"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Douglas Elton Ullman.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave de ata 88 cm de lonxitude, de cola longa e apuntada, con 87 cm de envergadura e preto de 2 kg de peso. Os machos, máis grandes ca as femias, presentan cores moi vivas, con tons azulados, violáceos e verdes, a cabeza e o pescozo negros, e o peteiro de cor branca. As femias son de cor acastañada clara e os ollos teñen circundados de vermello. Aliméntanse principalmente de sementes, follas e invertebrados. Habitan preferentemente pasteiros e cultivos con abundantes sebes. Son aves terrestres e corredoras que aniñan no chan pero descansan, as máis das veces formando grupos nas árbores. Durante o período de reprodución o macho defende un territorio onde hai varias femias. Orixinarias de Oriente Medio, foron introducidas na Península Ibérica en tempos do Imperio Romano. Existen poboacións illadas en Galicia e noutros puntos do norte que se reforzan periodicamente por reintroducións, debido ao interese cinexético da especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Pequena illa do Mar Cantábrico, na desembocadura do río Bidasoa, entre Hondarribia (Gipuzkoa) e Hendaye (Pyrénées Atlantiques, Francia). Escenario de contactos e transaccións políticas entre as coroas francesa e española, dende 1902 constitúe un condominio de España e Francia, que comparten a súa soberanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que faísca.

    2. Que brilla con moita intensidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos indicadores do grupo que introduciu na análise volumétrica K. Fajans en 1923 para a detección do punto final das volumetrías de precipitación, que se caracterizan polo feito de ter diferente cor cando están libres en solución e cando están adsorbidos sobre a superficie do precipitado formado na volumetría. Estes indicadores son ácidos débiles, como a fluoresceína, a diclorofluoresceína ou a eosina, ou bases débiles, como a rodamina-6-G e a etoxicrosoidina, e pódense empregar soamente nun campo de pH limitado. Tamén se denominan indicadores de adsorción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Foi director do Instituto Físico-Químico de Múnic (1917-1935) e profesor da Universidade de Ann Arbor (1936-1957). Pioneiro nos traballos sobre isótopos e radioactividade, estableceu, de forma simultánea pero independente de F. Soddy, as leis do desprazamento radioactivo, coñecidas como leis de Soddy, identificou o protoactinio (1913) e desenvolveu a teoría cuántica da estrutura electrónica molecular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Regras cualitativas dadas por K. Fajans en 1923 que indican que, nun conxunto de substancias quimicamente semellantes con enlaces fundamentalmente iónicos, o carácter covalente aumenta nos seguintes casos: coa carga dos ións, cando o catión é pequeno e o anión é grande, e cando o catión ten unha configuración electrónica que non é a dun gas nobre. As regras de Fajans derivan da consideración da polarizabilidade e do poder polarizante dos ións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leis de Soddy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador. Fixo dúas expedicións de Cumaná ao río Chuspa (1555-1557) e fundou Rosario e o poboado que posteriormente deu orixe a Caracas (1559).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación política fundada por José Antonio Primo de Rivera, xunto con Ramiro Ledesma Ramos e Julio Ruiz de Alda, nun acto celebrado no Teatro de La Comedia de Madrid o 29 de outubro de 1933. En 1934 tivo lugar a fusión coas Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (JONS), o que deu lugar á FE de las JONS. Adoptaron como simboloxía a bandeira vermella e negra, co xugo e as frechas tradicionais dos Reis Católicos, e a camisa azul. O seu ideario político quedou establecido coa aprobación pola Junta Política -especie de gran consello ao estilo fascista- dos 27 puntos, nos que propugnaban un Estado nacional-sindicalista centralizado, non parlamentario, cunha sólida estrutura militar disposta para lanzar unha ofensiva “imperialista”; e rexeitaban a Constitución republicana, a existencia de partidos, o capitalismo e o marxismo. Posuía unha milicia propia, unha organización estudantil (Sindicato Español Universitario, SEU) e outra sindical (Central Obrera Nacional-Sindicalista, CONS). Trala condena...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico aparecido en Vigo a principios do ano 1987, editado pola Jefatura Territorial de Galicia de Falange Española. Dirixido por Salvador R. Guimare Gutiérrez, incluía, sobre todo, artigos de carácter político. Centrou as súas críticas no goberno socialista, na banda terrorista ETA e no PNV, e nos poderes xudiciais. Engadiu tamén informacións sobre campamentos de verán, crónicas históricas sobre militares franquistas e nazis, e críticas a personaxes como Stalin, ademais de datos sobre diversas homenaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou a quen lle gusta falar cos demais e ten unha conversa moi agradable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao falansterio.

    2. Adepto ás doutrinas de Charles Fourier.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aloxamento colectivo de traballadores concibido por Charles Fourier como un sistema social autónomo, con todos os recursos industriais e alimentarios necesarios para a vida da comunidade.

    2. Aloxamento colectivo para un numeroso grupo de persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen fala.

    2. Armas en que as pezas remiten claramente ao propio apelido do brasonado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe grego, epónimo de Tarento. Liderou a loita dos partenios -fillos dos lacedemonios que foran reducidos á escravitude durante a Guerra de Mesenia- contra os espartanos. Descuberto o seu plan de ataque, fuxiron e, por orde do oráculo de Delfos, fundaron a colonia de Tarento.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Formación de combate da infantería grega constituída en Macedonia por Arquelao e Filipo II, que lle proporcionaron a súa estrutura tradicional con dezaseis ringleiras de homes armados con longas lanzas. Alexandre o Grande fíxoa máis lixeira e móbil e reduciuna a oito ringleiras. O seu carácter compacto fíxoa invencible nas chairas, pero sucumbiu diante da lexión romana en Pidna (168 a C) polo accidentado do terreo.

      2. Calquera corpo de tropas numerosas.

    1. Organización política de carácter autoritario e estrutura paramilitar.

    2. Conxunto de persoas unidas nunha certa orde para acadar un determinado fin.

      1. Cada un dos pequenos ósos alongados que forman o esqueleto dos dedos da man ou do pé.

      2. Óso situado entre o metacarpiano, no caso da man, ou o metatarsiano, no caso do pé, e a falanxina.

    3. Unidade laboral integrada polas familias que habitan un falansterio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terceira e máis pequena das falanxes dos dedos da man ou do pé. Tamén se denomina falanxe terminal, terceira ou distal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segunda falanxe dos dedos da man ou do pé. Localízase entre a primeira falanxe e a falanxeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina ou sistema da Falange Española.

    VER O DETALLE DO TERMO