"Ons" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1222.

  • GALICIA

    Médico. Formouse en Santiago de Compostela, Madrid e París. Os resultados das súas investigacións, relacionados coa medicina social, deunos a coñecer en Ensayo sobre los jardines de la infancia: esquema tipológico, fisiológico y psíquico del párvulo, La tuberculosis en la escuela e Problemas sanitarios que plantea la emigración e inmigración en Galicia (1933). Así mesmo, publicou o estudo Gómez Pereira, médico de cámara de Felipe II e algunhas poesías na prensa lucense. Foi o responsable da elaboración da catalogación dos fondos da Biblioteca Pública de Lugo en 1935.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso franciscano que viaxou a Terra Santa, onde foi Viceprocurador dos Santos Lugares. No 1929 publicou Misiones franciscanas de Oriente (Tierra Santa).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Foi mariño e enxeñeiro e destacou como matemático. No 1800 encargouse da confección do plano xeográfico e estatístico da Arquidiócese de Compostela. No 1812 foi deputado nas Cortes de Cádiz e no 1814 sufriu persecución polas súas ideas liberais, tendo que exiliarse ata 1820, data na que, tralo triunfo do alzamento liberal de Riego, volve a España. Durante o exilio escribira a obra en seis tomos Consideraciones generales sobre varios puntos históricos, políticos y económicos a favor de la libertad y fomento de los pueblos, y noticias particulares de esta clase relativas al Ferrol y su comarca, que agora pode publicar (Madrid, 1820). Neste segundo período constitucional foi de novo deputado. Volverá ser perseguido a partir do 1823, cando a invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís remata co réxime liberal restaurando o absolutismo monárquico de Fernando VII. Retirada a súa obra da venda ao público a partir do 1823, morreu na cidade natal arruinado polos gastos de impresión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dominico. Foi mestre de estudiantes no convento de Santiago de Compostela. En 1784 publicou Sermón de la Traslación del Glorioso Apóstol Santiago, Patrón de las Españas

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político castelán. Deputado (1854-1856), presidiu a comisión encargada da elaboración da Constitución do 1876. Como Ministro de Xustiza interveu na redacción do Código Civil (1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Publicou Tratado de Contabilidad y teneduría de Libros (1901).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo, crítico literario e investigador. Logo de pasar a súa infancia e adolescencia nas terras do Ribeiro, en Ventosela de Sampaio, licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Madrid (1953) con premio extraordinario. En 1956 gañou a Cátedra de Literatura de Escolas Normais e en 1959 a de Lingua e Literatura Españolas de Institutos de Ensino Medio. Doutorouse en 1966 en Filosofía e Letras na Universidade de Salamanca cunha tese sobre Curros Enríquez.
    Exerceu como profesor en Palencia, Lugo, Valéncia e Vigo. Foi un destacado loitador na defensa de Galicia, a súa lingua e cultura, moi comprometido cos movementos antifranquistas na clandestinidade. Militou no Partido Comunista dende 1962 e ata 1977. Logo de apoiar publicamente o PSOE vigués, retornou á militancia comunista activa e figurou nas listas ao concello de Vigo por IU nas eleccións municipais de 1999.
    É...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e escritor. En Ourense publicou, co pseudónimo de O Fidalgo de Monterrei, a narración costumista Na miña aldea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Iniciou os seus estudos musicais no Conservatorio de Santiago de Compostela, para continuar na Escola Superior de Canto de Madrid co barítono Antonio Blancas e no 1993 comezar na Hochschule für Musik (Karlsruhe, Alemaña). Pertence á Escola de Ópera de Karlsuhe (1994-1997). No 1997 ingresou no Aalto Theater de Essen (Alemaña), onde levou a escena óperas baixo a dirección de Stefan Soltesz ou Emilio Sagi. Actuou coa Filharmónica de Baden-Baden, coa Young Israel Philharmonic e no 1996 como solista nos Carmina Burana de Carl Orff, xunto ao Orfeón Terra A Nosa. Dende ese ano, colabora coa Orquestra Sinfónica de Galicia.
    Levou a escena, entre outros papeis, Pamina, de Die Zauberflöte (A frauta máxica) e Sophie, de Der Rosenkavalier (O cabaleiro da Rosa). Recibiu o premio á Mellor Artista Moza do Aalto Theater de Essen (1998). Gravou un amplo repertorio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pianista, profesora do Conservatorio de Madrid. Escribiu Ensayo para un nuevo cuestionario pianístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Xunto con Guillermo Cobrerizo, Félix Ugalde e o vigués Francisco Castro Represas realizou boa parte dos proxectos arquitectónicos máis salientables que se realizaron en Vigo entre 1940 e 1960. As súas obras individuais máis destacables son o Real Club Náutico de Vigo (1944), o Cinema Radio (1943) e o edificio de vivendas García Albo (1942). A súa obra sobresae polo tratamento das fachadas de pedra labrada aproveitando as posibilidades do granito local.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Realizou a memoria de licenciatura en 1983 sobre o tema La oración simple en el Poema de Mio Cid. Publicou o Vocabulario elemental galego da música (1988) e varias traducións de textos infantís e xuvenís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guitarrista e compositor coñecido polo nome artístico de Cuchús Pimentel. Comeza a súa andaina profesional estudando guitarra clásica e posteriormente guitarra de Jazz con José Mª Hinojo, Tomás Camacho e Félix Santos, entre outros. Como guitarrista flamenco foi alumno de Paco Peña e Manolo Sanlúcar. Formou parte dos grupos NHU, Baio Ensemble e Noroeste, e colaborou con Benedicto, Emilio Cao, Andrés do Barro. Dende 1989 dedicouse, fundamentalmente, á guitarra flamenca, e ofreceu concertos en España, Inglaterra, Finlandia, Marrocos, Portugal e Xapón como solista á fronte de diversos grupos (Pimenteira, Pimentel Trío, Cuadro Flamenco...) ou acompañando a artistas do cante e do baile (El Kiiki, Enrique Lozano El Pescao, Kazumi Kamoshita...), ademais de colaborar con outros artistas alleos ao flamenco (Carlos Núñez,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nos anos vinte, publicou no semanario Heraldo Guardés a novela Alma Galaica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e político. Antón Hipólito Alonso Ríos realizou os seus primeiros estudios en Silleda ao tempo que axudaba nos negocios comerciais da familia. Con dezaseis anos matriculouse na Escola Normal de Maxisterio de Santiago e posteriormente dedicouse ao ensino en Compostela. En 1908 emigrou á Arxentina onde tamén exerceu de mestre en Bos Aires e en Mendoza. En 1909 fundou a Sociedad Hijos de Silleda e comezou a estudar Filosofía e Letras vencellándose ao movemento agrarista. Ademais foi o artífice da Federación de Sociedades Galegas (FSG), fundou e dirixiu, en 1922, El despertar gallego e Galicia e colaborou na revista Céltiga. En 1931, ao triunfar a República Española nas eleccións, foi enviado a España pola Federación e xa en Galicia foi elixido secretario da Federación Republicana Galega. Dirixiu en Tomiño as denominadas Escuelas del Porvenir ao tempo que exercía como inspector, nomeado pola Federación Galega de Sociedades de Instrución e Culturais de Bos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Titulado pola Escola de Enxeñería Técnica de Ferrol, licenciado en Xornalismo e en Ciencias da Imaxe pola Universidade Complutense de Madrid, ten unha longa traxectoria como autor, adaptador e director de escena. Iniciou esta carreira artística en Madrid, onde creou o grupo Teatro Zoo. De volta en Galicia, fundou Andrómena (1979), participou na creación de Teatro do Estaribel (1980-1981), puxo en marcha o Centro Dramático Galego (1994-1995) e creou, finalmente, Producións do Noroeste (1986-1991) e Teatro do Noroeste (1991).
    Autor de textos dramáticos, moitos deles en castelán e orientados ao público infantil e dalgún inédito en lingua galega, realizou numerosas adaptacións de textos clásicos, unhas veces en compañía de Cándido Pazó (As vodas de Fígaro, de Carón de Beaumarchais, ou Rei Lear, de William Shakespeare)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta, escritor, publicista e estudoso da cultura galega. Logo de estudar bacharelato en Tui e Vigo publica no 1950 o seu primeiro libro Cantos de Cotovía, poemario en castelán e no mesmo ano emigra a Bos Aires, inciando a súa andaina como escritor e xornalista vencellado aos círculos galeguistas. Na emigración fundou a revista Mundo gallego e dirixiu Airiños do Carballiño, órgano da Casa de Galicia en Bos Aires, na década dos cincuenta. Desenvolveu o labor de articulista para xornais da Arxentina, Galicia, Montevideo, Madrid e O Brasil, obtendo en Bos Aires varios premios xornalísticos e o Premio Minerva polos seus poemas. Foi tamén corresponsal de El Hogar nas provincias arxentinas e traballou como redactor en La Prensa, ademais de colaborar en case todos os xornais rioplatenses, ao tempo que enviaba ao vigués El Pueblo Gallego as súas crónicas “Aquí Buenos Aires”. De volta a Galicia en 1958, colabora en Faro de Vigo, Industrias...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor. Estudiou no Real Conservatorio de Música de Madrid. Profesor de Historia da Música, Historia da Arte, Estética Musical e Acústica no Conservatorio Profesional de Música de Madrid (1987-1988). Como compositor estreou as obras Monodias mélicas, para viola e piano (1993); El sueño de una noche de verano, obra para orquestra (1996); Suite para piano (1996) e a musicalización do conto infantil Os paxaros cantores (1997). Outras obras da súa autoría son La leyenda de Azalequia y Nirostán, para piano (1981); Tres canciones sobre poemas de F.G. Lorca y una canción popular, para soprano e piano (1985); Nocturnos para once instrumentos (1987); Danza báquica y sentimental, para piano (1991); El cuerpo y el alma, para barítono e piano (1993); Sinfonietta en fa, para orquestra (1998). Pertence á Asociación Galega de Compositores dende 1992.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Publicou Arrendamientos rústicos según el Tribunal Supremo. Jurisprudencia de las leyes de 15 de marzo de 1935 y 28 de junio de 1940 e, en colaboración con Faustino Rodríguez Penas, Arrendamientos rústicos. Jurisprudencia. Enero 1946 febrero 1947 (1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre. Exerceu como mestre en distintos lugares de Ourense. Foi un destacado membro da ATEO que no 1936 participou no primeiro Congreso Rexional de Galicia organizado pola Federación de Traballadores do Ensino, sección local de Vigo. Neste congreso presentou un relatorio con Xosé Meis Martínez e Roberto Panero sobre un proxecto para a organización do ensino público en réxime socialista (“Bases para una Ley de Instrución Pública”). Participou das vangardas pedagóxicas e colaborou en La República. Cando exercía como mestre en Amoeiro foi fusilado co triunfo do golpe militar de 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO