados e que conservaron a pesar dos ataques das autoridades locais.
-
Persoa que mata reses.
-
Persoa que non ten piedade e goza matando ou facendo sufrir.
-
Aplícase ao cirurxián ou outro médico que opera de forma descoidada.
-
-
PERSOEIRO
Escritor, lingüista e crítico. Doutor en Filosofía e Letras, da súa produción destacan, entre outras obras, os ensaios Vida e obra de Pablo Piferrer (1963), Entre la ciencia y la magia, Mariano Cubí (1969), Donde las Hurdes se llaman Cabrera (1964), Nuevas reflexiones sobre el lenguaje (1972) e Gracias y desgracias de Castilla la Vieja (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Realizou estudios en Barcelona e ocupou a cátedra de Composición do conservatorio de Madrid dende a súa creación en 1830. Compuxo as óperas Elena e Malvina (1829) e Cristoforo Colombo (1831) e escribiu tamén música relixiosa, cancións populares e o himno nacional de Chile, titulado Dulce patria (1828).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre. Case toda a súa vida profesional estivo dedicada á educación en Galicia. En 1929 iniciou unha Biblioteca Popular Circulante a cargo da Asociación do Maxisterio de Viveiro, e en Ortigueira impulsou unha granxa de experimentación agrícola. A partir de 1930 accedeu á praza de mestre do Pósito de Pescadores de Cangas, onde fomentou a dinamización da educación arredor da escola primaria do Pósito marítimo de Cangas e do xornal Galicia Marítima. Logo, en 1933, creou unha pioneira e innovadora Escola de Pesca en contraposición ao modelo único escolar. Durante a Segunda República estivo vinculado á FETE-UGT.
VER O DETALLE DO TERMO