"Sion" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 507.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano consultivo de participación institucional e de asesoramento do Consello da Xunta de Galicia en materia de Formación Profesional Regulada e Ocupacional, adscrito á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Decreto 348/1990, do 22 de xuño, e modificado polo Decreto 223/1994, do 7 de xullo). Entre as súas competencias, cómpre destacar as seguintes: propoñer accións para mellorar a orientación profesional; realizar a elaboración, seguimento e actuacións do programa galego de ensinanzas técnico-profesionais; emitir informes sobre os proxectos e plans de estudios e propoñer novas titulacións e certificacións de profesionalidade en materia de formación profesional ocupacional; avaliar as iniciativas e propostas dos axentes sociais implicados na actividade laboral; propoñer os criterios de homologación dos centros colaboradores na formación profesional ocupacional; e emitir informes e avaliar os concertos e convenios que asinen as diferentes consellerías en materia de formación...
-
-
Movemento forzado do corpo ou dalgunha das súas partes.
-
Conxunto de movementos do corpo esaxerados e executados, normalmente, para facer rir.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer contorsións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actividade acrobática que consiste na contorsión do tronco e as extremidades para conseguir posturas antinaturais.
-
-
Relativo ou pertencente ao contorsionismo.
-
Acróbata que practica o contorsionismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presión superior á atmosférica mantida á saída de certas máquinas de vapor destinadas a producir simultaneamente forza motriz e calefacción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lesión traumática producida nos tecidos vivos por choque violento, ou por presión, cun corpo obtuso, normalmente sen solución de continuidade da pel. Pódese distinguir a contusión de primeiro grao, con aparición de equimose; a contusión de segundo grao, con hematoma de rápido crecemento; e a contusión de terceiro grao, cando, ademais de haber as manifestacións precedentes, aparece unha martirización dos tecidos brandos e da pel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Producir unha contusión.
-
-
Acción e efecto de converter ou de converterse.
-
Cambio de títulos de débeda pública por outros doutra emisión ou con diferentes condicións.
-
-
Cambio do valor numérico dunha magnitude física que acontece como consecuencia de empregar, para medila, unha unidade de medida diferente. Os factores que o fan posible reciben o nome de factores de conversión e son a expresión do valor numérico dunha unidade en termos da outra.
-
conversión interna
Fenómeno de descomposición radioactiva no que un núcleo atómico excitado transfire o exceso de enerxía a un electrón orbital, denominado electrón de conversión, que se desprende do átomo de enerxía relativamente alta. O espectro de enerxías dos electróns de conversión é discontinuo. A conversión interna tende a disipar o exceso de enerxía, que non é suficiente para producir unha emisión de partículas (α ou β) ou raios γ.
-
-
Paso dunha categoría a outra por medios morfolóxicos que non alteran a base das palabras, na terminoloxía do Círculo Lingüístico de Praga. Así, sobre a base com- pódese formar o verbo comer, o adxectivo comido ou os substantivos comedor e comida.
-
Figura estilística que consiste en empregar a mesma palabra no final de dúas ou máis frases ou cláusulas.
-
Acción de converter unha proposición na súa inversa, na que o predicado é o suxeito da primeira e viceversa. Admítense tres tipos: a conversión simple, na que suxeito e predicado conservan a cantidade e a extensión (
-
-
Evolución que segue unha escuadra formada en liña de fronte cando quere cambiar de rumbo por movemento simultáneo, de xeito que os navíos describen arcos concéntricos ao redor dun buque que fai de eixe de xiro.
-
...
-
-
-
-
Contracción violenta, involuntaria e patolóxica dos músculos esqueléticos, que determina movementos irregulares localizados nun ou en distintos grupos musculares, ou ben xeneralizados por todo o corpo. Denomínase convulsión tónica cando a contracción é continuada e produce unha paralización da zona afectada, e convulsión clónica cando alterna as contraccións de grupos musculares, a miúdo antagonistas, e produce movementos desordenados. Algunhas convulsións reciben o nome da enfermidade que as produce, como as epilépticas, as histéricas ou as tetánicas.
-
Alteración violenta da orde establecida nunha sociedade.
-
Sacudida da terra ou do mar por mor dun fenómeno sísmico.
-
-
-
Producir convulsións a alguén.
-
Sufrir alguén convulsións.
-
-
-
Que ou quen padece convulsións.
-
Membro dunha seita xansenista do s XVIII formada polos seguidores de François de Pâris (1690-1727). Acudían á súa tumba, situada no cemiterio de Saint-Médard, onde ao parecer se facían milagres e experimentaban fenómenos de convulsións. Pechado o cemiterio por orde real (1732), os seguidores organizáronse nunha asociación secreta, de costumes estraños.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción erosiva exercida por partículas areosas e pequenos fragmentos de rocha que transporta o vento nas áreas onde teñen lugar fenómenos de deflación. Ao chocar contra as rochas núas fan un lento traballo de abrasión, particularmente intenso ao nivel do chan, onde a concentración de area transportada é máxima; deste xeito, orixinan formas peculiares como relevos residuais ou rochas en forma de fungo e covas nas masas rochosas de consistencia desigual. Nos solos arxilosos dalgúns desertos forma típicos relevos con arestas inestables.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal que saía dúas veces á semana (xoves e domingos), que apareceu o 21 de novembro de 1811 e cesou o 28 de xuño de 1812. Impreso por Ignacio Aguayo, encargouse da súa redacción Manuel Freire Castrillón. Como voceiro da devandita comisión, trátase dunha publicación oposta á política liberal e á Constitución de 1812.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Penalidade dos antigos contratos de arrendamento de propiedades pola que debía facerse efectiva unha cantidade monetaria ao arrendador nos casos de subarrendamento da propiedade.
-
-
Acción e efecto de corroer ou corroerse.
-
Deterioro superficial dos metais causado por axentes químicos. Cómpre que un electrólito estea en contacto co metal (ánodo), feito que provoca que este se ionice e disolva, mentres que os electróns neutralizan os anións da disolución que precipitan. A reacción fundamental é M+A + →M + +A. A cantidade de M disolta é proporcional ao fluxo de electróns, que, á súa vez, é función do potencial e da resistencia do metal. Para que a reacción sexa continua, os produtos dela deben irse eliminando das zonas anódica e catódica. O axente de corrosión máis importante é o potencial que se establece entre dous metais en contacto, mergullados nun electrólito que dependa da natureza química do ánodo e do cátodo; neste caso, o primeiro resulta atacado (corrosión galvánica), mentres o segundo queda protexido (protección catódica). A velocidade de corrosión diminúe pola polarización catódica e aumenta pola axitación...
-
Forma de erosión das rochas, pola acción química da auga e dos ácidos que esta leva disoltos. A auga é o medio no que adoitan actuar estes axentes, normalmente por disolución. Os relevos cársticos son unha forma de corrosión das rochas calcarias, do mesmo xeito que ocorre co xabre e co granito. Tamén se denomina erosión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
isión e interpretación global do mundo e da existencia. Pódese entender como a elaboración dun sistema racional ou coma unha simple exposición dunha actitude valorativa persoal. Fálase, así mesmo, de equivalencia entre cosmovisión e sistema filosófico-metafísico, concepción antropolóxica ou, inclusive, ideoloxía relixiosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo artístico formado en 1969 en Londres por Neal Andrew Megson, máis coñecido como Genesis P-Orridge, logo de traballar con algúns dos integrantes do grupo alemán Fluxus. Especializado na organización de accións destinadas a provocar a irritación da realeza, da aristocracia e das clases medias inglesas, na mesma época na que a banda dos Sex Pistols gozaba de maior popularidade, habería que destacar a súa instalación Prostitution, presentada entre o 16 e o 26 de outubro de 1976 en Londres, que supuxo un considerable escándalo. Nesas mesmas datas Genesis P-Orridge, xunto con dous integrantes do colectivo, Cosey Fanny Tutti e Peter Christopherson crearon Throbbing Gristle, unha banda de música industrial que tivo unha grande influencia na denominada música postindustrial e nas creacións musicais do grupo catalán La Fura dels Baus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santuario situado no Barco de Valdeorras. Trátase dunha construción barroca que conta cun albergue de peregrinos. No interior destaca o retablo maior da Ascensión, obra de Xosé Ferreiro.
-
-
Que ten catro dimensións.
-
-
Relativo ou pertencente ao espacio cuadridimensional ou ao espazo de Minkowski.
-
espacio cuadridimensional
Espacio de Minkowski.
-
-