"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
-
Corrente ideolóxica ou política que pretende defender os intereses do pobo.
-
Primeiro gran movemento político e ideolóxico ruso que se enfrontou co tsarismo. Apareceu no derradeiro cuarto do s XIX, froito da reflexión crítica dalgúns intelectuais, como Aleksandr I. Herzen e Mikhail A. Bakunin, sobre a Rusia feudal e a Europa burguesa. O populismo consideraba que Rusia podía chegar a ser directamente socialista sen ter que pasar pola experiencia capitalista, como en Occidente, xa que os campesiños rusos tiñan un espírito comunitario innato. En 1876 naceu a primeira organización importante do populismo: Zeml’a i Vol’a (Terra e Liberdade), que preconizou a destrución revolucionaria do estado tsarista e a creación dunha federación de comunas libres. En 1879 escindiuse en dúas: a maioritaria Narodnaja Vol’a (A vontade do pobo), terrorista e revolucionaria, e Č’ornyj Peredel (A repartición negra), que continuou a táctica e o programa de Zeml’a i Vol’a. Da primeira xurdiu o Partido Socialrevolucionario Ruso, mentres que a segunda foi o núcleo do Partido Obreiro Socialdemócrata...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corolario ou conxunto de corolarios dunha proposición.
-
-
Palabra ou expresión portuguesa que se introduciu noutra lingua.
-
Movemento cultural favorable á lingua e á cultura portuguesa.
-
Sentimento de amor a todo o relacionado co portugués.
-
-
-
Teoría que se ocupa das posibilidades que o contorno natural, relevo, ríos, mares, vexetación, clima, lle ofrece ao home, e que este, en certa maneira, pode dispor del ao seu servizo. Oponse ao determinismo.
-
Forma de oportunismo político dun partido ou dun particular que, conservando a fe nos propios principios ideolóxicos, está disposto a ceder nalgúns puntos do propio programa e a pactar con outros partidos ou correntes, a cambio de obter obxectivos parciais e inmediatos ou de manterse no poder.
-
-
-
Tendencia a considerar e valorar as cousas polo seu lado práctico e útil.
-
Corrente xurídica que concibe o dereito de maneira que este ten que ser entendido só como un sistema de normas e disposicións, sen que iso signifique que sexan indiferentes ao xurista as motivacións éticas e os xuízos de valor sobre as leis.
-
-
Actitude ou tendencia filosófica que establece os datos dos sentidos como fonte fundamental e practicamente exclusiva de todo coñecemento.
-
positivismo lóxico
Corrente filosófica, orixinada no círculo de Viena, e expoñente máis destacado do neopositivismo. Concedeu especial importancia á comprobación científica e á utilización da lóxica formal para lograr o coñecemento. Recibiu tamén os nomes de empirismo lóxico ou filosofía analítica.
-
Corrente filosófica que xurdiu en Francia e Reino Unido cara á década de 1830, e se difundiu rapidamente a outros países europeos. Constituíu un dos movementos ideolóxicos máis vigorosos de todo o que quedaba do século. Caracterizouse por un decidido empirismo, ao que contribuíu o antimetafisicismo de D. Hume, como o kantismo e o progreso das ciencias naturais e da técnica. Tipicamente representado por A. Comte, iniciador da socioloxía, o positivismo propugnaba a aplicación do método experimental ás ciencias humanas. O positivismo sociolóxico de Comte perdurou na influínte escola sociolóxica francesa á que estaban adscritos L. Lévy-Bruhl e É. Durkheim, mentres que en Reino Unido tivo en J. Mill e J. Stuart Mill como expoñentes destacados. C. Darwin determinou a aparición do denominado positivismo evolucionista, representado por H. Spenser. En canto ao positivismo psicolóxico, foi representado por T. Ribot en Francia e por W. Wundt en Alemaña; neste país o positivismo...
-
-
Actitude ou tendencia teórica na lingüística que considera a linguaxe como un conxunto de elementos directamente analizables, determinados só polas leis que os rexen, independentemente dos suxeitos falantes que os empregan. As correntes lingüísticas positivistas tiveron unha grande importancia a finais do s XIX, coincidindo co apoxeo das ciencias naturais e dos métodos analíticos. Os principais representantes do positivismo lingüístico foron os neogramáticos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento artístico e cultural que seguiu o romanticismo e que conservou algúns dos seus caracteres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de tendencias e estilos individuais xurdidos a partir do impresionismo, ou en reacción contra el, que constituíron a consolidación de novos conceptos de modernidade pictórica na arte francesa do derradeiro cuarto do s XIX. Caracterizouse por un maior protagonismo da cor e por unha tendencia cara á reconstrución da liña e da forma. Tivo unha ampla transcendencia internacional. Destacaron V. van Gogh, Gauguin, Cézanne, Toulouse-Lautrec, Monticelli, o sintetismo e os nabís.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento vangardista de carácter marxinal que deriva do surrealismo e que apareceu por vez primeira no Segundo manifiesto, asinado por Eduardo Chicharro, Carlos Edmundo de Ory e Silvano Sernesi, e editado en 1946 en La Estafeta Literaria. Tentaba superar os límites aos que chegaron o dadaísmo, o surrealismo e o cubismo literario, e prestaban unha especial atención á poesía social. Caracterizouse polo seu interese polo ritmo, a musicalidade e a experimentación coa linguaxe. Destacaron Fernando Arrabal, J. E. Cirlot, Ángel Crespo e Francisco Nieva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento político francés creado por P. M. Poujade. Enraizado na pequena burguesía, xurdiu como resposta ao malestar económico dos últimos anos da IV República.
-
-
Calidade de pragmático.
-
Corrente de pensamento moi estendida no mundo contemporáneo e especialmente desenvolvida como doutrina filosófica nos países anglosaxóns, sobre todo en EE UU. Caracterízase por un claro antiintelectualismo e pola primacía que se lles dá ás consecuencias prácticas no coñecemento e a comprensión das cousas. Como doutrina iniciarona Ch. S. Peirce e W. James, e a colaboración destes con F. C. S. Schiller na revista Leonardo (1903-1907) consolidou o denominado pragmatismo italiano (M. Calderoni, G. Papini e G. Vailatti). O pragmatismo lóxico, o ético e o humanista, como tamén o bioloxismo, o inmanentismo e o ficionalismo, son algúns dos sentidos que o pragmatismo tivo en numerosos pensadores que o seguiron, entre os que destacan J. Dewey, Mead e C. I. Lewis.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina de orixe calvinista segundo a cal o home existía antes de Adán, polo que non o considera o primeiro home.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto dos modos de produción anteriores ao capitalismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exceso de refinamento, especialmente na linguaxe e no estilo. Tivo moito auxe na sociedade e na literatura francesa de mediados do s XVII, e foi satirizado por Molière e Boileau.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento pictórico orixinado en EE UU cara a 1915, e desenvolvido ao longo das décadas de 1920 e 1930. Abordou temas urbanos e industriais, representados de xeito preciso con formas claras e definidas. Interesado polas formas xeométricas, non hai presenza de personaxes humanas nin observación social. Destacaron C. Demuth e G. O’Keeffe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que establece a predeterminación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría embriolóxica proposta por G. di Aromatari e defendida por M. Malpighi, J. Swammerdam, A. van Leeuwenhoek e outros (s XVII), que afirma que os organismos están preformados nas células xerminais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento pictórico formado en Reino Unido en 1848 coa Pre-Raphaelite Brotherhood (Irmandade Prerrafaelista), integrada por W. Holman Hunt, J. E. Millais, D. Gabriele Rossetti, J. Collison, Th. Woolner, F. G. Stephens e W. M. Rossetti. Compartían o desalento ante o que consideraban situación moribunda da pintura italiana e, como os nazarenos alemáns, revalorizaron a pintura italiana anterior a Rafael, a quen consideraban fonte do academicismo. Caracterizáronse por un forte medievalismo literario e cristián e puxeron a súa arte, dun detallismo minucioso, ao servizo dun alto grao de idealismo tanto formal como conceptual. Disolveuse en 1853.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente ideolóxica, artística e literaria que apareceu en Europa durante a segunda metade do s XVIII e na que agromaron as ideas que levaron ao romanticismo. Caracterizouse pola volta ás orixes, sexa aos clásicos, aos nórdicos ou á natureza, e ao sentimento, fronte ás academias e aos racionalismos. Das orixes clásicas grecorromanas partiron os principios da burguesía ascendente; as orixes nórdicas expresáronse na plástica pola volta á arte gótica; e a natureza expresouse plasticamente coa pintura de paisaxes e a moda dos xardíns de estilo inglés. No ámbito literario déronse ademais as características de revolta, desesperación e melancolía, dentro dunhas tendencias formais que se aproximaban a posturas clásicas. Estas actitudes manifestáronse, en Inglaterra e Escocia, na obra de J. Thomson, Young, Richardson, nos pretendidos poemas de Ossián, publicados por Mcpherson, e nos poemas de Th. Gray, W. Collibs, W. Blake e R. Burns. Nos países xermánicos, baixo o influxo dos ingleses, de Diderot...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento xurdido dentro do protestantismo que acentuou a forma de organización eclesiástica desenvolvida por Xoán Calvino e outros reformadores do s XVI, distinta da corrente episcopaliana e do congregacionalismo. De acordo coa doutrina calvinista, a organización eclesiástica ten tres niveis: comunitario ou parroquial, no que a administración está a cargo da xunta de goberno ou consello, encabezada por un pastor e algúns laicos elixidos; sinodal, formado polos pastores dunha mesma rexión e un ancián por cada parroquia; e a asemblea xeral, constituída por igual número de pastores e anciáns que gobernan todas as comunidades presbiterianas. Os actos litúrxicos que se desenvolven son o canto, a lectura e comentario das Sagradas Escrituras, e a pregaria. En 1877 constituíuse a Alianza Presbiteriana Universal que agrupa todas as igrexas presbiterianas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Réxime político fundamental na separación entre o poder executivo e o poder lexislativo en que o presidente da república, elixido directamente polos cidadáns e responsable ante eles da súa xestión, é ao mesmo tempo xefe do estado e xefe do goberno. O exemplo máis claro dun réxime presidencialista é EE UU, e posteriormente estendeuse á maioría dos estados americanos: o presidente, máximo responsable do poder executivo, non é membro de cargo das dúas cámaras lexislativas; o seu mandato, de catro anos, non depende da aprobación do seu programa de goberno nin da forza do seu partido no Congress; os membros do gabinete, escollidos por el, tampouco son membros de cargo das dúas cámaras nin son responsables da súa xestión diante do Congress.