"Bra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1231.

  • PERSOEIRO

    Xeólogo alemán. Fixo investigacións sobre mineraloxía e sobre a clasificación das rochas. Postulou a teoría do neptunismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e ecumenista. Presidiu o Secretariado para a Unión dos Cristiáns (1968-1989). Participou no Concilio Vaticano II, no relativo aos temas sobre liberdade relixiosa e relacións coas relixións non cristiás. Consagrado bispo (1964), foi nomeado cardeal por Paulo VI (1969) e arcebispo de Utrecht (1976-1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘pelo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. herba dos cantores.

    2. mostaza negra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de xebrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arredar unha persoa, animal ou cousa doutras coas que está en contacto, especialmente as reses para que cada unha vaia á súa corte ou os cuxos para que non sigan mamando da súa nai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bebida espirituosa duns 40° alcohólicos que consiste nunha augardente de cereais como malta ou millo, con froitos de cimbro macerados e aromatizado con outras herbas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do cantón homónimo, Suíza, situada no extremo SO do lago Léman ou de Xenebra (175.000 h [2001]). O Roine divide a cidade en dúas partes. Á esquerda atópase o outeiro onde está o núcleo antigo, coa catedral como punto máis alto. A cidade conserva unha función administrativa de carácter supranacional, é sede de diversos organismos internacionais como o GATT, a EFTA ou os servizos europeos da ONU. É tamén un núcleo industrial e financeiro. A súa industria está moi diversificada, e destacan os reloxos, a xoiaría, os instrumentos científicos e a maquinaria eléctrica. Foi ocupada e fortificada por César e estivo en poder dos burgundios (s V), os francos (534), de Lotario (843), do Reino de Borgoña (879) e do Imperio Xermánico (1033). A burguesía, enriquecida polo desprazamento das rutas comerciais a causa da Guerra dos Trinta Anos, tratou de apropiarse do goberno municipal e enfrontouse ao bispo e á casa de Savoia, señora da cidade desde 1401. En 1533 expulsouse o bispo e en 1535 adoptouse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CANTÓNS

    Cantón de Suíza (282 km2; 406.700 h [2000]). A súa capital é Xenebra. Incluído no extremo occidental do lago Léman, forma como un estreitamento que se estende ata Francia. É un cantón moi poboado cunha maioría de poboación urbana de lingua francesa. Ten cultivos de cereais e viñas e críase gando bovino. A actividade industrial concéntrase na capital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunión internacional realizada en Xenebra do 26 de abril ao 21 de xullo de 1954 para tratar os problemas de Extremo Oriente. Non se tomou ningunha resolución respecto á unificación de Corea e, en canto a Vietnam decidiuse a división provisional en dúas zonas e a celebración de eleccións ao cabo de dous anos co obxectivo de reunificar o país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordos internacionais asinados en Xenebra co fin de establecer uns criterios de protección para as vítimas de guerra. A primeira convención (1864) acordou a protección en tempos de guerra dos soldados enfermos e feridos. A segunda (1906) ampliou os acordos anteriores aos combates navais. A terceira (1929) elaborou un estatuto relativo ao tratamento aos prisioneiros de guerra. A última (1949) acordou a protección xurídica á poboación civil. Estes acordos sempre estiveron vinculados á Cruz Vermella Internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espazo natural que se sitúa entre as concas dos ríos Ulla e Umia, nos concellos da Estrada, Forcarei e Silleda, a 639 m de altitude media e cunha extensión de 1.077 ha. Trátase de pequenas áreas de turbeiras e uceiras acompañadas de reducidas extensións de carballeiras. Na zona viven picas papudas, sisóns e lagartos das silvas. Foi declarado LIC dentro da Rede Natura 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio británico situado no extremo S da Península Ibérica, no estreito do mesmo nome (6 km2; 28.240 h [2001]). Está constituído por un promontorio rochoso (425 m) unido a terra firme por un istmo formado por unha chaira baixa e areosa. A maioría da poboación é de lingua castelá, aínda que o idioma oficial é o inglés. O recurso económico principal procede do porto que é, ademais, unha base militar e unha escala para o comercio e o aprovisionamento de carburante. Foi ocupado polos musulmáns (711), con Ṭ āriq ibn Ziyād á cabeza, e os almohades fortificárono no s XII. Posteriormente pasou a mans de Castela (1309-1333 e desde 1462). A súa defensa, ben armada por Carlos I e Filipe II, foi descoidada polos seus sucesores, o que facilitou que durante a Guerra de Sucesión Española a escuadra anglo-holandesa do almirante G. Rooke o ocupara en nome do arquiduque Carlos de Austria (1704). Desde ese momento o goberno de Londres considerou Xibraltar como un dominio británico,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estreito que separa a costa meridional da Península Ibérica e a costa setentrional africana. Ten uns 14 km de anchura mínima e comunica o Océano Atlántico co Mar Mediterráneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Xibraltar ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Xibraltar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Cadós ao seu paso pola parroquia homónima (Bande). Trátase dunha ponte de cantaría e cachotaría dos ss XVIII e XIX con dous arcos apuntados. Atópase no camiño de Nigueroá e Xordos a Lobeira e Baños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e escritor. Realizou debuxos e paisaxes e os carteis promocionais dos Camiños de Santiago do Ano Santo Compostelán de 1993 e 1999. Cronista oficial de Monterroso, escribiu Os Xeitos Doxe (1977), Monterroso, pasado y presente (1987) e Pazos y señoríos da provincia de Lugo (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO