"Fer" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2007.
-
-
Relativo ou pertencente a Ferrol ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Ferrol.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Ferrol o 10 de febreiro de 1846. Cesou a súa edición o 31 de marzo do mesmo ano. Impresa nos obradoiros tipográficos de Nicasio Taxonera, levaba por subtítulo “Periódico de Literatura”. Ao seu cargo estaban Leandro Saralegui e Xoán A. Lacaci. Como publicación literaria foi a continuadora de El Águila.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Barra ou mecanismo semellante, normalmente de ferro, que serve para trancar portas ou ventás.
-
Mecanismo dunha arma de fogo longa, como o fusil, que contén o dispositivo disparador e que serve para cargala, ao tempo que pecha a recámara mentres o proxectil está dentro da vaíña.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Área urbana da comarca administrativa de Ferrol, que integra os concellos da ribeira da ría de Ferrol: Ares, Fene, Ferrol, Narón, Neda e Mugardos. É un espazo urbano con moita cohesión e interrelación, que se configurou a partir da expansión industrial de Ferrol como centro da construción naval.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao mineral que contén ferro e magnesio como catións principais. Son exemplos as micas, os anfíbolos, os piroxenos e as olivinas.
-
-
Relativo ou pertencente ao ferromagnetismo.
-
Aplícase á substancia que presenta ferromagnetismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propiedade que teñen algunhas substancias de posuír unha susceptibilidade magnética positiva moi grande. Nestas substancias, o campo de indución magnética B é, polo tanto, moito máis intenso que no baleiro, para un mesmo valor da excitación magnética H. Os metais Fe, Co, Ni, Gd, Dy e algúns minerais e aliaxes metálicas son ferromagnéticos. As substancias ferromagnéticas teñen unha permeabilidade relativa moi elevada, ao redor de 1.000, variable en función do campo H e das condicións ás que se someteu o material, e se se anula o campo H, non se anula o B, e así permanecen magnetizadas (magnetismo remanente), polo que se poden empregar para fabricar imáns. Para cada substancia ferromagnética existe unha temperatura denominada de Curie que, unha vez sobrepasada, a substancia se volve paramagnética. Non existen líquidos nin gases ferromagnéticos. É un fenómeno que se debe a propiedades non atómicas nin moleculares, senón á estrutura cristalina. O...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aliaxe de ferro e manganeso, cun 75 a 92% de Mn, que se emprega na fabricación de aceiros especiais para a construción, de aceiro inoxidable e para recubrimento de electrodos, e tamén como desoxidante e desulfurante. Obtense no alto forno ou en forno eléctrico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aliaxe de ferro e molibdeno, cun 58 a 75% de Mo, que se emprega na fabricación de aceiros de alto tempero, aceiro inoxidable e aceiros refractarios, e tamén en certos aceiros de corte rápido. Obtense por aluminotermia ou silicotermia do óxido de molibdeno.
-
-
aguillón.
-
Aro de arame que se lle pon ao porco no fociño para que non foce.
-
Punta de ferro aguda sobre a que xiran as buxainas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘palanca’.
-
-
Aliaxe de níquel, cun 34-90% de Ni, co ferro e, ademais, eventualmente, con algún outro metal, como o cromo, o molibdeno ou o manganeso, no que o ferro presenta unha estrutura totalmente austenítica. Esta propiedade, xuntamente cos efectos producidos pola presenza do Ni, confírenlles aos ferroníqueles unhas características especiais, que permiten a súa clasificación en catro grandes grupos: os ferroníqueles de baixo coeficiente de dilatación ou de dilatación controlada, nos que a dilatación se pode considerar nula; os ferroníqueles de variación controlada do módulo elástico, que conteñen pequenas cantidades de cromo, tungsteno, silicio e manganeso; os ferroníqueles de propiedades magnéticas especiais, de baixa ou de alta permeabilidade magnética e de permeabilidade constante; e, finalmente, os ferroníqueles para resistencias eléctricas.
-
Mineral de ferro que contén níquel en proporcións moi variables e que ten unha estrutura de malla cúbica centrada. É pouco abundante, e forma a parte metálica principal dos siderólitos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falta de ferro no organismo, con taxas anormalmente baixas no plasma, nos eritrocitos e nos depósitos. Pódese deber a un aumento das necesidades do organismo, a un aumento da eliminación ou a unha falta de absorción. Se a ferropenia é severa, pode dar lugar a unha anemia ferropénica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á ferropenia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proteína conxugada que contén ferro no seu grupo prostético. Distínguense as hemoproteínas, que teñen o grupo prostético hemo; as ferredoxinas, sen grupo hemo, que participan en diferentes procesos de oxidación-redución; e as deshidroxenases, a de NADH e a de sucinato, que conteñen Fe non hemático e interveñen no transporte electrónico das mitocondrias. En xeral, teñen de 2 a 8 átomos de Fe e o mesmo número de átomos de S por molécula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao circuíto resoante no que un dos elementos é unha reactancia saturable con núcleo de ferro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propiedade dun circuíto ferrorresonante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada nas Pontes de García Rodríguez sobre o río Eume. Serve de acceso ao centro histórico. Construída a finais do s XIII ou principios do s XIV, ten dous arcos desiguais, un oxival e outro de medio punto. Engadíronse unhas varandas de ferro cando foi acondicionada para a circulación de vehículos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aliaxe de ferro e silicio, cun 22 a 95% de Si, que se emprega na desoxidación e na fabricación de aceiros especiais para usos eléctricos, para a construción e na fabricación de resortes. Obtense en forno eléctrico por redución de ferralla en presenza de cuarzo e coque ou carbón vexetal. Para porcentaxes de silicio inferiores ao 15%, pódese obter en alto forno.
-
-
Relativo ou pertencente ao ferro.
-
Que contén ferro.
-
Aplícase aos compostos de ferro nos que este ten unha valencia ou número de oxidación de +2.
-