"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Escritora e pedagoga novacelandesa. Autora das novelas Spinster (1958) e Teacher (1963) e da autobiografía I passed this way (1980), onde quedan patentes as contradicións entre a cultura maorí e a occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Meteorito constituído principalmente por silicato de aluminio e desprovisto de ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. asente.

    2. Acción e efecto de asentar ou asentarse.

    3. Calquera superficie ou moble que serve para sentar.

    4. Lugar ocupado por alguén que está sentado.

    5. Depósito das partículas suspendidas nun líquido.

    6. Interrupción dalgunha actividade.

    7. Bo entedemento para falar ou actuar unha persoa.

      1. Parte dun determinado elemento por onde este asenta nunha superficie.

      2. Capa de argamasa sobre a que se colocan os ladrillos cando se pavimenta.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de asentar ou asentarse.

    2. Calquera superficie ou moble que serve para sentar.

    3. Lugar ocupado por alguén que está sentado.

    4. Depósito das partículas suspendidas nun líquido.

    5. Interrupción dalgunha actividade.

    6. Bo entedemento para falar ou actuar unha persoa.

      1. Parte dun determinado elemento por onde este asenta nunha superficie.

      2. Capa de argamasa sobre a que se colocan os ladrillos cando se pavimenta.

      3. Descenso dos materiais dun edificio por maior unión ou compactividade, causada polo peso duns sobre os outros.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de asinar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Supresión das cópulas ou dos elementos de unión que poderían ser nexo ou semellante entre dous ou máis termos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non presenta síntomas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recta á que se achega un punto variable sobre unha rama de curva cando o punto se arreda cara ao infinito. Para poder afirmar que unha rama de curva ten unha asíntota cómpre que, se o punto P se move sobre esta de xeito que a distancia de P á orixe de coordenadas O crece infinitamente, a dirección da recta OP teña un límite determinado y/x = tga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a unha asíntota.

    2. Dise daquela liña, figura, etc, que se aproxima infinitamente a outra sen chegar a coincidir nunca.

    3. Liña trazada sobre unha superficie de tal xeito que o plano osculador á liña en cada punto é tanxente á superficie.

    4. Plano tanxente a unha superficie no seu punto impropio.

    5. Punto singular ao que tende unha curva dada sen chegar a tocalo.

    6. Ramas de curva que teñen unha mesma asíntota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Debilitamento intenso ou cese do poder contráctil do corazón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo impropiamente aplicado á diminución importante da calidade das contraccións cardíacas que dá lugar a un estado de insuficiencia circulatoria permanente.

    2. Hiposistolia grave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á asistolia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta épico esloveno. Foi ordenado sacerdote en 1880, pero deixou o sacerdocio trala publicación de Balada in romance (1890) para converterse no voceiro do anticlericalismo do seu país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acto ou efecto de asoballar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización católica de ámbito estatal, fundada en Madrid a finais do ano 1908. Co remate do século XIX vaise producir un cambio crucial na orientación social e política do Catolicismo europeo, debido á publicación da encíclica Rerum Novarum (1891). León XIII estableceu nela as bases para unha maior penetración do movemento socio-político católico na sociedade, na busca dunha resposta que solucionase a inexistencia dun partido católico que defendese os seus intereses ante a nova organización dos Estados liberais (de tendencia aconfesional), e que se traduce nunha perda sistemática do protagonismo da igrexa. Neste contexto nacía a Asociación Católica Nacional de Propagandistas (ACNP), que participou plenamente na nova organización institucional e administrativa do novo Estado liberal español. A ACNP foi concibida como unha organización de pouco, pero escollido número de integrantes, e caracterizada como unha elite ao servizo do movemento católico español. O seu obxectivo fundamental...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización fundada en Santiago de Compostela en 1985 co nome de Asociación de Actores de Galicia. Está presidida por Mabel Rivera e integrada ademais por Gonzalo Uriarte, o seu primeiro presidente, Vicente Montoto, Lino Braxe, Casilda García, Xosé A. Porto Josito, Avelino González, Celso Parada e Cándido Pazó. Se a creación en 1984 do Centro Dramático Galego supuxo o recoñecemento institucional da actividade teatral e dos oficios teatrais propios da realización e da produción teatral, coa posta en marcha de asociacións sectoriais iniciouse un longo período de traballo na procura do recoñecemento e da lexitimación social e profesional dos traballadores da escena. A asociación desenvolve actividades moi diversas, desde aquelas orientadas á defensa dos dereitos profesionais dos seus asociados ou á promoción de melloras no exercicio profesional, ata a organización dun importante número de cursos de formación e reciclaxe, en colaboración co Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación que integra a maioría das axencias relacionadas co márketing directo coa intención de ofrecer información sobre as actividades dos seus asociados, promover conferencias e cursos de formación, e aunar a defensa dos seus intereses dentro do mundo do márketing.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación profesional fundada en 1977 de carácter non lucrativo constituída por anunciantes, medios de comunicación e axencias de publicidade de España, co fin de velar polo exercicio ético da profesión publicitaria, respectando os principios dos códigos deontolóxicos, de xeito similar ás que existen noutros países da Unión Europea. Dentro da asociación funciona o xurado de autocontrol, que se rexe polo Código de Conduta Publicitaria aprobado o 19 de decembro de 1996, e que ten a finalidade de solucionar as posibles demandas dos consumidores, derivadas da elaboración e difusión das campañas publicitarias dos anunciantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada no ano 1980 en Santiago de Compostela destinada a “defender os intereses da práctica escrita en galego”. Na xuntanza de fundación organizada no Museo do Pobo Galego estiveron presentes, entre outros intelectuais: Bernardino Graña, Carlos Casares, Alfonso Pexegueiro, Xoán Ignacio Taibo, Paco Martín, Salvador García-Bodaño e Luís Álvarez Pousa. A esta asociación pertenceron Álvaro Cunqueiro, Rafael Dieste, Ánxel Fole, Valentín Paz Andrade, Ricardo Carballo Calero, Xosé María Álvarez Blázquez e Celestino Fernández de la Vega. Foron os seus presidentes, ademais de Bernardino Graña, Antón Avilés de Taramancos e Uxío Novoneyra. Esta asociación instituíuse como órgano superior de representación e defensa dos intereses profesionais do escritor en lingua galega, amais de impulsor de toda manifestación cultural progresista nunha liña de desenvolvemento da comunidade nacional galega. Ademais destas, tenta crear un vencello de cooperación e de solidariedade entre os escritores, traballar...

    VER O DETALLE DO TERMO