"Vas" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 331.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nun sistema de coordenadas entalpía-entropía, representación dun proceso de expansión que experimenta un fluído compresible que flúe adiabaticamente por un tubo de sección constante.
-
PERSOEIRO
Pintor portugués. Coñecido como Grão Vasco, introduciu os elementos do Renacemento italiano na pintura lusa. Das súas obras destaca o retablo da catedral de Lamego (1506-1511) e sete plafóns sobre a Paixón para a igrexa e Freixo de Espada en Cinta (1520).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante. Coñecido como José Cuevas, inspirouse nos tipos e costumes populares. Colaborou en La ilustración gallega y asturiana e La ilustración española y americana.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Estudiou pintura e debuxo con Salvador Querolt (1961-1966) e na Escola de Artes e Oficios da Coruña (1966-1971). Nos seus comezos cultivou o retrato. O seu interese polo antigo Exipto reflíctese na súa obra, que se define polo expresionismo e as tonalidades cromáticas. Realizou exposicións individuais en diversas cidades galegas, en Madrid, Nova York e Italia, e participou, entre outras mostras colectivas, nas feiras Euroart 97 e 98 (Barcelona), na Feria Internacional de Arte de Boloña (1998) e foi seleccionado nas Mostras Internacionais de Arte 2001 de Florencia e Roma (2001). Recibiu, entre outros galardóns, o segundo premio da Exposición provincial de Educación y Descanso celebrada en Ferrol (1962), a Mención Honorífica La Terraza (A Coruña, 1963) e o Gran Premio Internacional de Arte de Roma, Galería Il Collezionista (2001). Dende 2000 é académico da Accademia Internazionale Greci Marino di Lettere, Arti e Scienze de Vinzaglio (Novara).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Formado por fibras e vasos.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación impresa en Ourense a partir do 22 de novembro de 1968. Trátase dun boletín moi modesto que tenta resumir todas aquelas novas de interese cultural, social ou económico de interese para os seus asociados. Incluíu, ademais dun pequeno editorial, información sobre o idioma galego, humor, libros, autores, conferencias e xornadas. Tamén inseriu actividades da propia agrupación e avisos sobre vindeiros proxectos. Algúns dos seus artigos, sobre todo os económicos, tratábaos con certa ironía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra da autoría de Rosalía de Castro publicada en 1880 e dividida en cinco seccións de desigual extensión: “Vaguedás”, “Do íntimo!”, “Varia”, “Da terra” e “As viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos”. É un poemario de gran riqueza expresiva, cunha clara intención social e de variedade temática. A visión do mundo é radicalmente pesimista, aínda que hai algúns poemas na liña de Cantares Gallegos nos que desenvolve temas e formas propios da lírica popular, como a preferencia pola asonancia e o emprego do romance cuarteto e seguidilla. Galicia e a sociedade están contempladas dende a crítica social; Rosalía expresa o seu desacordo ante as inxustizas, rebélase e pide unha vinganza que manifesta a súa intención de protesta social que ten orixe na súa identificación solidaria cos que sofren e cos marxinados. Son continuos os ataques á Igrexa e á súa hipocrisía (“Brancas virxes de cándidos rostros”, “Decides que o matrimonio”, “Tembra un neno no húmido pórtico”, “De balde”), tema que se...
-
SEMANARIOS
Semanario de tendencia galeguista editado en 1897 en La Habana. Tivo como subtítulos “Revista semanal ilustrada” e “Semanario científico, literario y defensor de la colonia gallega”. Cesou a súa edición o 6 de setembro de 1908. Fundada por J. Raimil e Antonio de P. Cea, foi dirixida en distintas etapas polo propio editor Antonio de P. Cea, Alfredo Fernández e Adelardo Novo. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Manzana Central. Tratábase dunha revista de información xeral que se ocupaba da vida social da colonia galega e española en Cuba. Nos seus contidos amosa unha preocupación pola identidade de Galicia e analiza temas históricos, como os dos mártires de Carral.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Bilbao a partir do 1 de marzo de 1989 pola Casa de Galicia. Dirixida por José A. Fernández, trátase dunha publicación societaria dirixida á xuventude deste centro galego. Contén novas anecdóticas da entidade, seccións de ocio e pasatempos, xunto con algunha entrevista. Incluíu tamén abundantes fotografías e debuxos. Está relacionada coas publicacións O Noso Afán, Cultura, O Curruncho, O Currunchiño e Revista de la Casa de Galicia, editadas na mesma cidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade editora fundada por Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda en Bos Aires o 15 de xullo de 1957. No período 1961-1964 dirixiuna a poetisa Elsa Fernández. Dedicada á difusión de todas as publicacións galegas ou de interese galego por América, imprimiu diversos catálogos onde se informaba sobre a actividade bibliográfica en Galicia. Tivo diversas filiais en Rosario, Santa Fe, Mar del Plata, Santiago de Chile, Montevideo e Caracas. A partir de 1960 compatibilizou o labor divulgador co editorial e pasou a tirar do prelo algúns títulos en galego. Ademais, encargouse de organizar tres destacadas exposicións de libros galegos: a primeira no Centro Lucense de Bos Aires (xullo de 1958), a segunda na Casa de Galicia de Caracas (setembro 1959), e a terceira no Banco de Galicia de Montevideo (1960).
-
GALICIA
Gaiteiro e compositor. Formou parte da orquestra da Schola Cantorum, como gaiteiro e clarinetista, foi discípulo do mestre Castiñeira e creou o grupo Toxos e Xestas. Trasladouse a Barcelona e licenciouse en Tradución e Interpretación, ao mesmo tempo que fundou a Escola de Gaitas e Danzas Toxos e Xestas. Fíxose cargo da Escola de Gaitas da Deputación de Ourense (1985-1986) e fundou e dirixiu a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. Coordinador do Anuario da Gaita, o seu labor centrouse no ensino e promoción da gaita e publicou Os segredos da gaita (1982), Músicas do Caurel (1998-2000) e Cantares da tía Antonia de Atás.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Titulado pola Escuela Superior de Arquitectura de Madrid, dende 1984 forma equipo con Francisco Javier García-Quijada Romero e Manuel Portolés Sanjuán. Entre outras obras cómpre destacar a remodelación do Auditorio ao aire libre do Parque de Castrelos de Vigo (1997), a adecuación dun edificio de vivendas na praza do Rei para sede da xerencia de urbanismo do concello de Vigo (1997) e a remodelación arquitectónica dos antigos xulgados e cárcere de Vigo convertidos no Museo de Arte Contemporánea (MARCO, 1998-2002). Entre outros galardóns recibiu o Premio Joseph Lluís Sert polas actuacións no litoral da ría de Vigo (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de carácter societario editada polo Centro Galego de Vitoria-Gasteiz a finais do s XX.
-
GALICIA
Químico. Estudiou ciencias nas universidades de Salamanca e Madrid. Despois do seu doutoramento, traballou no Instituto Politécnico de Zúric. En 1924 acadou a cátedra de Química Orgánica na facultade de ciencias da Universidad de Granada. Realizou o seu labor investigador sobre os xantoxenatos, a síntese de policetonas, os derivados do pineno, a oxidación de nitrobencilaminas, a condensación de naftilamina con derivados oxálicos, os produtos de reacción do óxido de mesitilo con aminas, e a formación, reactividade e utilidade dos derivados de nitrilo. Publicou os resultados dos seus estudios en Anales de Química.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Navegante. En 1487 puxérono á fronte da flota de catro buques que, dous anos máis tarde, partiron cara á India bordeando África. Dobrou o cabo de Boa Esperanza e arribou a Sofala, na costa oriental, e estivo en Moçambique, Kilwa, Mombasa e Malindi, onde os árabes intentaron reter a flota. Gracias á colaboración dun piloto hindú cristianizado, chegou a Calicut, na costa occidental india (1498). Ocupouse de establecer bases comerciais e tratados cos reis locais. Retornou a Portugal e, despois de facer escala en Mogadisco, chegou a Lisboa, onde o Rei Manuel I lle outorgou o título de almirante das Indias. Co fin de destruír a competencia dos árabes, en 1502 volveu ao Índico e estableceu factorías en Sofala, Moçambique e Calicut. En 1519 recibiu o título de conde de Vidigueira e, anos despois, o Rei Xoán III nomeouno vicerrei e trasladouse á India para pór fin á corrupción das autoridades portuguesas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e profesor de debuxo. Aínda que cultivou a paisaxe á acuarela, a súa pintura é abstracta, monocroma e cunha ausencia da luz. Emprega as tonalidades grises e a mancha ampla. Realizou exposicións individuais e colectivas en Galicia, Madrid e Venezuela. Recibiu o premio de pintura no Certame Xoven Pintura Galega (A Coruña, 1978) e o premio e a adquisición de obra no Certame de Artes Plásticas Diaz Pardo (1991). A súa obra está, entre outras salas, nas deputacións da Coruña e Pontevedra e nas coleccións Caixanova, Caixa Galicia e Xunta de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Santiago de Compostela 8.10.1909 - Santiago de Compostela 05.08.2003) Escritor, político e médico. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela, onde obtivo o premio extraordinario de licenciatura, e acadou o grao de doutor na Universidad de Madrid. Ademais, ampliou a súa formación en Suíza, Francia e Berlín co profesor Von Bergmann, creador da patoloxía funcional. Durante a súa permanencia na universidade compostelá foi presidente da FUE e estableceu amizade con Rafael Dieste, Manuel Antonio, Carlos Maside, Rof Carballo, Luís Seoane, Ánxel Fole e Álvaro Cunqueiro, entre outros moitos. Posteriormente, relacionouse con Castelao e Vicente Risco. Co estalido da Guerra Civil española non puido desenvolver a docencia universitaria e exerceu a súa profesión como médico, na que destacou como un experto en temas de nutrición e a súa relación co metabolismo. A chegada de Ramón Otero Pedrayo á Universidade de Santiago de Compostela, xunto á aparición da Editorial Galaxia en 1950,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á cavidade xeral do corpo dos cnidarios e dos ctenóforos.
-
PERSOEIRO
Escritor ruso. Seguidor do realismo socialista, publicou Cement (1925), Energija (1932-1938) e unha triloxía autobiográfica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Impulsor do realismo crítico no seu país, colaborou na revista Gazette littéraire (1831). Da súa produción destacan Vecera na khutore bliz Dikan’ki (Veladas no casarío de Dikanka, 1831-1832), Mirgorod (1835, triloxía na que estaba Taras Bul’ba, que logo completaría e editaría como novela en 1942), Revizor (O inspector, 1836), Mërtvye dusi (Almas mortas, 1842), Arabeski (1842, con Sinel, O capote, 1842) e Vybrannye mesta iz perepiski s druz’jami (Fragmentos da miña correspondencia cos amigos, 1847).
VER O DETALLE DO TERMO