"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de san Fiz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe vencellada ao condado de Amarante e natural do Castro de Amarante, en Antas de Ulla. As súas armas levan, en campo de azur, trece bezantes de prata, postos de tres en tres e un de non. Outra variante leva, en campo de azur, trece besantes de prata, cargado cada un dunha mota de sable no centro, colocados en faixa e postos 5-4-3 e 1.
-
PERSOEIRO
Arquitecto portugués. Autor do Santuario do Bom Jesús do Monte, preto de Braga.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título que foi concedido o 3 de agosto de 1648 a Xoán de Lemos Sarmiento Ulloa e Acuña, fillo de Alonso de Lemos e de Xoán de Acuña, señores de Amarante. O conde de Amarante morreu sen descendencia polo que os seus dereitos pasaron á súa irmá maior Constanza de Lemos, muller de García Ozores, señor de Troáns e do Covelo. O fillo de ambos García Ozores, mestre de campo, casou coa marquesa de Valladares. Ao faleceren sen descendencia, herdou o título a irmá do mestre Xoana de Ozores. A xurisdición de Amarante comprendía varias parroquias do concello lugués de Antas de Ulla. Nobres do Pazo de Santa Mariña de Castro de Amarante, residencia dos Vázquez de Villasante, Vázquez Taboada, Noguerol e outros adoitaron apelidarse Amarante. Este condado caeu máis adiante na Casa de Camarasa. Os primeiros señores do Val de Lemos exerceron o seu señorío sobre Ferreira de Pantón, Sober e Amarante e, en tempos de Filipe IV, outorgóuselles o título de condes de Amarante; de feito, as súas armas son...
-
-
Relativo ou pertencente ao amaranto.
-
-
Inmarcescente, coma o amaranto.
-
Inmortal, que non morre endexamais.
-
-
De cor púrpura.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfato de ferro hidratado, FeSO4(OH)·3H2O. Cristaliza no sistema triclínico, e forma agregados radiais e exfoliables, da cor parda do óxido de ferro. Ten raia amarelenta.
-
-
Flor imaxinaria da que se supón que non murchaba endexamais.
-
beldro.
-
Colorante sintético do grupo dos monoazoicos. Pos de cor vermella pardosa, solubles en auga. Emprégase para tinguir a la e a seda, na fotografía para a cor, e na industria alimentaria naqueles produtos nos que está autorizado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia amarantáceas ao que pertence o beldro.
-
PERSOEIRO
Licenciado en Dereito e Ciencias Políticas, foi Vicepresidente Xeral do Instituto de Estudios de Sanidad y Seguridad Social, Secretario Xeral Técnico da Consellería de Economía e Facenda e, desde 1990, Secretario Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas da Xunta de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
amarfallar.
-
GALICIA
Futbolista coñecido co nome deportivo Amancio. Ao longo da súa carreira profesional militou nos equipos do Real Club Deportivo de La Coruña e do Real Madrid CF. Foi integrante da selección española absoluta de fútbol en 42 ocasións, coa que se proclamou campión de Europa en 1964, na final disputada en Madrid diante do equipo da Unión Soviética. Campión da Copa de Europa de clubs co Real Madrid CF en 1966, club co que tamén gañou o Campionato Nacional de Liga en 9 tempadas e co que conquistou 4 campionatos de España (Copa del Generalísimo). Foi máximo goleador do Campionato Nacional de Liga na 2ª División co Deportivo e en dúas oportunidades co Real Madrid na 1ª división. Entre os moitos premios que acadou cómpre citar: Premio Medalla de Prata ao mérito deportivo na Coruña, dúas medallas ao mérito deportivo nacional, Medalla de Ouro da cidade da Coruña. Foi elixido para integrar a selección mundial da Federación Internacional (FIFA) e para a europea (UEFA). Como adestrador traballou...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Na tradición galega, ten unha lenda semellante á de santo Ero de Armenteira. Era Amaro de familia nobre, que herdara dos seus pais unha fortuna; logo de fundar con ela hospitais e asilos para pobres, emprendeu unha peregrinación para chegar ao Paraíso. Tras moitos traballos chegou co seu barco a unha illa deserta (igual que san Brandán), e alí iniciou el só a subida a un monte. No cume atopou un velliño que gardaba a porta dunha muralla de prata: no seu interior estaba o Paraíso. Como non podía entrar, por estar reservado aos mortos, o vello, apiadado, deixoulle botar unha ollada. Abraiado polo que vira, baixou onda o barco, pero en vez da praia encontrou unha gran cidade: pasaran trescentos anos. Co paso do tempo fórase formando unha grande urbe que levaba o seu nome, santo Amaro. Arrepentido pola súa soberbia, foise axeonllar diante do altar maior pedíndolle a Deus que o levase con El. Ante o asombro dos presentes, aquel home caeu morto diante do altar, onde o enterraron e comezou o culto....
-
PERSOEIRO
Vicerrei de Perú. Fillo de Josep d’ Amat i de Planella. En 1719 participou en accións militares en Catalunya. Ingresou en 1721 na orde militar de San Xoán de Xerusalén e permaneceu en Malta entre 1721-1728, ano no que se trasladou a Madrid. Participou nas campañas de África (1724-1727) e en Italia, na Batalla de Bitonto. En 1755 foi nomeado Gobernador e Presidente da Audiencia de Chile, en 1761 Tenente Xeneral do exército e, finalmente, ascendeu a Vicerrei de Perú e Presidente da Audiencia de Lima (1761-1776). Asegurou as defensas militares do Pacífico e promoveu expedicións (1770) ás illas de Pascua e a Taití rebautizada naquel momento co nome de illa d’ Amat. Cesado en 1776 retornou definitivamente a Barcelona, onde mandou construír o denominado Palau de la Virreina, co gallo do alcume da súa esposa Maria Francesca Fiveller de Clasquerí i de Bru. Os seus amores coa actriz peruana Micaela Villegas, chamada A Perricholi, inspiraron a Prosper de Merimée Le Carrosse du Saint-Sacrement...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e médico. Afeccionado á música, escribiu o primeiro tratado de guitarra: Guitarra española y vandola, en dos maneras de guitarra castellana y catalá de cinco órdenes. A fama veulle de Quatre-cents aforismes catalans (1636), reimpreso en moitos lugares de Catalunya durante os ss XVII, XVIII e XIX e usado como libro de lectura nas escolas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece o médico portugués João Rodrigues de Castelo Branco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coeficiente introducido polo farmacéutico alsaciano León Ambard que permite establecer unha relación entre a cantidade de urea no sangue dun paciente e a eliminada polos ouriños. O seu valor diagnóstico foi moi discutido.
-
PERSOEIRO
Astrofísico soviético. Foi Presidente da Academia de Ciencias da RSS de Armenia, profesor da Universidade de Erevan, e director e fundador do observatorio de Biurakan. En 1955 formulou a inestabilidade dos sistemas de galaxias, enunciando que se atopan en estado de expansión e que os seus compoñentes afástanse dun centro común. A partir do estudo sistemático dos grupos estelares inestables encontrou as asociacións de estrelas, nacidas, segundo el, de sistemas múltiples de enerxía positiva. Publicou, entre outras obras, Teoreticheskaia astrofizika (Astrofísica teórica, 1939). Foi Presidente da Unión Astronómica Internacional (1961-1964) e premio Stalin 1950.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Magnífico exemplo da arquitectura prerrománica galega, situada en Baños de Molgas. Trátase dun edificio construído no século IX, salientable pola súa disposición de tres naves e tres capelas rectangulares por fóra e por dentro (seguindo o modelo prerrománico asturiano). No interior consérvanse elementos significativos como as celosías de pedra da ábsida, a ara romana que fai ás veces de altar ou a magnífica talla dun Cristo gótico.