"López" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 371.

  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi maxistral de Mondoñedo e de Santiago de Compostela (1632), así como bispo de Tui (1649-1656) e de León (1657). Destacou como teólogo e orador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Foi un defensor do provincialismo e escribiu numerosos artigos en publicacións da época, especialmente en Galicia, Revista Universal de este Reino (1863-1864), onde recolleu máis dun cento de cantigas na sección “La poesía portuguesa y la poesía gallega”. Foi autor de diversos traballos médicos e escribiu os poemas “Coitadiña” (1854) e “A Galicia” (1861), incluídos no Álbum de la Caridad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante e conquistador. Concelleiro de Zumárraga (1526), marchou a América en 1528 e desempeñou diversos cargos na Casa de la Moneda en México. Posteriormente foi escribán maior (1551) e alcalde maior de Ciudad de México (1559). En 1564 encargouse da expedición para consolidar o dominio español nas illas. Foi gobernador e capitán xeneral de Filipinas e das Marianas. Introduciu o sistema de encomendas empregado en América e fomentou as relacións comerciais con China.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, unha cruz de sinople colocada en xefe e debaixo dela, seis besantes de ouro en dous paos de tres; bordo de goles cargado de dous escudiños nos cantóns do xefe, o do sinistro de azul con trece besantes de azul coa mesma colocación, acompañados de oito castelos e oito aspas de ouro alternando, de forma que no centro do xefe hai un castelo e outro no centro da punta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega que, ao parecer, tivo a súa orixe en Vasco de Lemos, quen participou xunto co Rei Afonso I o Católico na conquista e repoboación das terras de Lugo cara ao ano 740. Posteriormente, Ramiro II outorgou un privilexio aos señores de Sober e Ferreira no ano 847, en que confirmaba a súa posesión sobre estas terras e así pasaron a denominarse López de Lemos. Trae por armas, en campo de azul, trece besantes de prata, colocados en tres paos de catro, cinco e catro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, conde de Lerena. Protexido de Moñino, foi secretario de Facenda (1785), pero a súa xestión conservadora valeulle as antipatías dos reformadores radicais. Como secretario de Estado (1790) impulsou unha política bastante reaccionaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • santo Ignacio de Loiola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e estadista, marqués de Santillana e conde del Real de Manzanares, fillo de Diego Hurtado de Mendoza. Combateu a privanza de Álvaro de Luna e mantivo sempre fidelidade a Xoán II. A súa produción poética comprende poemas alegóricos, eruditos e cunha clara influencia italiana, como Comedieta de Ponça e Infierno de enamorados; poemas didáctico-morais, como Diálogo de Bías contra Fortuna, Doctrinal de privados e Proverbios, e tamén os 42 Sonetos fechos al itálico modo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Foi alcalde de Vigo e presidente da Deputación de Pontevedra, onde representou a cidade durante 40 anos. Foi cónsul de Chile e Costa Rica, e como empresario estableceu unha fábrica de chocolate e fundou a primeira fábrica de papel continuo de Vigo, La Cristina. Recibiu de Afonso XIII a Gran Cruz de Isabel la Católica (1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se estableceu en Castro de Rei e Monforte de Lemos. As súas armas traen, escudo partido: primeira partición, en campo de goles, con seis besantes de ouro, colocados en dous paos de tres; orla de prata, cargada de oito aspas de goles; segunda partición, en campo de prata, cun león de sable coroado do mesmo; bordo xeral de goles cargado de seis panelas de ouro, unha en xefe, outra na punta e dúas en cada flanco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, cinco roeis de sable colocados en aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi misioneiro xesuíta en Asia e Oceanía, vicario apostólico das illas Marianas, Carolinas e Marshall e bispo de Toquio (1923). Escribiu Indulgencias auténticas y su calendario (1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar. Despois da independencia de México iniciou unha serie de pronunciamentos, entre 1828 e 1832, ata que foi nomeado presidente da República en 1833. Comandou o exército na loita contra a independencia de Texas (1835-1836). Derrotado e capturado polo exército texano na Batalla de San Jacinto, asinou o tratado polo que Texas acadou a súa independencia. Liberado polo presidente de EE UU, Andrew Jackson, volveu a México e frustrou o intento dos franceses de tomar Veracruz (1838). Elixido de novo presidente en 1839, no período 1841-1844 rexeitou a constitución liberal de 1824 e proclamouse presidente con poderes ditatoriais. Volveu á presidencia entre 1846-1847 e 1853-1855.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Josefina López González.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se estableceu en Ousende, San Clodio e Santiago de Nespereira. As súa armas traen, en campo de ouro, unha aguia de goles, cargada dunha chave de ouro, posta en faixa, mirando cara á destra e o paletón cara a arriba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Publicista. Escribiu en La Correspondencia Gallega varios artigos como “Os maios en Pontevedra polos anos de 1848 a 1853” (1904) e en 1915 publicou na prensa local “Recuerdos de mi niñez. La festividad del Corpus en Pontevedra”. Participou no Certamen Pedagógico de Pontevedra de 1897 onde acadou o primeiro premio co traballo Higiene escolar en general. Su aplicación a las escuelas de Galicia, teniendo en cuenta las condiciones del clima, costumbres de sus habitantes y enfermedades más comunes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, duque de Béjar, XIII conde de Lemos, X marqués de Sarria, X conde de Andrade e XI conde de Vilalba. Durante o seu padroado establecéronse as cátedras de Filosofía, Teoloxía Dogmática e Teoloxía Moral no seminario de Monforte de Lemos. Morreu sen sucesión e as súas posesións galegas pasaron a Jacobo Fitz-James Stuart y Colón, duque de Berwick.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político. Rexedor perpetuo da cidade da Coruña, foi membro da Audiencia de Asturias (1799-1808). Foi deputado pola provincia da Coruña nas Cortes de Cádiz (1810-1813) e adheriuse ao sector absolutista. Foi tamén alcalde de Casa e Corte en maio de 1814. Perseguido e encarcerado durante o Trienio Liberal, co retorno do absolutismo foi ministro togado do Supremo Consello da Guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Asesor lingüístico da TVG, é membro do consello de redacción de A Trabe de Ouro e coordinador de área da revista Cadernos da Lingua. Interesado nos estudios sobre o galego oral e a incidencia desta lingua nos medios de comunicación, é autor de Desde o teito da noite (1987), Vocabulario dos pesos e medidas (1988), Vocabulario do medio físico (1988), en colaboración, Cadernos dos dereitos e das horas (1994) e O tempo entre murallas (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Uniuse ao pronunciamento de ODonnell (1854), loitou en Marrocos (1859-1860) onde acadou o grao de coronel, e en 1868 apoiou o seu tío, o xeneral Serrano, na Revolución de Setembro. Deputado nas Cortes de 1869 e axudante militar de Amadeo I, foi xefe do exército do N que loitou contra os carlistas e os cantonalistas de Cartagena (1873-1874). Foi xefe do Partido Liberal-Fusionista despois da Restauración e, rehabilitado posteriormente, ministro da Guerra (1883, 1892-1895 e 1906) e presidente do goberno (1906). Publicou Cartagena. Memorias y comentarios sobre el sitio... (1877).

    VER O DETALLE DO TERMO