"ARE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1669.

      1. Relativo ou pertencente a Nazaret ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Nazaret.

    1. Nome co que tamén se coñece a Xesús de Nazaret. Nas imaxes represéntase con túnica morada e a coroa de espiñas.

      1. Que ou quen entre os hebreos, se consagraba a Iavé mediante un voto, temporal ou para toda a vida. Comprometíase a non tomar bebidas fermentadas, a non cortar o cabelo e a absterse das comidas impuras.

      2. Penitente que vai nas procesións de Semana Santa vestido cunha túnica morada e un carapucho.

      1. Relativo ou pertencente á escola nazarena.

      2. Seguidor da escola nazarena.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Palestina, no Estado de Israel, situado ao SO do lago de Xenesaret (49.800 h [estim 1991]). A tradición situou aquí a Anunciación á Virxe María e a infancia de Xesús, tamén chamado o Nazareno ou de Nazaret.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao néctar.

    2. Que ten ou segrega néctar.

    3. Que ten un sabor similar ao néctar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao tempo en que abundan as neves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Alemparte (Lalín). O seu cumio acada os 642 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Iniciouse con Lucio Costa, a quen sucedeu na dirección da construción do Ministério de Educação de Rio de Janeiro (1937-1945). A súa obra oscilou entre as formulacións funcionalistas e un formulismo a miúdo cargado de símbolos. Juscelino Kubitschek encargoulle un conxunto de edificacións na beira da lagoa da Pampulha (1942) e os edificios representativos e públicos de Brasilia (1956-1961), como o Palácio da Alvorada (1957) e a Catedral Metropolitana (1958). A mediados da década de 1960 exiliouse a causa da súa militancia comunista. Fixo os planos da Universidade de Haifa e traballou tamén en Alxeria e Francia. Cando regresou a Brasil realizou, entre outras obras, o Museo de Arte Contemporânea de Niterói (1991). En 1988 recibiu o Premio Pritzker de Arquitectura e un ano despois o Premio Príncipe de Asturias das Artes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Profesor de dereito en Montpellier e chanceler e gardián do selo real (1300-1313), dirixiu a política antipapista de Filipe IV de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. avenoiteira cinsenta.

    2. avenoiteira papuda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que se presenta nos exsudados resinosos de diversas plantas e que foi illada das follas de Larrea divaricata. Emprégase como antioxidante en graxas e aceites. OBS: Tamén se denomina NDGA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Coñecido como o poeta da montaña, comezou a carreira eclesiástica no seminario da súa vila natal, onde destacou, máis ca polos seus estudos de latín e dos autores clásicos, pola súa habilidade para versificar composicións de carácter humorístico e satírico. Abandonou o seminario e fíxose mestre. Durante esta etapa trabou amizade co médico e poeta M. Leiras Pulpeiro, un dos escritores que máis influíu sobre a súa obra inicial, e comezou a colaborar co periódico local El baluarte de Galicia. Rexente da escola do padroado de Fondós, en Foz, entrou en contacto co agrarismo da man de Antón Villar Ponte e colaborou na publicación satírica Guau... Guau!, para a que escribiu varias poesías de temática cívica. Despois de gañar un certame poético con “De Ruada” (1895), publicou Montañesas (1904), o seu primeiro libro, que constitúe un conxunto de composicións líricas de diálogo coa natureza. Trasladado a Calvos de Randín por mor da súa vinculación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Karel Nový.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de narracións de Miguel de Cervantes. Publicadas en 1613, foron unha auténtica revolución dentro do xénero, xa que era a primeira vez que se utilizaba o relato curto para a elaboración dunha obra. Influenciado pola novella italiana, na obra aparecen unha gran variedade de temas e ambientes, se ben a sátira e o realismo son un fío de unión entre todas as historias. Están compostas por doce relatos, dos que destacan La gitanilla, Rinconete y Cortadillo, El licenciado Vidriera, El coloquio de los perros e La ilustre fregona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista checo. Coñecido como Karel Novák, a súa obra clasifícase dentro do ámbito do realismo socialista. Publicou Železný kruh (O círculo de ferro, 1927-1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Tamaulipas, México (310.915 h [2000]). Situada á dereita do río Bravo, na fronteira con EE UU, forma parte da aglomeración de Laredo (Texas, EE UU).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e historiador. Afiliado ao PSOE, creou a Escola Nova, e en 1921 foi un dos fundadores do Partido Comunista Obrero Español. Da súa produción destaca Notas sobre el movimiento obrero español (1916).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Cronista oficial dos concellos de Betanzos, Miño e Paderne, foi fundador do Museo das Mariñas de Betanzos e director dos grupos Brinco Garelo e Danzas Gremiales de Betanzos. Publicou Betanzos y sus murallas (1966), Desde las nubes de la historia. Cien años de la historia de un monasterio (1967), Las danzas de Betanzos (1979), Betanzos de los Caballeros y sus Mariñas (1984), Miño: apuntes históricos y guía del municipio (1990) e Guía del Camino Inglés a Santiago (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cabaleiro portugués, conde de Barcelos, fillo dun prior da orde do Hospital. Entrou ao servizo da Raíña Leonor Teles de Meneses na corte de Portugal. Nomeado condestable, loitou ás ordes do mestre de Avís, en Atoleiros (1384), Valverde (1385) e Aljubarrota (1385), e en 1415 participou na conquista de Ceuta. En 1397 instaurou en Lisboa a orde dos Carmelitas. Foi beatificado en 1918 e a súa festividade celébrase o 6 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador probablemente galego. Foi membro dunha liñaxe galega que desenvolveu a súa actividade entre 1225 e 1250 en terras portuguesas e que se caracterizou polas excelentes relacións que mantivo cos poderes rexios casteláns. O seu pai, Rodrigo Pais de “Candrei”, foi vasalo na corte do Rei Fernando III, xunto con Rodrigo Gomez de Trastámara. Pertenceu á mesma xeración que Pai Soarez de Taveirós, Martin Soarez, Pero Garcia Burgalês e Johan Nunez Camanêz. Da súa produción, localizada nos cancioneiros da Biblioteca Nacional, da Vaticana e da Ajuda, consérvanse catro cantigas de amor “Ben deviades, mia senhor”, “En gran coita vivo, senhor”, atribuída tamén a Johan de Gaia nos cancioneiros da Vaticana e da Biblioteca Nacional, “En que grave dia, senhor” (fragmento) e “Nostro Senhor! en que vus mereci” (fragmento), que tamén se lle atribúe a Nuno Porco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa estadounidense. Coñecida como Dorothea Lange, formouse con Arnold Genthe (1914) e Clarence White (1917-1918). Entre 1919 e 1940 traballou como fotógrafa independente e estableceu o seu propio estudo en Berkeley. A partir de 1932 retratou as persoas no seu propio contexto social, rexeitando calquera manipulación, o que a levou a traballar para a Farm Security Administration (FSA) fotografando as vítimas da Gran Depresión en EE UU (1935-1942). Fundadora da revista Aperture (1952), colaborou con Life e viaxou polos continentes americano e asiático. Publicou The American Country Women (1967) e Dorothea Lange (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Oaxaca, México, que está situada no amplo val de Oaxaca (472.624 h [2000]). É un mercado agrícola de cereais, cana de azucre e froita. Ten industrias derivadas da agricultura e tamén artesanais, como as de tecidos, de cerámica e de prataría. Orixinariamente Huaxyácac, Pedro de Alvarado deulle o nome de Segura de la Frontera. Despois de que Hernán Cortés a despoboara (1522), os seus veciños ocupárona novamente co nome de Antequera de Oaxaca (1526-1528). Converteuse nun dos principais focos de penetración misioneira en México. En 1872 recibiu o nome actual. Do seu patrimonio cultural destaca o convento de Santo Domingo (s XVII), que posúe no interior da igrexa un dos conxuntos de maior riqueza do Barroco mexicano; a catedral (s XVIII); e as igrexas de San Agustín, la Merced, la Soledad, San Felipe Neri e la Compañía. Nos arredores da cidade hai importantes zonas arqueolóxicas das culturas zapoteca e mixteca, como Monte Albán, Mitla Zaachila e Yagul. O centro histórico...

    VER O DETALLE DO TERMO