"Ise" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 454.
-
PERSOEIRO
Político e avogado francés. Coñecido como Adolphe Crémieux, foi elixido deputado en 1842 e adscribiuse ao grupo da extrema esquerda. Participou na revolución de 1848 e foi ministro de Xustiza do goberno provisional (1848-1849) e do goberno de Defensa Nacional (1870-1871). Foi un dos líderes do movemento xudeu en Francia, acadou o recoñecemento da cidadanía para os xudeus de Alxeria e contribuíu á fundación da Alianza Universal Israelita, da que foi presidente (1863-1880).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de desciframento ou descodificación de mensaxes secretas.
-
-
-
Momento no que se produce un cambio de importancia en algo.
-
Cambio brusco no curso dunha enfermidade, en sentido favorable ou adverso.
-
Accidente súbito nun estado aparente de saúde.
-
-
-
Situación circunstancialmente dolorosa ou difícil pola que pasa alguén ou algo que está en evolución.
-
crise de goberno
Período durante o que se remodela un goberno. A duración desa crise comeza coa dimisión ou destitución dun ou varios ministros ou conselleiros e remata co nomeamento doutra persoa. Se afecta a un consello de ministros recibe o nome de crise ministerial.
-
-
Perturbación da actividade económica producida pola ruptura do equilibrio entre a oferta e a demanda dos bens e servicios destinados ao consumo. Isto xera un ciclo depresivo da situación económica. Durante a etapa precapitalista, as crises tiñan a súa orixe no mundo rural, provocadas fundamentalmente polas malas colleitas, feito que afectaba directamente á economía do país. A escasa industrialización permitía que estas crises se reabsorbesen con rapidez. A crise económica prolongábase nunha crise social e política, na que o goberno tiña que responder ás demandas do pobo. A crise francesa de 1789 reflectiu este modelo, no que unha situación de recesión económica deu lugar ao cambio radical de sistema político coa desaparición do Antigo Réxime en favor do sistema liberal. A crise de 1830 comezou cun descenso da produción agrícola en 1826, que provocou un paro económico na industria e tivo como consecuencia política o derrocamento da monarquía en Francia. A de 1848 foi a última crise do Antigo...
-
Momento dunha historia no que o conflito presentado acada a súa máxima intensidade e anuncia e prepara a resolución final. Na dramaturxia clásica, xorde como consecuencia directa da unidade de tempo que esixe a preceptiva aristotélica, segundo a que a acción debe desenvolverse nun período máximo de 24 horas. Esta esixencia implica a elección dun acontecemento principal ou dunha serie de accións estreitamente ligadas que preludian o desenlace e favorecen a interiorización psicolóxica e a confrontación dos caracteres.
-
Procedemento administrativo de carácter especial dirixido a conseguir da autoridade laboral a necesaria autorización para poder extinguir ou suspender as relacións de traballo por causas tecnolóxicas, económicas ou de forza maior. Tramítase como unha forma de regulación do emprego e pode dirixirse cara á suspensión ou extinción das relacións de traballo, ou simplemente reducir a xornada laboral.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filla de Crises, sacerdote de Apolo, da cidade de Crisa en Tróade. De nome Astínome, foi raptada polos gregos durante o asedio de Troia e converteuse en escrava de Agamemnon. A negativa deste a devolvela a seu pai provocou a cólera de Apolo, quen, a petición de Crises, enviou a peste ao exército grego. Finalmente, Agamemnon viuse na obriga de restituír a Criseida pero, en desagravio, esixía que lle entregasen a Briseida; este feito desencadeou a cólera de Aquiles e o comezo de A Ilíada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á escultura na que as partes visibles do corpo están feitas en marfil e as roupaxes en ouro. Empregouse na estatuaria de pequeno tamaño en Exipto e Mesopotamia, e na de orde colosal en Grecia. Destacan as estatuas de Atenea e Zeus realizadas por Fidias para o Partenón de Atenas e o templo de Zeus en Olimpia, respectivamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sacerdote de Apolo, natural da cidade de Crisa (Tróade), e pai de Criseida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fillo de Criseida e Agamemnon. Axudou a Orestes e Ifixenia a matar a Toante, rei de Táuride, cando este os perseguía en vinganza trala caída de Troia.
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Comezou facendo pequenos papeis en Hollywood ata que participou en The Outsiders (Rebeldes, 1983) de Francis Ford Coppola. Desde ese momento protagonizou algunhas películas como Risky Business (1983), All the Right Moves (A clave do éxito, 1983) ou Legend (1985). O seu pulo definitivo veu coa película Top Gun (1986), a partir da que comezou a protagonizar filmes de maior presuposto e calidade, como Color of Money (A cor do diñeiro, 1986), Rain Man (1988), Born on the 4th of July (Nacido o 4 de xullo, 1989), Far and Away (Un horizonte moi afastado, 1991), The Firm (A tapadeira, 1993), Mission Impossible (Misión imposible, 1996), Eyes Wide Shut (1997) ou Mission Impossible 2 (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico alemán. Estudiou na Technische Universität München, onde se doutorou en 1974. Traballou no departamento de bioquímica do Max Planck Institut de Martinsried e, posteriormente, trasladouse aos EE UU onde traballou no Howard Hughes Medical Institute. En 1988 recibiu o Premio Nobel de Química, xunto con Robert Huber e Hartmut Michel, polos seus estudios da estrutura tridimensional das proteínas das membranas fotosintéticas e da transferencia dos electróns na fotosíntese.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Óleo de Picasso realizado en París entre 1906 e 1907 que se conserva no MOMA (Museum of Modern Art) de Nova York. Representa a cinco prostitutas dun bordel parisiense. Foi a obra que iniciou o cubismo. Rompeu coa perspectiva que dominaba na arte occidental dende o Renacemento ao introducir os diferentes puntos de vista e abandonar a visión monofocal cos diversos planos de carácter xeométrico e coa pincelada libre. Non se expuxo publicamente ata 1916 e mesmo contou cun certo rexeitamento inicial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recuperación da turxencia normal dunha célula plasmolizada por absorción da auga que perdeu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección cutánea que consiste na hipertrofia da pel e do tecido subcutáneo e con tendencia á formación de dobramentos.
-
PERSOEIRO
Política. Destacou polo seu labor en favor das mulleres. Compartiu as ideas de Saint-Simon, uniuse á escola de Fourier, foi membro da Liga dos Comunistas de Marx e Engels, e participou na Revolución de 1848. Fundou os xornais La Politique des Femmes e L’Opinion des Femmes e, xunto a Pauline Roland, o Club d’Emancipation des Femmes. Publicou Almanach des femmes (Almanaque das mulleres, 1851-1854).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Crise caraterística dunha enfermidade.
-
Evacuación que acompaña en ocasións esta crise.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corpo ou parte dos ósos longos comprendido entre os dous extremos ou epífises.
-
-
Proceso de difusión selectiva a través dunha membrana, que permite separar solutos de baixo peso molecular, capaces de difundirse a través dos poros da membrana, doutras macromoléculas que non poden facelo, presentes no seo da solución. Thomas Graham foi o primeiro en levar a cabo unha diálise para a que empregou membranas de pergamiño co fin de separar sales inorgánicos ou glicosa de proteínas. Posteriormente, as membranas de pergamiño substituíronse polas de celofán.
-
Técnica que permite a depuración do sangue extrarrenal a través do peritoneo, que funciona como unha membrana, e que consiste na introdución na cavidade peritoneal dun líquido de diálise que logo se extrae. Repítese este procedemento varias veces consecutivas.
-
Técnica utilizada para eliminar a urea do sangue naqueles enfermos que non presentan unha boa función renal. O sangue bombéase desde unha arteria cara a un dializador, onde se filtra por medio dunha membrana semipermeable, despois o sangue depurado volve ao organismo a través dunha vea.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á flor ou aos cálices formados por sépalos que non se presentan soldados.
-
PERSOEIRO
Poeta e contista. Pertenceu ao grupo de escritores que se formou arredor da revista Orígenes. Algunhas das súas obras son En la calzada de Jesús del Monte (1944) e Nombrar las cosas (1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de disecar un animal morto para que se conserve e manteña a aparencia de vivo.