"Ya" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 670.
-
GALICIA
Escritor. En 1970 estableceuse en Vigo, onde traballou no eido editorial da man de Xosé María Álvarez Blázquez en Edicións Castrelos de Vigo. Cinco anos máis tarde volveu a Lugo onde se dedicou a vender libros. Despois de ser liberado pola Central sindical nacionalista e traballar nela ata 1982, exerceu como garda municipal en Corcubión e como funcionario do concello de Lugo. Colaborador en diversas publicacións e xornais (A Nosa Terra, Teima, A Trabe de Ouro, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, etc), deuse a coñecer no eido literario co libro de poemas Verbas a un irmao (1970). Posteriormente, publicou os poemarios Home e terra (1970), Romanceiro da Terra Cha (1973), Mortos porque Galicia viva (1974), co pseudónimo de Daniel Méndez, Elexía nunha escuridade mortal (1974), Ábrelle a porta ao día (1981), A fraga amurallada (Premio Cidade de Ourense, 1983), Cantigas de amor vilao (1987),...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico grego. Trátase dun dos directores máis recoñecidos no ámbito internacional. É autor de obras de temática nacional e de tipo popular, nas que soubo empregar as ensinanzas da traxedia grega. Dirixiu, entre outros filmes, Kiriakatikó Xýpnima (A caída en Atenas, 1953), Elektra (1962), Zorba, the Greek (Zorba o grego, 1964), Iphigenia (Ifixenia, 1976) e Sweet Country (Doce país, 1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor, director e autor teatral. Coñecido artisticamente como Quico Cadaval, foi o impulsor do movemento de contacontos xurdido en Galicia a mediados da década dos noventa. Comezou a súa andaina no teatro da man do Pequeno Obradoiro, para participar posteriormente en montaxes de O Moucho Clerc (Da Vinci levaba razón, de Roland Topor no ano 1987) e do Centro Dramático Galego (Agasallo de sombras, de R. Vidal Bolaño en 1984). Como director puxo en escena: Días sen gloria, de Vidal Bolaño para Teatro do Aquí (1993), Squash, de Ernesto Caballero (1995) ou A voda dos moinantes, de Synge (1996) para a Compañía de María, Como en Irlanda, espectáculo baseado en dous textos de Synge e Antón Villar Ponte para o Centro Dramático Galego (1996) ou Un lunar vermello (con pintiñas azuis), de Pilar Pereira para a Compañía de Pilar Pereira. Tamén é importante o seu papel de adaptador teatral, destacando a versión Memoria...
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da illa de Mindanao, Filipinas (428.314 h [1995]). É un importante centro de explotacións auríferas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome comercial da Caixa d’Estalvis de Catalunya.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade financeira constituída en Barcelona en 1926. Aínda que o seu ámbito de actuación inicial era provincial, en 1936 aumentou a súa xurisdición a toda Catalunya. En 1999 era a sexta entidade financeira española por volume de activos. Promove unha importante obra social.
-
MUNICIPIOS
Municipio da comarca do Bierzo, adscrito á provincia de León, e polo tanto á Comunidade Autónoma de Castela e León (3.226 h [1996]). Está situado na marxe dereita do río Sil. Dista só 6 km de Ponferrada, polo que se atopa inmerso na súa área urbana. A base da súa economía é, dunha banda, o sector agropecuario, especialmente os cultivos hortícolas, os cereais, a viña e a gandería, e doutra, a industria do vidro.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado ao pé de Sierra Morena, no val de Andarax (1.783 h [1996]). A economía é principalmente agrícola e destaca a produción de uva. Tamén se produce aceite, cereais e esparto. A gandería redúcese a unhas poucas cabezas de vacún e porcino. As fábricas de xabón e augardante constitúen os principais sectores industriais. Existen pequenos xacementos de chumbo e calamina. Na cova de Nieles atópanse inscricións e restos de obxectos antigos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Política estadounidense. Casou en 1902 con Taddeus H. Caraway, congresista e senador por Arkansas. Cando este morreu, en novembro de 1931, foi designada para substituílo no Senado e converteuse na segunda muller senadora dos EE UU. En xaneiro de 1932 gañou a votación convocada ao efecto e, posteriormente, foi reelixida nas eleccións dese ano e nas de 1934. Abandonou o cargo en 1945. Foi a primeira muller en presidir unha sesión e en dirixir un comité do Senado.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor, político e sindicalista. Participou na vida política da cidade da Coruña dende os dezaoito anos, ao tempo que remataba os seus estudios de mestre. Exerceu como profesor de dereito mercantil. En 1935 creou a Unión de Estudiantes Antifascistas para facer fronte ás actividades falanxistas na Escola de Comercio. Máis tarde, asesorou á UGT local en diversos conflitos e mesmo chegou a asumir a secretaría da FETE-UGT da Coruña. En 1935 ingresou no Partido de Unificación Marxista (POUM) e nos últimos días da República acompañou a Joaquín Maurín na súa xira por Galicia, interrompida polo levantamento militar de 1936.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, drenado polo río Piedras (11.435 h [1996]). A súa economía baséase principalmente na produción agrícola e pesqueira. Existen pequenas plantacións de cereais, viña, oliveiras e árbores froiteiras. A industria está relacionada coa conserva do peixe e con pequenas canteiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores caducifolias da familia das xuglandáceas, de cortiza gris e lisa, follas imparipinnadas e flores masculinas en candeas e femininas terminais. O seu froito é lobulado, semellante a unha noz pero coa cuberta carnosa e gris que se abre en catro valvas. Orixinarias de América do Norte e México, destacan pola súa madeira. Os froitos dalgunhas especies son comestibles e proporcionan aceite.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela do escritor de orixe galega aínda que nacido en Madrid, Alejandro Pérez Lugín. Publicada no 1915, tivo ao redor de duascentas edicións e foi levada en cinco ocasións ao cine. Novela de carácter romántico, moral e costumista, narra a vida extracolexial dun grupo de mozos, estudiantes universitarios en Santiago de Compostela. Á hora de elaborar a novela o seu autor botou man de moitos elementos autobiográficos: o protagonista, Gerardo Roquer, é madrileño e estudante de dereito, como no seu momento o fora o autor; a protagonista, Carmiña, apelídase de Castro Retén (o primeiro apelido coincide co primeiro da familia do autor e o segundo, co pazo que pertencía á súa familia, o Arretén); as rúas que percorren os protagonistas son as compostelás; a casa onde estaba a pensión na que se hospedan os “troyanos”, está tamén en Santiago de Compostela; e os mozos protagonistas recoñécense como personaxes da Galicia dos anos vinte, compañeiros moitos deles de estudios e andainas do propio autor....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adaptación cinematográfica da obra de Alejandro Pérez Lugín publicada en 1915, que contou coa colaboración de Manuel Noriega para o guión e a dirección, e con J. Gaspar, A. Macasoli e A. Arroyo para a fotografía. Desenvolve as aventuras de Gerardo Roquer, o rapaz protagonista a quen o seu pai enviou a estudar a Santiago para afastalo das tentacións de Madrid, e dos seus amigos e compañeiros de pensión. Posteriormente se realizaron novas adaptacións: a segunda delas, sonora, foi dirixida en 1936 por Juan Vila Vilamala e Adolfo Aznar. En 1930, a novela deu pé á rodaxe da película norteamericana In Gay Madrid (No alegre Madrid), dirixida por Z. Leonard e protagonizada por Ramón Novarro e Dorothy Jordan, que traslada a acción á capital. Dezasete anos despois, unha coprodución hispano-mexicana reconstruíu as rúas compostelás nos estudios, baixo a dirección de Carlos Orellana. En 1959, Rafael Gil realizou unha nova produción española, a primeira en cor, protagonizada por Arturo Fernández...
-
GALICIA
Impresor. Foi o encargado da Imprenta Católica ata o ano 1888, data na que se estableceu pola súa conta. En 1894 comprou a imprenta que fora propiedade de Soto Freire. Ocupouse da edición dos xornais A Monteira, La Idea Moderna, El Sui Generis, O Labrego e El Heraldo de Lugo. Editou libros relixiosos como Synodus Diocesana Lucensis (1891), Breve y compendiosa reseña del Santuario de Las Ermitas (1893), La Historia del Seminario de Lugo (1894), La crónica del II Congreso eucarístico español celebrado en Lugo (1896); obras literarias como No fiandón (1889), Brisas Gallegas (1890), Fugitivas (1891), Átomos (1892), Balsamiñas con unhas palabriñas del laureado poeta mindoniense A. Noriega Varela (1899); e obras de carácter político, como o Discurso pronunciado por Alfredo Brañas en Marzo de 1890 nun banquete rexionalista, traducido ao galego, e El regionalismo y la unidad nacional (1895), de Gayoso Arias. En 1891 reeditou El Quijote e en 1897 e 1899 varios textos do Padre Feijoo.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión da Europa Mediterránea que constitúe o máis setentrional dos denominados Països Catalans (territorios de cultura e fala catalana), dos que é o núcleo orixinario e a parte máis extensa. Administrativamente, divídese entre a República Francesa e o Reino de España, de acordo co Tratado dos Pireneos (1659) que estableceu no eixe axial desta cordilleira de pregamento alpino o límite entre ambas as dúas coroas. Dese xeito, as comarcas setentrionais, o Roselló, o Conflent e a Alta Cerdanya, quedaron baixo soberanía francesa e o proceso de afrancesamento iniciouse inmediatamente baixo o reinado de Luís XIV. Despois da Revolución Francesa, o goberno da Primeira República (1792-1804) incluíu o territorio no departamento dos Pyrénées-Orientales. Trala reestruturación levada a cabo en 1982 (na Quinta República), o departamento incluíuse na rexión de Planificación do Languedoc-Roselló. Pola súa parte, o territorio que quedou baixo soberanía española perdeu os seus dereitos forais trala...
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Comunidade autónoma de España, no extremo NL da Península Ibérica (32.113 km2; 6.090.040 h [1996]). Situada á beira do Mar Mediterráneo, que a baña polo L, esténdese entre a cordilleira dos Pireneos, ao N, e o Sistema Ibérico, ao S. Limita ao O con Aragón, ao S coa Comunitat Valenciana e ao N con Andorra e Francia. Integrada polas provincias de Barcelona, Girona, Lleida e Tarragona, a súa capital é Barcelona.
Xeografía físicaRelevo e xeoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
Distínguense tres grandes unidades morfoestruturais: dúas montañosas, os Pireneos e as Cadeas Costeiras Catalanas, que enmarcan unha chaira interior, a Depresión Central Catalana. Os Pireneos, ao N, son unha cordilleira alpina orientada de O a L, moi afectada pola erosión glacial. Acada a súa máxima altitude e largura, e cara ao L descende e se estreita ata chegar ao mar. Un conxunto de serras subsidiarias, o Prepireneo, érguense paralelas ao eixo da cordilleira descendendo cara ao S. As... -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas epifíticas da familia das orquidáceas, de follas coriáceas, longas e estreitas que nacen duns pseudobulbos cilíndricos. As súas flores son grandes e teñen os sépalos similares e os pétalos laterais ovados e ondulados, cun labelo de tres lóbulos (o central estendido e os laterais formando un tubo), de cor xeralmente branca, rosa ou vermella en inflorescencias terminais. Coñécense unhas 50 especies distribuídas polos bosques tropicais americanos. Empréganse en floricultura pola facilidade de cultivo e pola obtención de híbridos entre especies ou con outros xéneros de orquídeas. As especies máis comúns son: C. labiata, de flores de cor rosada cun labelo longo en forma de trompa que se cultiva en invernadeiros sobre cortizas de piñeiro; C. bicolor de labelo e sépalos petaloides de diferente cor, combinando a vermella ou rosa coa amarela ou alaranxada; e C. gullata, de ata 1 m de altura, de grandes sépalos de cor ocre e labelo pequeno.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico francés. Exerceu como avogado e xornalista antes de se introducir no mundo do cine, no que comezou como guionista. Destacou polas súas películas xudiciais, entre outras: Justice est faite (A xustiza está feita, 1950), Nous sommes tous des assassins (Nós somos todos uns asasinos, 1951), Oeil pour oeil (Ollo por ollo, 1956) e La raison d’ État (A razón do Estado, 1978). Dirixiu tamén: Les amants de Verone (Os amantes de Verona, 1948), Avant le Déluge (Antes do Diluvio, 1953) e L’amour en question (O amor en cuestión, 1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Guanajuato, México, drenada polo río Laja (214.856 h [1990]). Situada nunha gran chaira, o seu clima é temperado. A base da súa economía é a agricultura, onde a viña é o principal cultivo. Foi fundada en 1570 por familias biscaíñas. Entre os seus monumentos destaca a igrexa de Nuestra Señora del Carmen.
VER O DETALLE DO TERMO