"Román" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 201.

  • Antropónimo masculino que provén do xentilicio latino Romanus ‘romano, relativo ou pertencente a Roma’. Trátase dun cognome étnico que tiña sobre todo un valor político, o de ‘cidadán de Roma’. É posible que na difusión deste nome na Península pesase a concorrencia posterior co árabe Rumman.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe castelá que se estendeu por toda Galicia. Trae por armas, en campo de ouro, unha cruz flordelisada de goles, acompañada de catro flores de lis de azul, colocadas unha en cada cantón do escudo; bordo de goles cargado de oito aspas de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión que se empregou a miúdo para designar xenericamente un gran conxunto de narracións novelescas medievais longas (ss XII e XIII), en verso ou prosa, en que predominaba a cortesía cabaleiresca e a ideoloxía do amor cortés, en oposición ao realismo ou ao popularismo. Dentro desta rúbrica colocáronse textos como as primitivas versións do Tristán en verso, as narracións de Chrétien de Troyes, e os extensos Lancelote e Tristán en prosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poema medieval francés. Consta de 22.000 versos pareados, dos que os 4.000 primeiros foron escritos por Guillaume de Lorris, ao redor de 1235. Trátase dunha alegoría onírica con base no amor cortés e influenciada polo Ars amandi de Ovidio, en que se relata o amor do poeta por unha moza que, nos seus soños, está simbolizada polo botón dunha rosa nun xardín, alegoría da vida cortesá. O seu obxectivo é conseguir a rosa, isto é, o amor da dama. O resto do poema foi escrito por Jean de Meung entre 1275 e 1280, onde ofreceu unha abundante información sobre a vida e o pensamento medievais. Tivo unha grande inflencia na literatura posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (919-944), sogro de Constantino VII. Fíxose asociar ao poder (919) e desenvolveu un goberno positivo. Asinou a paz cos búlgaros e atraeunos á órbita do imperio. Os seus fillos obrigárono a abdicar e retirouse a un convento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Bizancio 939 - 963) Emperador de Oriente (959-963), fillo e sucesor de Constantino VII. Deixou o goberno e os asuntos de estado en mans da súa muller, Teófana, e do primeiro ministro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (1028-1034), descendente de Román I. Viviu dedicado aos estudos e por vontade de Constantino VIII, tivo que casar coa súa filla e tamén sucedelo no trono (1028). Inexperto en política e en cuestións militares, foi derrotado en Asia polos árabes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (1068-1071), fillo de Constantino Dióxenes. Casou coa Emperatriz Eudosia, viúva de Constantino X Ducas, combateu os turcos ata Mesopotamia (1068-1069) e enviou unha frota en axuda de Bari (1070), asediada polos normandos. Nunha nova expedición contra os turcos, foi traizoado por Andrónico Ducas e fixérono prisioneiro. Xa liberado, en Constantinopla, Miguel VII Ducas enviou tropas contra el, venceuno, e mandouno cegar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Realizou estudos sobre sindicalismo e asociacionismo. Escribiu Campesiñado a tempo parcial na periferia dunha grande cidade. Vigo 1900-1936 (1997) e Os campesiños de Lavadores. Estrutura social e articulación política, 1923-1931 (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador cinematográfico. De nome Antonio Fernández--Román García de Quevedo, pasou a súa infancia en Ourense, onde compartiu a súa paixón polo cine con outro futuro director, Carlos Velo. Na década de 1930 instalouse en Madrid, onde colaborou con diversas publicacións do mundo do cine, como Popular Films, Films Selectos e Cinegramas. Despois das súas curtametraxes Sandra e Ensueño, dirixiu o filme Canto de emigración, en que conta a historia dun emigrante galego. Por outro lado, colaborou con F. García Lorca en La Barraca, ata que a Guerra Civil o obrigou a refuxiarse na casa familiar en Ourense. Durante este período a súa relación co medio limitouse á publicación de críticas e artigos en Radiocinema. Concluída a guerra, comezou a súa andaina profesional como director de cintas de ficción aínda que, antes, realizou unha serie de documentais como El hombre y el carro, onde colaborou co etnógrafo Xoaquín Lorenzo. En...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Fíxose cargo dos obradoiros tipográficos que a Xunta Xeral de Vigo, tras o alzamento de 1843, mandou instalar en Cangas, a onde chegaran da man do impresor portugués José Araújo. Cando Araújo desatendeu os novos obradoiros, a Xunta Xeral ordenou o seu fornecemento con novos tipos e o seu traslado a Vigo, onde se fixo cargo deles Román. Alí editou o xornal El Gratis, o primeiro xornal de anuncios en Galicia e o único que se publicou en Vigo ata a aparición de Faro de Vigo (1853).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir romano. O seu corpo atopouse na mesma catacumba onde se inhumou o de san Lourenzo, polo que a lenda afirma que era un lexionario encargado da custodia do anterior a quen converteu o santo. A súa festividade celébrase o 9 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta lírico. As súas composicións poéticas, do xénero do kontákion e baseadas en temas bíblicos e litúrxicos, constitúen unha peza capital da literatura patrística e bizantina. A súa festividade celébrase o 1 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Balanza rudimentaria portátil de ferro forxado formada por unha barra con dous brazos desiguais que descansa sobre un fulcro que pendura ou se sostén coa man mediante unha argola. Do brazo máis curto pendura aquilo que se quere pesar, mentres que o brazo máis longo é gravado cunhas tallas equidistantes onde se encaixa un peso chamado pesa, que ao ser desprazada, permite obter o equilibrio da balanza e determinar o peso desexado. Hai diferentes tipos: de dous e mesmo tres ganchos de suspensión, situados en lugares diferentes, cousa que permite modificar o fulcro e pesar así corpos de peso moi desigual. Foi empregada polos romanos paralelamente a outro tipo de balanzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Italia setentrional que corresponde ás provincias de Forlì e Ravenna e a un pequeno sector de Boloña. Comprende o sector oriental da rexión administrativa de Emilia-Romaña e esténdese ao sur do río Reno ata o val do río Tavollo. A riqueza da rexión é basicamente a agricultura e destacan os cultivos de froiteiras. A actividade industrial está representada pola industria manufactureira, a alimentaria e a química. O centro máis destacado é Ravenna. Pertenceu á Emilia durante a época romana e foi conquistada por Odoacro e polos godos. Centro da Italia dominada por Bizancio (504-751), invadírona os lombardos, que foron expulsados polos francos. Estes cedérona á Santa Sé no s VIII, pero non pasou a dominio pontificio ata 1278, data en que se chegou a un acordo co imperio. En 1375 o legado papal reprimiu a rebelión das cidades de Cesena e Faenza. César Borja foi nomeado duque da Romaña (1501) polo Papa Alexandre VI, pero en 1503 foi sometida polo Papa Xulio II. En 1796 invadiuna Francia,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana, situado nos corredores do subbético valenciano (2.044 h [2001]). Ten cultivos de secaño (vide, amendoeiras e oliveiras) e regadío, que aumentou considerablemente a base de fontes e pozos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de República Dominicana (654 km2; 166.550 h [1993]). A súa capital é La Romana (140.204 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pere Caro i Sureda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    Réxime fundado en Roma polos xacobinos italianos baixo a protección do directorio francés, que durou desde o 15 de febreiro ao 27 de novembro de 1798 e do 14 de decembro de 1798 ao 29 de setembro de 1799. Francia, que invadiu e ocupou unha gran parte dos Estados Pontificios (1797), favoreceu que se proclamase este réxime, e apresou ao Papa Pío VI. Nápoles atacouna e provocou unha interrupción desde o 28 de novembro ata o 13 de decembro de 1798, pero foi restaurada polos franceses, ata que unha segunda intervención napolitana fíxoa caer definitivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    Réxime establecido en Roma desde o 9 de febreiro ata o 4 de xullo de 1849, a partir da revolución producida na cidade en novembro de 1848 e da fuxida subseguinte do Papa Pío IX. Foi gobernada por Giuseppe Mazzini, que axiña compartiu o poder con Saffi e Armellini, e confióuselle o exército a Giuseppe Garibaldi. Atacouna unha expedición militar enviada por Luís Napoleón de Francia e sucumbiu, despois de preto dun mes de asedio. Ao día seguinte, Pío IX entrou en Roma e restableceu o seu goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO