"xia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 855.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio da influencia do clima sobre a distribución e abundancia dos seres vivos, que avalía a intensidade e calidade da radiación, o fotoperíodo, os umbrais térmicos, a resistencia ás xeadas, a humidade atmosférica, a resistencia á desecación, o transporte e espallamento das diásporas, etc. O estudo dos procesos naturais que integran o efecto de varios elementos climáticos sobre os organismos é outro aspecto crucial da bioclimatoloxía. Así, os estudios sobre balances térmicos presentan aspectos aplicados de grande interese para a actividade humana. Os balances hídricos, entre a auga recibida por precipitación e a perda por evapotranspiración, son esenciais para estimar a disponibilidade hídrica e a resistencia á secura dos ecosistemas naturais, as necesidades de rego dos cultivos, os réximes hidrolóxicos, etc. Os balances de erosión, hídrica e eólica, son ferramentas básicas para a conservación dos ecosistemas. Os balances orgánicos, sobre todo os da produción primaria, son un dos aspectos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo proposto por F. E. Clements e V. E. Shelford para designar de xeito unitario, aínda que tamén redundante, a ecoloxía animal e a ecoloxía vexetal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disciplina científica que ten por obxecto o estudo dos seres vivos que habitan o dominio subterráneo. O termo foi creado no 1904 por A. Viré. Non obstante , naceu como especialidade científica no 1831 coa primeira descrición dun ser vivo cavernícola, o coleóptero Leptodirus hohenwarti procedente da cova de Adelsberg (Carniola), realizada polo conde Franz von Hohenwart. A partir de 1857 proliferaron os traballos dedicados ao estudo dos cavernícolas por parte de gran número de naturalistas, primeiro en Francia, logo noutros países europeos e nos EE UU.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio da evolución dos medicamentos no corpo humano.
-
-
Ciencia que estudia os seres vivos e os procesos vitais. O termo foi introducido no 1802 simultaneamente por Lamarck e por Gottfried Reinhold Treviranus. Ao longo da historia da Bioloxía, esta palabra formou parte case sempre do concepto de vida, e a miúdo foi acompañada da admisión dun principio inmaterial en maior ou menor grao e, por tanto, máis aló da comprobación científica, principio que se deu en chamar alma, principio vital, impulso vital, etc. Só coa formulación das teorías evolutivas acadouse unha concepción científica coherente dos fenómenos biolóxicos, na que os sistemas vivos son o resultado da información integrada na serie de círculos cibernéticos que constitúen as sucesivas xeracións. Particularmente, os postulados primeiros de Charles Darwin e despois as descubertas da xenética moderna permitiron esta formulación. A Bioloxía comezou por unha fase de descrición de organismos, e a Física e a Química precederon á Bioloxía no seu progreso, dotándoa dunha base na que fundamentar...
-
Forma de vida dun organismo ou ser vivo.
-
antropoloxía criminal.
-
exobioloxía.
-
Parte da Bioquímica que ten por obxecto a explicación dos fenómenos biolóxicos por medio do estudo das biomoléculas. Así, estudia a estrutura e a función das proteínas como soporte material das funcións biolóxicas; a estrutura e a función dos ácidos nucleicos en relación co almacenamento, utilización e transmisión da información xenética (Xenética Molecular); as bases moleculares e os mecanismos de control e regulación dos procesos biolóxicos; e a evolución molecular. Os primeiros traballos salientables dentro desta disciplina remóntanse á década de 1940, cando O. T. Avery, C. MacLeod e M. McCarthy demostraron que o axente causal da transformación infecciosa dunha cepa bacteriana é o ADN. Non obstante , o inicio oficial considérase que foi no 1953, cando J. D. Watson e F. H. Crick descubriron a estrutura do ADN. Esta descuberta, ademais de ser un feito histórico, suxeriu os mecanismos tanto da replicación como da utilización (transcrición) da información contida no material xenético. Os...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de técnicas empregadas para o enriquecemento de certos minerais, como o cobre ou o uranio, mediante procesos microbiolóxicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da meteoroloxía que estudia a relación entre as condicións meteorolóxicas e o desenvolvemento dos seres vivos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplicación da reoloxía ao movemento dos fluídos dos seres vivos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio dos biorritmos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de técnicas que aproveitan as transformacións bioquímicas producidas pola actividade metabólica de determinados microorganismos en estado natural ou modificados mediante a Enxeñería Xenética. Ten como finalidade mellorar o rendemento de certos procesos de transformación ou crear substancias novas por medio da biosíntese específica. Aplícase na agroindustria (á que proporcionou un conxunto de procedementos que aumentaron a calidade dos alimentos e o rendemento das colleitas), industria química (obtención de bioalcohol, biogás, disolventes, ácidos orgánicos, etc), produción e tratamento de alimentos (estudio de novos procesos de fermentación, obtención de pensos, de fontes proteicas novas, etc), salubridade ambiental (depuración de efluentes e residuos industriais e domésticos), industria mineira (extracción de metais) e farmacoloxía (obtención de medicinas en grandes cantidades, como a insulina, o interferón, vacinas, anticorpos monoclonais, sistemas de diagnose, etc).
-
-
Estudio das correlacións existentes entre a estrutura corporal dos individuos e as súas características psicolóxicas e patolóxicas, co fin de agrupalos segundo uns patróns básicos ou biotipos. Elaboráronse moitas biotipoloxías desde as tentativas iniciais de Hipócrates, pero a máis coñecida é a do alemán Ernst Kretschmer, que describiu os tipos leptosomático (ou asténico), pícnico e atlético e que engloba os que non se inclúen nesta clasificación baixo o nome de displásicos. Os tipos leptosomático e pícnico corresponderíanse cos psicotipos esquizotímico e ciclotímico, respectivamente. Os demais non presentan unha correspondencia tan clara. Outra biotipoloxía, utilizada nos países anglosaxóns, é a de William H. Sheldon, que distribúe os suxeitos nos grupos endomorfo, mesomorfo e ectomorfo, segundo a folla blastodérmica que predomine.
-
Sistema de clasificación biotipolóxica.
-
-
GALICIA
Actriz e profesora. Licenciada en Xeografía e Historia, dá clases de Humanística no Instituto Politécnico de Pontevedra. Dende 1970 interveu en diversas montaxes de grupos de teatro afeccionado de Santiago de Compostela. En 1984 codirixiu con Daniel Domínguez a curtametraxe O segredo; tamén realizou varios traballos sobre plástica contemporánea en soporte vídeo. En 1989 debutou como actriz cinematográfica dando vida a Xonxa, a protagonista da primeira longametraxe do director Chano Piñeiro, Sempre Xonxa. Nos últimos anos compaxinou a súa faceta de actriz coa de presentadora de programas na TVG, como DeZine, espazo dedicado a analizar as últimas producións cinematográficas. Entre a súa filmografía destacan: Huídos (1992), Hermana pero qué has hecho? (1995), A lingua das bolboretas (1999) e Terra do Fogo (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parálise dunha pálpebra.
-
-
Fluído mucoso.
-
Enfermidade infectocontaxiosa provocada pola bacteria Neisseria gonorrhoeae (gonococo), xeralmente transmitida por contacto sexual e localizada no aparato xenital. No home, despois dun período de incubación de 2 a 10 días, preséntase unha uretrite con secrección primeiro serosa e logo mucopurulenta; a micción é dolorosa. O proceso pódese estender á próstata, ás vesículas seminais e ao epidídimo. Na muller a blenorraxia acostuma ser menos aparatosa ca no home e moi a miúdo pasa totalmente inadvertida. Os puntos máis frecuentemente afectados son a uretra e o colo uterino. A uretrite, despois dunha incubación igual ca a do home, maniféstase por disuria, por unha secreción purulenta escasa e case sempre se complica con síntomas de irritación do colo vesical. A localización no colo uterino, a máis típica, dá lugar a unha cervicite que, ao pasar inadvertida, constitúe un importante foco de diseminación da enfermidade. O proceso pódese estender ata a trompa de Falopio e pode provocar...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lentitude anormal na expresión falada non atribuída a un retardo mental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dor neurálxica nun brazo ou nos dous.
-
-
Figura de pensamento por detracción que consiste na supresión de elementos da frase que non están no contexto pero que se poden sobreentender.
-
Emprego dunha expresión abreviada equivalente a outra máis ampla.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia dedicada ao estudo das briófitas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estudia todo o relativo aos alimentos. Trátase dunha disciplina químico-biolóxica, con vertentes tecnolóxicas e sanitarias, aplicada aos alimentos e aos seus ingredientes, que utiliza moitas ciencias fundamentais (bioloxía, bioquímica, física, microbioloxía, química) e participa na problemática da tecnoloxía aplicada (bioenxeñería, enxeñería química, técnica de envasado, etc). Ocúpase do estudo da composición e as propiedades dos alimentos e os seus ingredientes; dos procesos de fabricación e almacenaxe de alimentos; de colaborar coa nutrición no coñecemento da relación das propiedades dos alimentos co seu papel no organismo; de promover normas e disposicións lexislativas que permitan garantir o correcto estado sanitario e a calidade dos alimentos, reprimir os fraudes e contribuír a unha información axeitada ao consumidor en cuestións alimentarias; e dos aspectos económicos e antropolóxicos da produción e o consumo de alimentos. A preocupación do ser humano pola calidade dos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parálise dos músculos das paredes dos bronquios.