"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diagrama que indica as reaccións de oxidación-redución dun elemento mediante a representación das especies químicas que forma ao gañar ou perder electróns ou ao combinarse con hidróxeno ou osíxeno. A cada especie correspóndelle un punto de abscisa z (número de oxidación que ten o elemento) e de ordenada -DG°/F=zE (onde DG° é a entalpía libre de formación estándar da especie en medio acuoso, E o potencial normal de redución do par que forma co elemento, e F o faraday). Os diagramas permiten deducir os potenciais redox normais entre as especies representadas e mostran as que son inestables á desproporcionación.
-
PERSOEIRO
Político. Militante do PSUC desde 1963, foi elixido secretario de organización da Confederación Nacional de Catalunya de CC OO e secretario xeral do PSUC (1981). Elixido secretario xeral do PCE en 1998, foi candidato á presidencia do goberno por IU nas eleccións xerais de 2000.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista visual. Participou, entre outras exposicións, en Primeiro Centenario do cómic (Bruxas, 1996), Unha de patos (Pontevedra, 1998), Kalkomanias (Pontevedra, 1998) e Novos Valores (Pontevedra, 1999). No eido das mostras individuais destaca No te importe… (Vigo, 2000). En 1999 recibiu a bolsa de axuda á investigación artística Caixa Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cómic editado en Santiago de Compostela a partir de 1992. Trátase dunha publicación anticlerical que centra os seus artigos na crítica ao Vaticano, á Igrexa e á Biblia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro crada en 2002 en Artes (Ribeira). Naceu coa finalidade de xestionar e organizar as actividades do Museo do Gravado e da Estampa Dixital de Artes. O seu presidente fundador é o promotor do museo, Javier Expósito. Na súa creación participaron, entre outras institucións, a Consellería de Cultura, a Deputación da Coruña, o concello de Ribeira, o Museo del Prado, a Calcografía Nacional e a Universidade de Santiago de Compostela. Entre as súas actividades está a organización de exposicións e outros actos arredor da arte gráfica.
-
PERSOEIRO
Sacerdote, político e historiador. Foi deán da catedral de Córdoba (1804) e reitor da Universidad Nacional de Córdoba (1808). Foi elixido deputado por Córdoba ao Congreso de las Provincias Unidas (1810-1811) e en 1816 ao Congreso de Tucumán. Participou na redacción da Constitución de 1819 e en 1820 foi elixido senador polo cabido de Bos Aires. Dirixiu a Gazeta de Buenos Aires (1810-1811 e 1815) e foi o autor da primeira historia nacional arxentina, Ensayo de la historia civil de Paraguay, Buenos Aires y el Tucumán (1816-1817).
VER O DETALLE DO TERMO -
ARQUIPELAGOS
Arquipélago de Tasmania, situado no extremo oriental do esteiro de Bass (2.072 km2). Está formado por tres illas grandes (Flinders, Cape Barren e Clarke) e numerosas illas pequenas. Foi descuberta polo navegante británico T. Furneaux en 1773.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mineraloxista. As súas investigacións centráronse na xeometría, na petrografía, na mineraloxía e, especialmente, na cristalografía. Nesta última utilizou métodos novos para estudar a estrutura dos cristais, a clasificación dos grupos de simetría espacial e a análise química dos cristais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Premio concedido pola Fundación dos Premios da Crítica Galicia. Ao longo da súa traxectoria foron galardoados Francisco Fernández del Riego (1993), Andrés Torres Queiruga (1994), Xosé Filgueira Valverde (1995), Daniel García Ramos (1996), Isaac Díaz Pardo (1997), Basilio Losada Castro (1998), Milladoiro (1999), Galaxia (2000), Olegario Sotelo Blanco (2001) e Carlos Casares Mouriño (2002).
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida na Coruña o 1 de xaneiro de 1927. Cesou a súa edición o 20 de marzo de 1930 (nº 75). Subtitulouse “Revista quincenal de cuestiones sociales. Órgano de la Federación Católico-Agraria de La Coruña”. Dirixida por Xosé Mª Taboada Lago, nos seus artigos analizábanse temas agrícolas e gandeiros, lexislación e redención de foros. Ao rematar a súa edición foi substituída por Galicia Social Agraria, publicada en Mondoñedo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Ourense entre xaneiro e febreiro de 1980. Foi o voceiro da Confederación Sindical Galega das Sociedades Agrarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual editada en Pontevedra a partir de 1911. Subtitulouse “Órgano de la asociación de peritos agrícolas y agrimensores de Galicia y Asturias”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de J. Poza. Dirixida por Xosé López Otero, incluíu información variada sobre agricultura, fitotecnia, gandería, zootecnia, economía rural, industrias rurais, socialismo agrario e política profesional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual aparecida en Lugo a partir de 1911. Foi o voceiro da Asociación de Peritos Agrícolas y Agrónomos de Galicia y Asturias. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de A. Suárez Sal. Dirixida por Feliciano Canto López, incluíu información sobre agricultura, zootecnia, fisiografía agrícola, agronomía, economía rural, industrias rurais e socialismo agrario.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Vigo a partir do 1 de febreiro de 1895. Subtitulouse “Revista semanal consagrada al estudo y defensa de la agricultura, la industria y el comercio en Galicia”. Dirixiuna Adolfo Lahorra. Tirou do prelo cando menos 12 números. Incluíu información de carácter técnico e económico sobre agricultura, gandería, comercio e industria en Galicia. Atendeu tamén a congresos do sector e inseriu notas bibliográficas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro constituída en Santiago de Compostela e declarada de Interese Galego. Os seus obxectivos son promover, incentivar e executar as accións encamiñadas a potenciar e difundir a galeguidade en calquera parte do mundo, en especial nos lugares onde existan comunidades galegas, e realizar accións tendentes a apoiar galegos e os seus descendentes residentes fóra da Comunidade Autónoma. O seu padroado, baixo a presidencia de honra do presidente da Xunta de Galicia, está presidido polo conselleiro de Emigración e Cooperación Exterior e formada por un representante da consellería de Economía e Facenda, de Sanidade e de Asuntos Sociais e un membro da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas. Ademais forman parte do padroado as persoas e/ou entidades que acheguen unha cantidade igual ou superior a 30.000 euros. Conta tamén cunha Asemblea de Colaboradores formada por aquelas persoas e/ou entidades que acheguen unha cantidade igual ou superior aos 3.000 euros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual editada en Bos Aires a partir de xuño de 1954. Cesou a súa edición en maio de 1959 (nº 37). Dirixida por Luís Seoane, na súa elaboración participaron destacados intelectuais galegos, a maior parte deles exiliados, como D. García Sabell, Ánxel Fole, Xulio Camba, E. Blanco Amor, Florentino Cuevillas, I. Díaz Pardo e R. Otero Pedrayo, entre outros. Trátase dunha das publicacións máis relevantes da prensa galega no exterior na que se incluíron crónicas sobre Galicia, biografías, noticias e reportaxes, xunto cunha sección para textos, poemas e recensións literarias. Atendeu tamén aos autores non galegos que escribiron sobre Galicia e engadiu artigos críticos sobre a realidade teatral e cinematográfica en Arxentina. En moitos dos seus artigos defendeu a República española e o Estatuto de Autonomía de Galicia aprobado en 1936. No apartado gráfico, cómpre subliñar os debuxos de Seoane, Maside, Castelao, Cebreiro, Xohán Ledo, Leopoldo Nóvoa e Curtis, ademais das fotografías de Xosé...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico de tendencia nacionalista editado a partir de 1974. Subtitulouse “Voceiro da Unión do Povo Galego” e estaba dirixido aos emigrantes galegos no exterior. Foi o substituto de Terra e Tempo e Denuncia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa radiofónico que comezou a súa emisión o 10 de outubro de 1954 en LS-10-Radio Libertad, de Bos aires. Deixou de emitirse o 18 de abril de 1971. Dirixido polo propio Luís Seoane, máximo responsable da revista homónima, contaba co apoio de Xosé A. Fernández. No programa tiñan cabida as crónicas de feitos galegos en América e servía de canle de comunicación coa Península para coñecer a realidade que se estaba a desenvolver en Galicia. Para estas audicións, Seoane escribiu máis de 850 crónicas.
-
SEMANARIOS
Semanario editado en La Habana a partir de 1913. Cesou a súa edición probablemente coa chegada do nº 15. Dirixido por Ramiro García, o seu obxectivo era criticar todo aquilo relacionado coa comunidade galega de Cuba, especialmente na sección “Historia cómica de Galicia”. Incluíu ademais poesías en galego e castelán e numerosas fotografías de paisaxes, persoeiros e monumentos de Galicia. Tivo unha tiraxe de 5.000 exemplares.
VER O DETALLE DO TERMO