"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Relativo ou pertencente a Toledo ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Toledo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Castela-A Mancha e capital da provincia homónima (68.382 h [2001]).   A falta de industria e a absorción comercial por parte de Madrid explica o seu lento crecemento demográfico. As novas industrias e o turismo superaron a súa artesanía, de gran prestixio. É sé arcebispal. Antiga poboación de orixe céltica, foi ocupada polos romanos (193? a C), de quen recibiu o nome de Toletum e se converteu en sé episcopal (300?). Adquiriu especial importancia tras os Concilios de Toledo e foi capital do reino hispanogótico e centro dun arcebispado. Coa dominación musulmá perdeu a súa capitalidade. Durante o emirato de al-Hakam I (796- 822) estalou unha insurrección moi violenta, que foi duramente reprimida polo muladí Amrus ben Yusuf, que culminou coa matanza coñecida como a xornada do foso. Sometida ao Califato de Córdoba, baixo Abd al-Rahman III (929-931) retomou unha fase de esplendor. Foi a capital da Taifa de Toledo (1035-1085), e formouse nela unha comunidade xudía, que foi...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Ohio, EE UU (313.619 h [2000]). Posúe un porto na desembocadura do Maumee, no extremo occidental do lago Eire, con industrias siderúrxicas e metalúrxicas, construcións navais, aeronaúticas, de automóbiles e eléctricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade e porto da illa de Cebu, Filipinas, situada 30 km ao O de Cebu (120.000 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Belize (4.4.413 km2; 22.660 h [estim 1998]). A súa capital é Punta Gorda (5.010 h [1998]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Castela-A Mancha, formada por 206 municipios (15.368 km2; 541.379 h [2001]). A súa capital é Toledo. O éxodo rural a Madrid e a outras áreas industriais fixeron que a poboación de Toledo diminuíse a partir de 1950. Ademais da capital provincial, destacan os núcleos de Talavera de la Reina (75.369 h [2001]); Illescas (11.948 h [2001]), Madridejos (10.699 h [2001]) e Torrijos (10.281 h [2001]). A principal actividade económica é a agricultura, baseada no policultivo mediterráneo. A industria e os servizos concéntranse en Toledo, Talavera de la Reina e Consuegra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Álvarez de Toledo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e economista. Presidente de Perú desde 2001, foi líder do Partido Político Perú Posible e do movemento de resistencia pacífica contra o seu antecesor, Alberto Fujimori.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de 18 sínodos eclesiásticos celebrados en Toledo entre o 400 e o 702, para deliberar sobre cuestións disciplinarias, litúrxicas e doutrinais. De carácter provincial, a partir do terceiro (589) foron convocados sempre polo rei e presididos polo metropolitano máis antigo ou de máis prestixio. O máis importante foi o terceiro, onde Recaredo I abxurou do arabismo e foi selada a fusión do pobo hispanorromano e o godo. Moi a miúdo, serviron para lexitimar usurpacións do trono (Khindasvinto, Ervixio e Vitiza) e establecer o sistema de sucesión ao trono real ou a prelación dos seus e do primate (fixado no concilio duodécimo). Desde un punto de vista doutrinal, na loita contra o priscilianismo e o arabismo, destacaron os diversos símbolos de fe, sobre todo o Liberius in modum symboli dos concilios primeiro e segundo, así como os símbolos do cuarto (633), do sexto (638) e, sobre todo, do undécimo (675), de grande importancia teolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de intelectuais que traballaron en Toledo na época do seu segundo arcebispo Raymundo de Agen (1126-1152), e despois baixo o mecenado de Afonso X o Sabio (1284). Neste período a actividade tradutora foi xeral en toda a Península Ibérica e en Languedoc, Rosellón e Provenza e, aínda que en menor grao, tamén en Italia. As diversas escolas de tradutores funcionaron, en xeral, traducindo do árabe a unha lingua vulgar e desta ao latín. Este proceso requiría, ademais, o traballo de dúas persoas. As principais parellas de traballo foron as constituídas por Johannes Avendaut e Domingo González, por Yěhudà ibn Mošé e Johan de Aspa en Toledo e por Platón de Tivoli e Abraham bar Ḥ iyya en Barcelona. Ata mediados do s XIII, en que abundan, ademais, as obras de síntese e os compendios de carácter divulgador, escritos xeralmente por xudeus e por un xudeu e un hebreo, a materia predominante é a ciencia en xeral. A única obra literaria é a Disciplina clericalis de Pero...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto renacentista. Estudou en Roma, onde traballou no Castel San’t Angelo con A. da Sangallo o Novo e en San Pedro do Vaticano, xunto a Miguel Anxo (1546-1548). En Nápoles participou na fortificación do Castelnuovo e do Bosco de Sant Arcangelo. Empregou formas clásicas e sobriedade decorativa. Nomeado arquitecto real en 1559, encargouse das obras do Palacio de Aranjuez, do Monasterio de los Jerónimos, o Monasterio de las Descalzas Reales e o Alcázar, en Madrid. Ademais, Filipe II encargoulle a construción do Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial, do que fixo os planos e edificou a fachada sur e o Patio de los Evangelistas. Á súa morte, Juan de Herrera sucedeuno ao fronte das obras que deixara sen rematar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Montes de Toledo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado en Toledo, o 23 de setembro de 1436, entre os representantes de Afonso V de Aragón, Xoán II de Aragón e Xoán II. O pacto poñía fin ao conflito entre as coroas de Aragón e Castela, xurdido da chamada Guerra dos Infantes de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Reino independente xurdido en Al-Andalus no s XI, despois do desmembramento do Califato de Córdoba (1017-1023). Ata 1036, o seu goberno foi exercido por Ya‘ĩš ibn Mu ḥ ammad ibn Ya‘īš e posteriormente pasou a mans da familia dos Banū ḏ ī-l-Nūn. Con Ya ḥ yà ibn Ismā’īl al-Ma‘mūn (1043-1075) alcanzou o máximo esplendor, coa anexión da Taifa de València (1065), a conquista de Córdoba (1074) aos abbaditas de Sevilla e a garantía da neutralidade cristiá nos asuntos da Taifa. O seu neto e sucesor, Ya ḥ yà ibn Ismā’īl ibn Ya ḥ yà al-Qādir (1075-1085), non puido manter os dominios. A pesar do intento de manter a independencia por parte do pobo, a capital e unha boa parte da Taifa foron anexionadas a Castela en 1085.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alteración repentina do ánimo durante a que se perde o control.

    2. Acción irreflexiva propia dunha persoa que perdeu o control.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen actúa coma un tolo ou é irreflexivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete que corresponde ás voces ‘taberneiro’ e ‘tendeiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO