"UIT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 213.
-
-
Relativo ou pertencente aos melquitas.
-
Membro das comunidades cristiás de Oriente Próximo que, nas loitas cristolóxicas ao redor do monofisismo, permaneceu fiel ao Concilio de Calcedonia (451) e ao emperador bizantino. Xeralmente aplícase aos católicos desta tradición, máis que aos ortodoxos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edificio destinado á oración dos fieis no Islam, aínda que naceu como lugar de reunión. A súa estrutura arquitectónica deriva da casa de Mahoma en Medina. Ten plano rectangular e consta dun patio porticado e a ceo aberto, sahn, en que se atopa a fonte das ablucións, mī Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḋ a’, e dunha zona cuberta estruturada en naves transversais separada por columnas ou piares, o haram. Esta sala está pechada polo costado oposto á porta pola alquibla, parede en que se abre unha capela ou fornela, o mi Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ rāb, diante do que se sitúa un palco elevado, a maq Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ṣ ūra, xunto ao que se atopa o púlpito ou minbar. Na época omeia engadiuse unha torre no patio, o alminar ou minarete. En Magreb e en Al-Andalus o haram pode presentar planta basilical. A mesquita...
-
PERSOEIRO
Dramaturgo portugués. A súa obra sitúase nunha época intermedia entre o naturalismo e o neorromanticismo, aínda que cultivou desde o drama histórico, como en Os Castros (1898) e O sonho da India (1898), ata a crítica social baixo a influencia de Ibsen, como en O Regente (1898) e Almas doentes (1905).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Edificio destinado á oración dos fieis no Islam, aínda que naceu como lugar de reunión. A súa estrutura arquitectónica deriva da casa de Mahoma en Medina. Ten plano rectangular e consta dun patio porticado e a ceo aberto, sahn, en que se atopa a fonte das ablucións, mī Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḋ a’, e dunha zona cuberta estruturada en naves transversais separada por columnas ou piares, o haram. Esta sala está pechada polo costado oposto á porta pola alquibla, parede en que se abre unha capela ou fornela, o mi Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ rāb, diante do que se sitúa un palco elevado, a maq Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ṣ ūra, xunto ao que se atopa o púlpito ou minbar. Na época omeia engadiuse unha torre no patio, o alminar ou minarete. En Magreb e en Al-Andalus o haram pode presentar planta basilical. A mesquita...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas un escudo cuartelado: primeiro e cuarto cuarteis, de ouro, cheo; segundo e terceiro cuarteis, de azul, cheo; brochante sobre o todo un grifón de prata, ranversado. Outra variante leva, en campo de goles, cinco torres de prata, colocadas en aspa.
-
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Martiño que dá nome ao concello da Mezquita, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Viana, situano na provincia de Ourense no SL da Comunidade Autónoma de Galicia, situado a 42° 00’ 30’’ de latitude N e 7° 02’ 30’’ de lonxitude O. Limita ao N con Viana do Bolo (comarca de Viana) e coa provincia de Zamora, ao L coa provincia de Zamora, ao S con Portugal, e ao O coa Gudiña (comarca de Viana). Abrangue unha superficie de 104,3 km 2 , cunha poboación de 1.406 h (2007) distribuída nas parroquias de Cádavos, Castromil, Chaguazoso, A Esculqueira, Manzalvos, A Mezquita, O Pereiro, Santigoso e A Vilavella. A súa capital é a vila da Mezquita, na parroquia do mesmo nome, que dista 236 km de Santiago de Compostela e 124 km de Ourense. Está adscrito á diocese de Ourense, ao arciprestado da Gudiña, e ao partido xudicial de Verín.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
As terras da Mezquita están en plenas serras orientais, nos contrafortes da serra Segundeira, dominadas por materiais graníticos. O segundo elemento que caracteriza este territorio... -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada na Mezquita. Ten planta rectangular alongada nun lateral e dous andares. Destaca a fachada datada en 1480, con baixo e dúas alturas. Consérvanse escudos que aluden os ; Sarmiento, ; Cadórniga, Losada e Ulloa.
-
IGREXAS
Igrexa situada na Mezquita. Este templo pode corresponderse coa antiga capela do pazo de San Martiño, pola existencia de dous escudos de armas que loce na fachada. Ten unha soa nave e no interior destaca o retablo neoclásico de X. A. Ferreiro. A fachada, tamén neoclásica, acolle a porta flanqueada por columnas acaroadas baixo tímpano. O campanario, austero nas formas, compón o terceiro corpo da fachada construído en cantaría.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Merca. Construíuse en 1210, pero hai noticia doutro templo anterior, baixo a mesma advocación, vinculado ao mosteiro de Celanova. O estilo é románico de transición ao gótico. Ten unha nave e planta lonxitudinal con contrafortes que sobresaen en planta, a ábsida é semicircular con arco triunfal apuntado sobre semicolumnas, e na fachada destaca a porta rematada polas arquivoltas lixeiramente apuntadas e o gran tímpano centrado por unha cruz latina. No segundo corpo ábrense dúas ventás superpostas e remátase nun piñón cun Agnus Dei. Ao lado dereito está acaroada unha torre. Destacan os canzorros nos beirados, os capiteis da portada principal e a decoración das portas laterais. Foi declarada Ben de Interese Cultural (1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Circuíto electrónico disposto en forma dunha unidade compacta miniaturizada, en que os diferentes compoñentes se montan sobre unha pequena placa, xeralmente cerámica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
muxica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desprender algo muxicas ao arder.
-
-
Dosel de gasa co que se cobre a cama para evitar que entren os mosquitos ou outros insectos.
-
Rede ou obxecto co que se cobre algo para que non entren os mosquitos ou outros insectos.
-
Lugar pragado de mosquitos.
-
-
-
Insecto da suborde dos nematóceros, especialmente da familia dos culícidos.
-
anófele.
-
Insecto díptero, do xénero Culex, da familia dos culícidos, de larvas acúaticas e omnivoras. Os adultos chuchan líquidos internos mediante picaduras.
-
Insecto da familia dos tiflocídidos, de pequeno tamaño e parasito de cultivos.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo mosquito.
-
Individuo do pobo mosquito.
-
Pobo amerindio que habita na zona costeira de Honduras e de Nicaragua. Son agricultores e fabrican un tecido feito con cortiza de árbore, moi semellante ao hule. Mesturáronse con poboación negra.
-
Lingua que fala o pobo mosquito.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Avión bimotor De Havilland empregado durante a segunda guerra mundial como aparato de bombardeo e de asalto.
-
SEMANARIOS
Semanario publicado na Coruña a partir do 5 de agosto de 1868. Cesou o 24 de agosto dese ano (nº 3) pola autoridade gobernativa. Subtitulado “Periódico literario, humorístico y de circunstancias”, todos os artigos eran anónimos.
VER O DETALLE DO TERMO