"endo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 257.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Simbiose celular que implica a asociación física de organismos de diferentes especies. A teoría da endosimbiose propón que as células eucariotas derivaron de comunidades bacterianas altamente integradas nas que dous ou máis tipos de simbiontes coevolucionaron co tempo e se integraron nun só organismo, coa capacidade de adquirir máis simbiontes. Algúns organismos fagocitaron bacterias para a súa alimentación, pero estas bacterias sobreviviron á hidrólise e comezaron a producir ou a aproveitar substancias intracelulares, feito que puido ser beneficioso ou mortal para a célula hospedeira. Logo conxugáronse diferentes xenomas e producíronse transferencias de xenes. Deste xeito, os orgánulos das células eucariotas -undulipodios, mitocondrias e plástidos- orixináronse de simbiontes bacterianos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato empregado para medir a endosmose.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Circulación da auga que se dirixe cara ao interior dun compartimento que contén unha solución acuosa máis concentrada, a través dunha parede semipermeable, por efecto da ósmose.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á endosmose.
-
-
Acción de endosar unha letra de cambio ou outro documento de crédito.
-
Cláusula accesoria e inseparable, escrita ao dorso dun título de crédito á orde, pola que o portador do título ordena ao debedor do crédito incorporado ao documento que verifique o seu pagamento á persoa que a claúsula designe ou a quen o designado ordene. Normalmente, transmite a propiedade e lexitima ao adquirente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
esícula que contén material extracelular, formada pola invaxinación da membrana plasmática como consecuencia dun proceso de endocitose. Dentro do endosoma prodúcese a separación do ligando e do receptor; o primeiro fusiónase cun lisosoma para ser dixerido polos seus enzimas e o segundo volve á membrana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tecido de reserva das sementes. O endosperma primario, propio das ximnospermas, non ten ningún significado sexual, é haploide e correspóndese coa xeración gametofítica. O endosperma secundario, propio das anxiospermas, é triploide e fórmase a partir da unión do núcleo secundario do saco embrionario co núcleo espermático do tubo polínico. É dixerido polo embrión antes ou durante a xerminación.
-
-
Espora que se forma no interior dunha célula ou dun esporanxio.
-
Espora perdurable, propia de certos grupos de bacterias, moitas delas adaptadas á vida terrestre. É unha forma de abiose neoformada intracelularmente a expensas de materias extracelulares. As endósporas son formas de resistencia que derivan de situacións medioambientais adversas, como a desecación ou as altas temperaturas, e que, cando as condicións se volven favorables, retornan á forma vexetativa.
-
-
-
Membrana celulósica e fina da espora dos pteridófitos situada por debaixo da membrana externa.
-
Lámina máis interna das tres que forman a membrana dos cigotos de certas algas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fisura ciliada e estreita situada no centro da parede ventral da farinxe dos cefalocordados, dos urocorados e das larvas das lampreas. Esténdese dende a cavidade bucal ata o esófago e contén glándulas secretoras de moco, que permite capturar as partículas alimentarias da auga e facelas progresar, mediante o batido dos cilios, cara ao esófago, facilitando deste xeito a nutrición micrófaga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capa interna dos esporanxios das plantas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capa delgada de células aplanadas, poligonais e dispostas en mosaico que tapizan a cara interna dos vasos sanguíneos e linfáticos, das membranas serosas e das cavidades sinoviais. Algunhas destas células están especialmente adaptadas para a fagocitose. A súa orixe é endodérmica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexión situada no límite entre a área opaca e a área pelúcida da blástula secundaria das aves. Deste territorio deriva o endotelio dos vasos sanguíneos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estratexia fisiolóxica de certos organismos para manter a súa temperatura corporal dentro duns límites, independentemente da temperatura ambiental, mediante a produción e disipación de calor metabólica.
-
-
Que absorbe calor.
-
Substancia que se obtén por reacción endotérmica e que libera calor ao descompoñerse.
-
Conxunto de cambios físico-químicos que sofre unha substancia nos que esta absorbe calor, que se almacena en forma de enerxía interna.
-
Reacción química que ten lugar con absorción de calor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao organismo que controla, mediante mecanismos fisiolóxicos, a temperatura interna do seu corpo de xeito que a mantén dentro de certos límites independentemente do ambiente. As aves e os mamíferos son exemplos de organismos endotermos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Toxina presente nas paredes bacterianas que se libera durante a lise ou en determinados períodos de crecemento. As endotoxinas son polisacáridos resistentes á calor, ao alcohol e aos ácidos diluentes. De acción emetizante e piroxénica, debilitan as defensas, especialmente as fagocitarias, provocando alteracións nos sistemas cardiovascular, gastrointestinal, inmune e nervioso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao cefalodio formado no interior do talo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Enobólico Deus prerromano dos bosques, protector da saúde. Recóllese en numerosas inscricións da Lusitania. No período romano identificouse con Esculapio. Acostuma aparecer representado por un porco bravo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao interior da vea.