"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
Un animal en relación ao seu pai ou nai. Na tradición oral recóllense ditos como: “A quen Deus lle negou fillos, o demo apareoulle sobriños. Fillo es e pai serás; como fixeres, así o terás. Fillo aínda non o temos e xa nome lle puxemos. Fillos criados, pesares dobrados. Nin para o fillo bo compre gañar, nin para o malo traballar. O fillo da miña filla ponmo onda a lareira para que coma; e o da miña nora, dálle unha codecha de pan para que vaia para fóra. Os fillos da miña filla, todos meus netiños son; e os das miña nora, serán ou non. O fillo do burro ben sabe ornear. O fillo do fidalgo, un pé calzo e o outro descalzo. Onde hai fillos, nin parentes nin amigos. Se o fillo sae ao pai, saca de dúbida a nai.
-
Descendente máis directo dunha persoa que, respecto a esta, ocupa o primeiro grao de parentesco en liña recta.
-
filla política
nora.
-
fillo adoptivo
Descendente por adopción.
-
fillo adulterino
Fillo nacido dunha unión na que, polo menos, unha das persoas está unida validamente en matrimonio con outra.
-
fillo espiritual
Persoa que recibiu a herencia espiritual de alguén e que é continuador das súas ideas ou da súa obra.
-
fillo ilexítimo
Fillo que teñen dúas persoas que non poden casar.
-
fillo incestuoso
Fillo nado de persoas ligadas por parentesco nun grao en que teñen prohibido casar entre elas.
-
fillo lexitimado
Fillo que, polo procedemento da lexitimación, pasa da condición de natural á de lexítimo.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado na parroquia de Santalla de Cuíña (Lugo). Fundouno Ildoncia Gundesíndiz a comezos do s X e no 995 foi doado ao Rei Vermudo II con todas as súas dependencias. En 1038 documéntase como propiedade da infanta Sancha. Posteriormente pertenceu á igrexa de Lugo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate naval que tivo lugar no cabo de Fisterra o 22 de xullo de 1805 entre a escuadra franco-española, comandada por Villeneuve e Gravina, e a británica, comandada por Calder. A derrota dos franco-españois non permitiu a proxectada invasión de Inglaterra.
-
PERSOEIRO
Cantante de jazz estadounidense. Dotada dunha técnica depurada e dun rexistro amplo, caracterizouse polos seus dotes para a improvisación. Nos seus comezos ingresou na orquestra de Chick Webb, que dirixiu á morte do seu líder. Ao longo da súa carreira colaborou, entre outros, con Benny Goodman, Louis Armstrong, Louis Jordan, Count Basie, Duke Ellington, Oscar Peterson, Hank Jones e Joe Pass.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Flota composta por barcos pequenos.
-
Flota pequena.
-
-
-
-
Órgano laminar, xeralmente de crecemento limitado, que aparece lateralmente no talo ou nas pólas. A folla é un órgano característico do esporófito dos espermatófitos e dos pteridófitos. Unha folla típica consta de tres partes: o limbo, que é a parte laminar da folla, o pecíolo, que é o pedúnculo que sostén o limbo, e a vaíña, que é a base ensanchada do pecíolo. Nalgúns casos a folla é sésil e non ten pecíolo. Ás veces a folla presenta na base lígula ou estípulas. A folla ten dúas caras, unha superior ou anverso e outra inferior ou reverso. A medida e a forma das follas son moi variadas; así, segundo a forma do limbo pode ser cordiforme, espatulada, lanceolada, lineal, oval, runcinada, etc; segundo o acabado clasifícase en acuminada, aguda, emarxinada, mucronata, etc; e pola forma da beira do limbo, pode ser dentada, enteira, festonada, serrada, etc. A folla é simple se o limbo comprende unha soa lámina e é composta se este consta dunhas cantas láminas denominadas folíolos.
-
Conxunto de follas. Na tradición oral recóllense ditos como: “O que se acolle debaixo de follas dobre de veces se molla.”
-
-
-
Lámina delgada de calquera materia.
-
folla de lata
Lámina de ferro ou aceiro recuberta de estaño polas dúas caras.
-
-
-
Cada unha das láminas rectangulares de papel que forman un libro, caderno, etc.
-
Impreso formado por unha soa folla ou que non ten máis de catro.
-
Nome que forma parte do título dunha publicación periódica.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de prata, un león de goles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada na parroquia de Oseiro pola Asociación de Veciños Manuel Murguía en 1995. Trátase dunha publicación de pequeno formato onde se inclúe información biográfica de Murguía e da súa familia, unha escolma de artigos sobre o pensamento deste intelectual, o seu discurso nos Xogos Florais de Tui, artigos de diferentes autores con referencias á vida e obra de Murguía e bibliografía.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida no concello coruñés de Oleiros a partir de xuño de 1984. Subtitulouse “De información medioambiental”. Editada polo propio goberno municipal, tentaba informar os veciños sobre as súas actuacións en favor da defensa da natureza. A partir de outubro de 1988 iniciou unha segunda época, na que a redacción correu a cargo do colectivo ecoloxista Biotopo. En decembro de 1990 inaugurou outra terceira época na que colaborou a dirección xeral de Calidade Ambiental da Xunta de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado en Vigo a partir de 1985. Subtitulouse “Boletín do Bloque Nacionalista Galego”. Trátase dunha publicación crítica coa situación política do momento que inclúe, ademais de biografías sobre os candidatos do BNG ao Concello de Vigo, información política, composicións poéticas e unha tira cómica de Xaquín Marín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista sociocultural trimestral aparecida no verán de 1991 no Saviñao (nº0). Editada pola Plataforma Veciñal para o Desenrolo Integral do Saviñao, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Tórculo Artes Gráficas en Santiago de Compostela. Incluíu, sobre todo, información do concello e algúns artigos relacionados coa comarca do Val de Lemos.
-
-
Bráctea que recobre a espiga do millo.
-
Follas de verdura que se lles dan aos animais.
-
-
-
-
Masa de repostería feita con fariña, ovo e manteiga. Cocíñase no forno e coa calor a masa sobe e forma unha estrutura laminada.
-
Doce feito con esa masa.
-
Filloa de masa grosa elaborada con ovo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘cesteiro’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de poesías formada por catro números que editou o colectivo Rompente entre 1976 e 1977. Neles incluíronse creacións dos membros do colectivo e doutros autores que compartían os mesmos principios de renovación literaria e compromiso ideolóxico. O primeiro número inseriu o poema “Reclamo a libertade pró meu pobo”, de Heriberto Bens; o segundo tres elexías en homenaxe a Moncho Reboiras; o terceiro reproduce tres poemas e leva na contraportada o mapa de Galicia coa bandeira nacionalista; e o cuarto reivindica a celebración do 25 de xullo como día da patria galega.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín de pequeno formato editado en Bos Aires. Incluíu na súa primeira páxina e amodo de presentación a letra do Himno Galego. En páxinas interiores inseriu a partitura completa coa música de Pascual Veiga. Na última delas informa sobre o nacemento do Grupo Galeguista, a súa relación co Partido Galeguista e os principios deste último. No ano 1944 en México e co mesmo esquema editáronse as Follas do Partido Galeguista, na que tamén se dá conta dos principios que rexen esta formación política.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación impresa en Ourense a partir do 22 de novembro de 1968. Trátase dun boletín moi modesto que tenta resumir todas aquelas novas de interese cultural, social ou económico de interese para os seus asociados. Incluíu, ademais dun pequeno editorial, información sobre o idioma galego, humor, libros, autores, conferencias e xornadas. Tamén inseriu actividades da propia agrupación e avisos sobre vindeiros proxectos. Algúns dos seus artigos, sobre todo os económicos, tratábaos con certa ironía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra da autoría de Rosalía de Castro publicada en 1880 e dividida en cinco seccións de desigual extensión: “Vaguedás”, “Do íntimo!”, “Varia”, “Da terra” e “As viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos”. É un poemario de gran riqueza expresiva, cunha clara intención social e de variedade temática. A visión do mundo é radicalmente pesimista, aínda que hai algúns poemas na liña de Cantares Gallegos nos que desenvolve temas e formas propios da lírica popular, como a preferencia pola asonancia e o emprego do romance cuarteto e seguidilla. Galicia e a sociedade están contempladas dende a crítica social; Rosalía expresa o seu desacordo ante as inxustizas, rebélase e pide unha vinganza que manifesta a súa intención de protesta social que ten orixe na súa identificación solidaria cos que sofren e cos marxinados. Son continuos os ataques á Igrexa e á súa hipocrisía (“Brancas virxes de cándidos rostros”, “Decides que o matrimonio”, “Tembra un neno no húmido pórtico”, “De balde”), tema que se...
-
SEMANARIOS
Semanario de tendencia galeguista editado en 1897 en La Habana. Tivo como subtítulos “Revista semanal ilustrada” e “Semanario científico, literario y defensor de la colonia gallega”. Cesou a súa edición o 6 de setembro de 1908. Fundada por J. Raimil e Antonio de P. Cea, foi dirixida en distintas etapas polo propio editor Antonio de P. Cea, Alfredo Fernández e Adelardo Novo. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Manzana Central. Tratábase dunha revista de información xeral que se ocupaba da vida social da colonia galega e española en Cuba. Nos seus contidos amosa unha preocupación pola identidade de Galicia e analiza temas históricos, como os dos mártires de Carral.
VER O DETALLE DO TERMO