"RAU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 231.

  • PERSOEIRO

    Militar e político. Estudiou na academia militar de Saint-Cyr e serviu no N de África. Participou na Primeira Guerra Mundial e posteriormente volveu a Marrocos (1922), onde participou na loita contra os independentistas na captura de Abd el-Karim. Dende 1936 dirixiu as tropas estacionadas en Lorena. Capturado trala invasión alemá na Segunda Guerra Mundial, fuxiu da prisión (1942) e marchou a Arxel, onde asumiu o mando supremo da África colonial francesa. Presidiu, xunto con De Gaulle, o Comité Francés de Liberación (1943) e dirixiu a invasión de Córsega apoiándose nos comunistas. Retirado do exército en abril de 1944, foi vicepresidente do Consello Supremo da Guerra (1945-1948). En xuño de 1946 foi elixido membro da Asemblea Constituínte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. A súa obra mostra unha orientación clasicista que se reflicte nunha construción dramática perfecta, nunha linguaxe poética moi escollida e na recreación dos vellos mitos clásicos. Destacan Siegfried (1928), Intermezzo (1933), L’Apollon de Bellac (1942), La Folle de Chaillot (1945) ou La Guerre de Troie N’Aura Pas Lieu (1935), traducida para o galego por X. L. Franco Grande e Xosé Manuel Beiras (Non haberá guerra de Troia, 1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Industrial. Traballador do sector da distribución de bebidas, fundou a empresa Disgobe SA. Expandiu os seus negocios á produción de augas embotelladas coa adquisición en 1998 de Fontecelta. Posteriormente, introduciuse na viticultura e o 25 de setembro de 2002 inaugurou as súas propias adegas en Doade (Sober), Bodegas Regina Viarum, adscritas á denominación de orixe Ribeira Sacra. Membro do consello de administración do Real Club Celta de Vigo desde a súa conversión en sociedade anónima deportiva, o 26 de xullo de 1995 accedeu á presidencia da entidade. Durante o seu mandato o equipo vigués acadou un subcampionato da Copa do Rei (2001), cinco participacións consecutivas na Copa da UEFA (1998-2002), unha delas despois de proclamarse campión da Copa Intertoto (2000) e a primeira clasificación da historia do club para a Liga de Campións (2003). Tralas eleccións locais de 1999, ás que concorreu no segundo posto da candidatura presentada polo Partido Popular, resultou elixido concelleiro da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Traballou co Centro Dramático Galego en espectáculos, como O incerto señor Don Hamlet (1991) ou Un soño de verán (1992); con Teatro do Noroeste en Os xustos (1991), A grande noite de Fiz (1992), Galileo Galilei (1993), As vodas de Fígaro (1994), Macbeth (1994) e Historias peregrinas (1994) ou con Teatro Galileo en Trobador (1998) ou Diario (2000). Foi o fundador do grupo Rara Avis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Futbolista. Xogador do Real Madrid Club de Fútbol, debutou co primeiro equipo en 1994. Gañou 4 ligas, 3 Copas de Europa, 1 Supercopa de Europa, 3 Supercopas de España e 2 Copas Intercontinentais. Máximo goleador da selección, conseguiu 31 goles en 59 partidos. Foi Trofeo Pichichi e gañador da Bota de bronce Europea na tempada 1998-1999.   

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de mestres de obras que traballaron en Santiago de Compostela ao longo dos ss XVI e XVII. Bieto González de Araújo (?-1620?) trasladouse desde Pontevedra a Santiago de Compostela cara a 1590, onde traballou como aparellador en San Martiño Pinario, do que foi mestre maior en 1606. Proxectou a antiga capela de Nosa Señora da Cerca (1595) e realizou, para o concello, a fonte do Camiño e os canos de pedra desde a fonte da praza de San Xoán ata a Acibechería (1597). En 1599 realizou, por encargo da universidade, as columnas para o encadeado da portada do colexio de Fonseca. En 1602 reedificou a capela maior e a sancristía da igrexa de Santa Susana, segundo o proxecto de Xoán de Vila, e en 1608 realizou un lenzo do claustro do colexio da Compañía de Xesús, segundo o seu propio proxecto. Reedificou parte do palacio arcebispal que dá á praza do Obradoiro (1611) e construíu o lenzo da botica do Hospital Real (1619). Francisco González Araújo (?-Santiago...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e arqueólogo. Bispo de Astorga en 1886, encargoulle a Gaudí a construción do palacio episcopal. Fundou un Museo Arqueolóxico no Seminario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CANTÓNS

    Cantón do L de Suíza, o máis grande do país (7.105 km2; 186.026 h [2000]). A capital é Chur. Limita cos cantóns de Sankt Gallen, Glarus, Uri e Ticino, con Italia (Lombardia e Trentino-Alto Adige), Austria (Tirol e Vorarlberg) e Liechtenstein. É unha rexión moi montañosa cun relevo constituído polos Alpes Grisóns occidentais (cadeas de Tödi, Piz Sardona e o grupo de Adula) e polos Alpes Grisóns orientais (grupos de Albula, Silvretta, Rhätikon, Plesur, Bernina e Offen Pass). Os vales principais son os do Rin superior e o do Inn (Engiadina). A poboación de fala alemá habita principalmente nos arredores de Chur, Arosa e Davos, e a italiana no Val Mesocco, Val Bregaglia e o val de Poschiavo. Fálase o retorrománico no Bünder Oberland, en Engiadina e nos vales veciños de Mustair (Münster), Bravuogn (Bergün) e Oberhalbstein. A explotación forestal e a gandería son as principais actividades económicas. A agricultura produce cereais, hortalizas e froita. A industria principal é a que aproveita...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao cereal de gran grande ou abundante.

    2. Aplícase á pedra de estrutura granular.

    3. Aplícase á cousa ou á persoa de gran tamaño.

    4. Que é abundante.

    5. Que é difícil ou complexo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. Músico de cámara de Federico II de Prusia, organizou desde 1736 o teatro de ópera de Berlín. Escribiu oratorios, óperas, concertos e sinfonías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha sedimentaria de color gris, que se caracteriza por presentar abundancia de minerais inestables, e fragmentos de rochas dentro dunha matriz arxilosa. O tamaño do gran pode chegar a 2 mm, contén clorita, minerais arxilosos, feldespatos, micas e cuarzos. Tamén pode ter fragmentos de gran fino (rochas magmáticas e esquistos). O cemento é abundante (20%). Están ben estratificadas e son típicas do Paleozoico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á grauvaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista. Doutor en Ciencias Económicas pola Universidad Complutense de Madrid (1992). En 1960 trasladouse a Venezuela, onde foi nomeado asesor xeral do equipo de goberno da presidencia da República (1969-1974). Delegado ante a Oficina de Información Económica e Social das Nacións Unidas en dúas ocasións, foi membro da delegación do Parlamento Latinoamericano na Primeira Conferencia Mundial de Poboación celebrada en Bucarest (1974). Colaborou nos periódicos La Voz de Galicia, ABC, El Nacional, El Universal, Expansión e El País, no semanario El Español, e nas revistas Destino, Vida Gallega e Letras. Foi locutor de Radio Nacional de España, de Radio Nederland, en Holanda, e da BBC de Londres. Foi finalista do Premio Planeta coa novela A fuego lento (1958) e publicou ademais La novela futura (1958), Cuatro esquinas (1968), Mujeres únicas (1971) e La integración económica como alternativa inédita para América...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político peruano. Exiliado en México (1923-1930 e 1954-1956), fundou a Alianza Popular Revolucionaria Americana (APRA) en 1924. Un golpe de estado militar impediulle ocupar a presidencia que gañara nas eleccións de 1962. Coa vitoria do APRA nas eleccións de 1978 converteuse en presidente da Asemblea Constituínte. Escribiu Por la emancipación de la América Latina (1927) e Treinta años de aprismo (1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Francia, na rexión administrativa de Languedoc-           -Rosellón (6.101 km2; 896.441 h [1999]). A capital é Montpellier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, narrador e historiador romántico. Publicou A voz do profeta (1836), onde a tensión e a énfase romántica aparecen intelectualizadas. En 1850 apareceu toda a súa obra lírica no volume Poesía. Os seus contos, Lendas e narrativas (1851), e as súas novelas O monge de Cister (1841), O Bobo (1843) e Eurico o presbítero (1844), impulsaron a novela histórica en Portugal. Como historiador destacan História de Portugal (1846-1851) e Portugaliae monumenta historica (1856-1873).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da física e da enxeñería que estudia o equilibrio e o movemento dos líquidos, principalmente en función das súas aplicacións técnicas, e os aparatos, as instalacións e os sistemas destinados á súa manipulación mecánica. Os aspectos máis teóricos da hidráulica englóbanse na mecánica de fluídos. Desde 4.000 a C fixéronse obras hidráulicas aplicadas á agricultura (presas, canles, pozos), aparatos para elevar a auga (noras) e aparatos para o aproveitamento enerxético (roda hidráulica). No período grecorromano destacou a escola de Alexandría (Arquímedes, Ctesíbios, Filón, Herón), onde coincidiron progresos de coñecementos e creacións prácticas (rosca de Arquímedes, bomba aspirante-impelente, bóla de Herón). Durante a Idade Media a roda hidráulica tomou importancia como fonte de enerxía mecánica. Torricelli, Pascal e Newton formularon as súas teorías, onde aparecen os principais conceptos empregados modernamente (presión, viscosidade ou resistencia ao movemento). Durante os ss XVIII e XIX,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á hidráulica.

    2. Relativo ou pertencente á auga embalsada ou canalizada ou distribuída por medio de tubos.

      1. Que se move ou funciona por medio de auga ou doutro líquido.

      2. Que impulsa auga ou outro líquido.

    3. Aplícase a certos materiais, como o cemento ou a cal, que se endurecen dentro da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e escritor. Licenciado en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, é catedrático de Lingua e Literatura galegas. Colaborador da revista Dorna, é autor do libro de relatos eróticos Aventura en Nassau (1991). Ademais, tirou do prelo Vento de seda (1992), a novela policial Miss Ourense (1994), Conta os latidos (1995), o relato de terror “Non sabía que doía tanto” (1995), O mellor francés de Barcelona (1999), A noite das cabras do aire (1999), A historia escríbese de noite (2001) e A vida apoteósica (2001). Foi galardoado co Premio da Crítica Galicia, co Premio Merlín de Literatura Xuvenil e co Premio García Barros de Novela; ademais foi o gañador do Certame de Narracións Curtas Modesto R. Figueiredo co relato “Luanda” (1995) e do III Premio de Novela Ciudad de Salamanca coa súa primeira novela en castelán Bajo las más bellas estrellas (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao interior do útero ou ao que está situado no interior do útero.

    2. Intervención cirúrxica practicada ao feto durante o período de xestación.

    VER O DETALLE DO TERMO