"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

    1. Acción ou efecto de constipar ou constiparse.

    2. Dificultade para eliminar as feces de forma normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de constituír ou constituírse.

      1. Maneira en que algo está constituído.

      2. Maneira en que está formado o corpo dun ser vivo, especialmente do ser humano, dependente do desenvolvemento e funcionamento dos seus órganos.

      3. Conxunto de características morfolóxicas, fisiolóxicas e psicolóxicas dun individuo, que permiten determinar o tipo no que se inclúe.

    2. Norma fundamental dun Estado que establece e garante os dereitos e deberes dos cidadáns, e regula a organización do sistema de poderes do Estado. Na teoría constitucional, existen tres modelos de constitución: anglosaxón, que concibe a existencia dun dereito consuetudinario anterior á constitución; francés, que entende a constitución como unha norma programática e enunciadora dos dereitos e deberes dos cidadáns e das liñas mestras da organización do Estado; e kelseniano, que concibe a constitución como unha norma xurídica de aplicación directa e regula a produción de ulteriores normas. Tradicionalmente, as constitucións clasificáronse en escritas, forma adoitada na maioría dos estados, ou non escritas, como o caso da constitución británica; en outorgadas, se o monarca concedía un estatuto ao pobo, ou populares, se o pobo interviña directamente ou por medio de representantes na súa elaboración; en ríxidas ou flexibles,...

    3. Conxunto de normas xurídicas que incluían os decretos, editos e disposicións de contido xeral, os rescritos sobre cuestións e consultas particulares, e os mandatos como instrucións aos funcionarios imperiais. Durante a República romana baseábanse no acordo entre o pobo e o Senado; sen embargo, no Imperio ampliouse o poder do emperador a quen se lle concedeu a potestade de publicar os editos, mentres que o Senado só podía aprobar decretos, rescritos e mandatos. As reformas de Diocleciano outorgáronlles plenos poderes aos emperadores para promulgar leis xerais.

      1. Disposición conciliar ou papal sobre cuestións ou costumes de fe. Exemplos destas disposicións son as catro constitucións canónicas promulgadas no Concilio Vaticano II, onde destacan as disposicións diocesanas e relixiosas.

      2. constitución sinodal

        Disposición diocesana promulgada polo bispo nun sínodo ou con asentimento do capitolio catedralicio. Ten valor de lei canónica e non pode ser reformada nin derrogada se non é por un novo decreto episcopal, doado in plena synodo. Nos sínodos, a promulgación definitiva da constitución é potestade propia do bispo.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de disposicións lexislativas da Asemblea constituínte de Francia (1790), sancionadas por Luís XVI, que regulaban a distribución dos oficios eclesiásticos e os nomeamentos, e adecuaban as circunscricións eclesiásticas ás administrativas (departamentos). Sometía o estamento e as institucións relixiosas ao poder do Estado. Os únicos cargos admitidos eran o de bispo e rector, e todos os pastores debían ser designados mediante elección popular directa. Pío VI publicou un breve (1791) condenando esta Constitución. A ruptura con Roma e a negativa da maioría do clero a xurar a Constitución, significou a división do clero en dous grupos: os xuramentados ou constitucionais, e os non xuramentados ou refractarios, e provocou unha forte oposición dos fieis aos principios revolucionarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estatuto Real de Baiona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constitución de Cádiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constitución española asinada pola raíña rexente María Cristina, no nome de Isabel II, o 17 de xuño de 1837 e promulgada ao día seguinte. Estivo en vigor ata o 23 de maio de 1845, cando se estableceu unha nova, malia que se decretaron algunhas leis orgánicas (1839-1840) que a desvirtuaron. Consolidou o réxime constitucional en España. Promulgouse tralo Motín de La Granja do 12 de agosto de 1836, que buscaba a restauración da Constitución de Cádiz (1812). As Cortes constituíntes de 1836 pretendían reformar a norma de 1812 pero fixeron unha Constitución diferente que naceu do acordo entre os liberais moderados e os progresistas. A comisión encargada da súa redacción presidiuna Agustín Argüelles e Salustiano Olózaga foi o seu principal promotor. Inspirouse nas normas constitucionais de Bélxica e Francia, e consta de 77 artigos. Mantivo a proclamación da soberanía nacional, aínda que foron as Cortes, no uso da súa soberanía nacional, quen aprobou o texto. No título primeiro recoñecéronse os...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constitución española asinada pola Raíña Isabel II o 23 de maio de 1845. Naceu como unha reforma da Constitución de 1837 e redactouna unha comisión na que prevaleceu a opinión de Donoso Cortés. Malia que mantivo os mesmos títulos que en 1837, o seu sentido político foi moi diferente, xa que recollía as ideas básicas do moderantismo. A base do liberalismo doutrinario manifestouse na declaración de soberanía compartida entre o rei e as Cortes. A declaración de dereitos reduciuse en relación co texto de 1837 e remitiu a súa regulamentación en leis posteriores; ademais, algúns dereitos restrinxíronse, como o de liberdade relixiosa, pois se proclamou a confesionalidade católica do Estado. O sufraxio continuou sendo censatario, aínda que diminuíu o número de electores. As prerrogativas do rei aumentaron: tiña a iniciativa lexislativa; sancionaba as leis; convocaba e disolvía as Cortes; nomeaba e destituía os ministros; nomeaba o xefe do goberno; e designaba os senadores. A supremacía do Congreso...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constitución española redactada e aprobada polas Cortes en 1856, pero que non se promulgou porque O’Donnell, por mor dos feitos do 14 e do 15 de xullo, disolveu a cámara o 2 de setembro e restableceu a Constitución de 1845. O seu carácter foi semellante á de 1837: promulgaba a soberanía nacional; contiña unha declaración de dereitos moi extensa e incluía o recoñecemento de dereitos políticos como a liberdade de imprenta; garantía a práctica das diferentes crenzas relixiosas, aínda que o Estado tiña que contribuír ao mantemento do culto católico; os senadores e os deputados elixíanse por sufraxio directo e censatario; a iniciativa lexislativa correspondía ás Cortes e ao rei, e ambos os dous tiñan o dereito de veto; creaba o Consello de Estado como órgano consultivo do rei; recollía a independencia de xuíces e tribunais; restituía a Milicia Nacional; e establecía a elección dos concellos e deputacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constitución española promulgada despois da Revolución de Setembro do 1868 que derrocaba a Isabel II. Estivo en vigor durante o Sexenio Revolucionario (1868-1874), pois durante a Primeira República (1873-1874) non se procedeu á súa formal derrogación. As Cortes constituíntes, onde progresistas e unionistas se pronunciaron a favor da monarquía, nomearon unha comisión de quince deputados que presentaron un anteproxecto, aprobado o 1 de xuño e promulgado polo goberno provisional o día 6. Inspirouse nas constitucións de EE UU, no eido dos dereitos, e de Francia, no eido da coroa, e contiña 31 artigos. Recollía os principios democráticos do sufraxio universal (masculino) e recoñecía a soberanía nacional, que prevalecía sobre a forma de goberno escollida (a monarquía parlamentaria). A ampla declaración de dereitos abranguía, ademais dos xa consagrados noutros textos, outros descoñecidos polo constitucionalismo español como a inviolabilidade da correspondencia, a liberdade de traballo para os...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proxecto de constitución federal da Primeira República española presentada nas Cortes o 17 de xullo de 1873. Non se promulgou debido a que o 3 de xaneiro de 1874 o xeneral Pavía disolveu as Cortes e, tralo pronunciamento de Martínez Campos en Sagunto, proclamouse a restauración da monarquía na persoa de Afonso XIII. A redacción realizouna unha comisión nacida das Cortes constituíntes e dirixida por Castelar. Afirmábase a existencia duns dereitos naturais á vida, á liberdade de pensamento e expresión, de ensino, de reunión, de asociación e de propiedade, que eran anteriores e superiores a calquera lexislación positiva. Recoñeceu a separación entre Igrexa e Estado, e suprimiu a obriga deste de manter o culto e o clero católicos; ademais, impuxo só como válido o rexistro civil de nacementos, falecementos e matrimonios. A República federal declarouse constituída pola unión de 17 estados e das colonias de Cuba e Puerto Rico; todos eles posuían autonomía económica e administrativa, e eran compatibles...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constitución española promulgada polo Rei Afonso XII o 30 de xuño de 1876. Completada mediante leis especiais, foi suspendida, pero non derrogada, a raíz do golpe de estado do 13 de setembro de 1923, aínda que entrou de novo en vigor en xaneiro de 1930, despois da caída de Primo de Rivera, e perdurou ata a proclamación da Segunda República, o 14 de abril de 1931. En maio de 1875, Cánovas del Castillo reuniu no Senado os ex-parlamentarios para establecer as bases do novo réxime político xurdido tralo pronunciamento de Sagunto do 29 de decembro de 1874. Formouse unha comisión que se encargou de elaborar, baixo a directa supervisión de Cánovas, o novo texto constitucional, logo de rexeitar o regreso ás constitucións de 1845 e de 1869. Convocáronse Cortes Constituíntes, e o Congreso de los Diputados e o Senado aprobaron o texto. A soberanía compartíase entre as Cortes e o rei. A declaración de dereitos era semellante á de 1869, pero restrinxía algún deles e remitía o seu regulamento a futuras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constitución española promulgada pola Segunda República o 9 de decembro de 1931 e vixente en parte do territorio español ata o 1 de abril de 1939, derradeiro día da Guerra Civil española. O 8 de xuño de 1931 celebráronse eleccións a Cortes constituíntes pero con anterioridade, o 6 de maio, o goberno estableceu unha comisión xurídica asesora encargada da redacción dun anteproxecto de constitución que sería presentado polo goberno ás Cortes. Unha subcomisión, presidida por Ángel Ossorio, redactou o anteproxecto que, entre outros aspectos, non definía o modelo de Estado pero recoñecía a posibilidade de constituír autonomías rexionais, establecía o laicismo do Estado pero concedía privilexios á Igrexa católica e permitía o ensino da relixión nos centros escolares. O anteproxecto foi rexeitado polos ministros da ala esquerda e non se presentou ás Cortes. Encargóuselle a redacción doutro proxecto a unha comisión de 21 parlamentarios presidida por Luis Jiménez de Asúa. Presentouse un texto formado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constitución española aprobada por referendo o 6 de decembro de 1978 e sancionada polo Rei Xoán Carlos I o 27 de decembro de 1978. Asinaron tamén o texto os presidentes do goberno, Adolfo Suárez Miranda, o das Cortes, Antonio Hernández Gil, o do Congreso de los Diputados, Fernando Álvarez de Miranda, e o do Senado, Antonio Fontán. Entrou en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, o 29 de decembro de 1978. En 1977, tralas primeiras eleccións xerais despois do franquismo, o Congreso de los Diputados nomeou unha comisión de Asuntos Constitucionales y Libertades Públicas, que redactou o relatorio do proxecto de constitución. Formaron a comisión sete representantes das forzas políticas presentes no Parlamento: Gabriel Cisneros Laborda, Miguel Herrero Rodríguez de Miñón e José Pedro Pérez Llorca pola Unión de Centro Democrático (UCD); Gregorio Peces Barba polo Partido Socialista Obrero Español (PSOE); Manuel Fraga Iribarne, por Alianza Popular (AP); Miquel...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro dos códigos legais de orixe grega coñecido establecido por Dracón a finais do s VI, sometida a matizacións dun xeito case constante. Limitaba o exercicio da xustiza ao Estado, fronte ao anterior modelo de vinganza familiar. A comezos do s VI a C, Solón devolveulles a vixencia ás normas de Dracón, e cando aboliu os poderes da nobreza, deulle a Atenas unha constitución democrática. As reformas de Clístenes, a finais do s VI, coas que modificaba as catro tribos tradicionais e instituía as dez tribos clásicas, xunto ás de Pericles, a mediados do s V, outorgáronlle o seu aspecto definitivo. Permaneceu vixente ata o s VIII d C. Coñécese grazas ao tratado de Aristóteles do mesmo nome, incluído nunha obra na que se recollía a historia e o funcionamento das constitucións doutras cidades gregas, ata chegar a 158.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Regulado mediante unha constitución política.

      2. Aplicado á calidade de toda manifestación ou norma que se axusta ou é conforme á constitución dun Estado.

      3. Relativo ou pertencente a unha constitución.

    1. Que ou quen é partidario dunha constitución.

    2. Inherente á constitución ou estrutura do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de constitucional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema político en que se regula o goberno por medio de normas estables, escritas e contidas nunha Constitución. Xurdiu como reacción fronte ao Estado absoluto e estendeuse por Europa, especialmente durante o s XIX. Ligado á corrente liberal, ten no parlamentarismo a súa forma máis adecuada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao constitucionalismo.

    2. Que ou quen é partidario do constitucionalismo.

    3. Persoa experta en dereito constitucional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación encargada polo arcebispo Blanco e polo cabido de Santiago de Compostela ao impresor Luís de Paz co obxectivo de informar dos acordos do concilio provincial celebrado en Salamanca e presidido polo cardeal Gaspar de Zúñiga. É o primeiro documento destas características impreso en Santiago de Compostela. Aprobadas o 19 de setembro de 1578, saíron do prelo a finais do mesmo ano. Divídese nunha portada, un decreto do arcebispo e as 37 constitucións que rematan na páxina 62; finalmente, engadíuselle un “Otorgamiento de las Constituciones”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación impresa ao redor de 1601 por Luís de Paz en Santiago de Compostela, aínda que a súa primeira edición puido realizarse en Madrid en 1579. Inclúe unha inscrición na portada coas armas do arcebispo San Clemente e un decreto asinado polo provisor e vicario xeral do arcebispado, Licenciado Landeras, datado o 17 de maio de 1601. Seguidamente, insere unha táboa dos títulos, unha fe de erratas, un decreto do arcebispo Blanco do 5 de xuño de 1576 e as constitucións que rematan na folla 90 do documento. Contén, ademais, os “Mandamientos e instrutiones”, do arcebispo Blanco, e o libro péchase con “Dos placticas hechas a Sacerdotes”.

    VER O DETALLE DO TERMO