"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • Francesco Bussone.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta canadense de lingua inglesa. De tendencia posromántica, escribiu entre outras obras: Ballads of Lost-Heaven (Baladas do paraíso perdido, 1897), Songs from Vagabondia (Cancións de Vagabondia, 1894), Ballads and Lyrics (Baladas e poemas, 1902) e Poems (Poemas, 1904 e 1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canto revolucionario francés, composto e difundido en París a partir de 1792. O nome provén dun tipo de chaqueta típica de Carmagnola (Piemonte), levada a París polos revolucionarios marselleses e adoptada polos xacobinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cármatas.

    2. Persoa que pertence á seita dos cármatas.

    3. Secta islámica xiíta derivada dunha rama do ismaelismo, orixinada en Iraq cara ao 890. O nome provén do seu líder Hamdān Qarmat, que predicaba un igualitarismo de tipo comunal cunha mellora nas condicións de vida dos traballadores. Politicamente representaba a recuperación das aspiracións lexitimistas dos descendentes de Alí, xa que acollían os inimigos do réxime abbásida. No ano 930 apoderáronse da pedra negra da Meca e ocultárona durante máis de vinte anos. Esta seita influíu nos movementos ismaelitas posteriores, especialmente nos fatimitas do norte de África. Os cármatas fundaron diversas bases no Iemen, Siria e Bahrain.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome feminino de orixe toponímica. Provén do nome dun monte situado entre a fronteira de Galilea e Samaría (denominado Carmelus, en latín, Kármelos, en grego, e Karmel, en hebreo), correspondente á voz común karmel ‘xardín’, pola abundancia de flores que medraban nas súas abas. A forma feminina presenta a variante Carmela e os hipocorísticos Carmiña, Carmucha, Mucha, Muchiña, Lucha, Carmuca, Menchu, Arocha, Curucha, Mima e Mela. A orde dos carmelitas popularizou a Virxe do Carme ou do Carmelo xa desde a época medieval. A tradición carmelitana interpreta a visión do profeta Elías (unha nube branca que emerxe do mar ao pé do monte Carmelo) como unha promesa da Purísima Concepción de María, visión na que cómpre ver a orixe do seu padroado. A devoción pola Virxe do Carme foi introducida en Compostela no s XVIII. Tradicionalmente, tense invocado para...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Mondoñedo. baixo a advocación de Nosa señora do carme.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que carmea.

    2. Instrumento para carmear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desenredar e quitarlle os nós no cabelo ou nalgunha fibra téxtil como a la, o liño ou a seda denantes de seren cardados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á orde dos carmelitas.

      1. Membro da orde do Carme.

      2. Orde mendicante que tivo a súa orixe nun grupo de eremitas -cruzados e peregrinos- establecidos a mediados do s XII no monte Carmelo. A regra da orde foi redactada no ano 1209 por Alberto Avogadro, patriarca latino de Xerusalén, e confirmada por Honorio III en 1226. Os carmelitas erixiron unha capela dedicada á Virxe do Carme no monte Carmelo. Debido á presión islámica, a orde deixou Palestina e estendeuse por Europa desde mediados do s XIII. O xeneral da orde, Simón Stock, conseguiu do Papa Inocencio IV a aceptación da orde dentro dos mendicantes (1245) e a publicación da regra modificada. Tamén difundiu o culto a María e a devoción ao escapulario que, segundo o relato da visión que el tivera, a propia Virxe lle entregara. No 1432 Uxío IV, ante o relaxamento xeral, aprobou unha regra menos austera; pouco tempo despois comezou a dualidade entre os conventos de estrita observación e os conventuais ou mitigantes. A reforma máis importante foi a de santa Teresa de Xesús, que deu lugar á división...

      3. carmelitas da caridade

        Congregación relixiosa feminina dedicada á beneficencia (especialmente hospitais e asilos) e ao ensino, fundada en Vic en 1826 por santa Xoaquina de Vedruna e polo capuchino Esteve d’Olot. Contaron co apoio do bispo Corcuera de Vic e a colaboración de Antoni Maria Claret e de Llucià Casadevall na elaboración das constitucións. A congregación aprobouse canonicamente en 1870. Actualmente, está estendida por todo o mundo. En Galicia establecéronse na Guarda, Galegos (concello de Navia de Suarna), Vigo e Ourense, localidades onde desenvolven labores docentes en catro colexios dos que son titulares (dous en Vigo e un en Ourense e A Guarda), ademais de colaborar no programa Preescolar na casa, na comarca dos Ancares.

      4. carmelitas descalzos/reformados

        Rama da orde carmelita xurdida a partir da reforma levada a cabo por santa Teresa de Xesús e san Xoán da Cruz a partir de 1562, tanto nos conventos masculinos coma nos femininos. A pesar da dura oposición de amplos sectores, os conventos reformados constituíron unha provincia separada en 1580 protexidos por Filipe II; en 1593 aprobouse a súa independencia total. A orde dividiuse de seguida en dúas congregacións: a de España, ou de San Xosé, e a de Italia, ou de Santo Elías, que se reunificaron en 1875.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á orde carmelita e aos relixiosos que a integran.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTAÑA

    Montaña de Israel, no mekhosot de Haifa, xunto á cidade de Haifa (650 m), rodeado pola baía do mesmo nome, no Mediterráneo, e regada polo río Émeq. Neste lugar localízanse numerosas covas con restos da época Paleolítica; ademais, a cova Maghārat al Skhūl proporcionou, dentro dun nivel musteriense, importantes restos antropolóxicos (esqueletos do monte Carmelo) que reúnen trazos anatómicos tanto do Homo sapiens neandertalensis como do Homo sapiens sapiens. Desde moi antigo foi sede do culto a Baal e tamén foi o escenario da discusión entre Elías e os sacerdotes de Baal narrada no Libro dos Reis, da Biblia. No s XII orixinouse alí a orde dos carmelitas, que conservou o nome do seu lugar de orixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela de Prosper Mérimée publicada inicialmente na Revue des deux mondes, en 1845, e con formato de libro, en 1847, co engadido dun capítulo final de carácter erudito e ensaístico. Narra a degradación progresiva do protagonista, don José Navarro, nos seus intentos de acadar e manter o amor da xitana Carmen. Os trazos que definen a trama están bosquexados nunha obra anterior do mesmo Mérimée, as Lettres adressées d’Espagne (Cartas enviadas desde España, 1831). A novela articúlase a partir da narración dun arqueólogo que, na busca dun lugar histórico en Andalucía, decide protexer un bandido que se fugara. Meses despois volve atopar o bandoleiro na véspera da súa execución e asiste ao relato da súa vida. Don José Navarro fora degradado do seu cargo de brigadier no exército e castigado tras deixar escapar por amor a Carmen. A súa degradación continúa cando mata por celos a un lugartenente co que a sorprende, feito que o obriga a desertar e a comezar unha vida errante na que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica realizada por Carlos Saura en 1983, baseada na novela homónima de Prosper Mérimée. Protagonizada por Antonio Gades, Laura del Sol, Paco de Lucía e Cristina Hoyos, trátase dun musical que destaca polos bailes que aparecen ao longo do filme. Forma parte dunha triloxía musical que se completa con Bodas de sangre (1981) e El amor brujo (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Isabel de Wied.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade latina oriúnda de Arcadia, que, segundo as fontes, recibía os nomes de Nicóstrata, Temis ou Timandra. En Roma foi coñecida como Carmenta, nome derivado do latín carmen ‘canto, poema’, debido a que posuía o don da profecía e da adiviñación. Dependendo da tradición identifícase como nai ou muller de Evandro, que chegou a Roma na súa compaña logo de ser este desterrado da súa patria. As súas festas, chamadas Carmentais (Carmentalia), celebrábanse en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á cor vermella escura, tirando a violeta, e ás cousas que presentan esta cor.

    2. Tea de seda tinguida desta cor.

    3. Pigmento de cor situado aproximadamente nunha lonxitude de onda de 7.200-7.500 Å no espectro das radiacións electromagnéticas. Correspóndese cun vermello vivo, de ton escuro e matiz azulado. A materia pigmentaria extráese dun insecto chamado quermes e produce unhas pastas pitóricas de consistencia líquida, de escaso poder cobertor e de pouca solidez baixo a acción da luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, pianista e cantante norteamericano. Coñecido como Hoagy Carmichael, colaborou con diversos músicos de jazz para os que compuxo cancións como Riverboat Shuffle (Barcaza de arrastre), Stardust (Encanto) ou Georgia on my Mind (Georgia na miña memoria).

    VER O DETALLE DO TERMO