"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • PERSOEIRO

    Pintor portugués. Foi un dos mestres de Ferreirim. A súa obra caracterizouse polo decorativismo e polas formas gótico-manuelinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre e político. Coñecido co alcume de Pedrosa, residiu en Ferrol onde, en 1890, fundou e dirixiu El Obrero, primeiro semanario socialista de Galicia, ao que substituíron La Voz del Obrero (1894), El Bien del Obrero (publicación que contou na súa xénese coa participación persoal de Pablo Iglesias durante a súa estadía en Ferrol en decembro de 1899) e La Antorcha Social (1902). En febreiro de 1891 fundou e presidiu en Ferrol a primeira agrupación socialista galega, integrada inicialmente por 40 persoas, das que 38 eran traballadores manuais e dúas mestres. Convertido en líder do socialismo ferrolán (na prensa da época fálase del como sucesor de Pablo Iglesias, con quen participou en numerosos mitins, tanto en Ferrol como na Coruña e Santiago de Compostela), acudiu como delegado, en representación das agrupacións de Ferrol e da Coruña, ao Congreso do Partido Socialista celebrado en València en 1892. Representou a candidatura socialista nas eleccións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro naval, mariño e político. Como enxeñeiro traballou en Bazán (1970-1983) e dirixiu os estaleiros Astafersa (Astilleros y Talleres Ferrolanos SA, 1986-1990) e a oficina técnica naval Prior. No eido deportivo, ocupou a presidencia do Club Baloncesto OAR (1960-1994) e foi fundador e presidente da Asociación de Clubes de Baloncesto (ACB). Deputado pola Coruña no Parlamento galego na III e en parte da IV lexislaturas (1990-1995) polo Partido Popular, foi nomeado conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, cargo desde o que traballou na posta en marcha dos plans de electrificación rural, telefonía rural, residuos industriais, gasificación e o plan eólico. En 1995 fundou Independentes por Ferrol, formación pola que foi elixido concelleiro de Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Foi redactor de El Pueblo Gallego, ademais de colaborar noutros xornais galegos. Especializado en temas locais, asinou moitos dos seus artigos co pseudónimo de D’Artagnan. Ademais, presidiu a Asociación da Prensa e dirixiu a Hoja del Lunes de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre, político e xornalista. Foi director xeral do corpo de Carabineiros co goberno de Negrín, durante a Guerra Civil. Exiliado en México, dirixiu a revista Saudade e foi membro fundador da Alianza Nazonal Galega, en 1943.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou pintura na Escuela de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1943). Na Coruña foi profesor na Escola de Náutica e Máquinas (1948), no Instituto Masculino (1950), na Escola de Comercio e na Escola de Artes e Oficios Artísticos (1957), da que foi director. Membro da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario (1969), foi dende 1980 vogal do padroado do Museo de Belas Artes da Coruña. Presidiu a Asociación de Artistas da Coruña (1952-1953). Realizou numerosas exposicións individuais na Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ácido ferricianhídrico.

    2. Ácido que deriva formalmente do anión hexacianoferrato(III), de fórmula [Fe(CN) 6 ] 3- .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dos sales que derivan do anión hexacianoferrato(III), de fórmula [Fe(CN)6]3-. Os ferricianuros obtéñense tratando un sal de ferro(III) cun exceso de cianuro alcalino, segundo a reacción Fe2(SO4)3+12KCN "Times New → 3K2SO4+2K3Fe(CN)6. Tratando un ferricianuro soluble con Fe2+ obtense o ferricianuro ferroso, ou azul de Turnbull.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro de Xosé Carlos Fernández Díaz editado en 2006 por Ir Indo edicións.El Ferrocarril en Galicia é unha obra única na bibliografía ferroviaria de Galicia, xa que proporciona unha ampla visión do mundo do ferrocarril no país galego. Nela pódese contemplar a construción das liñas existentes, explicacións sobre o retraso na chegada do ferrocarril á nosa Comunidade, ou mesmo a falta de desenvolvemento e competitividade relacionados coa comunicación. Toda a rede ferroviaria descríbese con datos estatísticos (estacións, pontes, túneles, accesos a portos, etc.). Ademais, realiza unha comparativa cos servizos existentes na Galicia de hoxe e os do resto do Estado, poñendo de manifesto o inferior número de relacións externas e internas con respecto a outras comunidades españolas. No capítulo de “Plans recentes” ofrécese ao lector un amplo repaso por multitude de plans frustrados e anulados, substituídos por outros igualmente esquecidos e inútiles. Tamén fala da falta de investimentos, incluso en...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ácido ferrocianhídrico.

    2. Ácido que deriva formalmente do anión hexacianoferrato (II) [Fe(CN) 6 ] 4- .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Nome xenérico dos sales que derivan do anión hexacianoferrato(II), de fórmula [Fe(CN)6]4-. Obtéñense tratando un sal de ferro(II) cun exceso de cianuro alcalino, segundo a reacción:

    FORMULA

    FeCl2+6KCN "Times New → 2KCl+K4Fe(CN)6
    Tratando un ferrocianuro soluble con Fe3+ obtense o ferrocianuro férrico ou azul de Prusia. A análise estrutural con raios X estableceu que o ión ferrocianuro se compón dun átomo de ferro envolto de 6 grupos CN- dispostos nos vértices dun octaedro regular, do que o átomo de Fe ocupa o centro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dun circuíto ferrorresonante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación galega editada por Feministas Independentes Galegas (FIGA) dende 1983 para cumprir diversos obxectivos: dar visibilidade ás mulleres galegas, ao seu traballo e contribución social, ás facetas artísticas e creadoras, silenciadas nos medios de comunicación e na maioría das publicacións culturais do país; facer unha revista de cultura desde a perspectiva das galegas, pensada, dirixida e elaborada exclusivamente por mulleres; e difundir o pensamento feminista aplicado a múltiples aspectos do coñecemento e da cultura, así como á crítica feminista. Promoveu o movemento poético feminino que se consolidou nos anos 90, fomentou a conciencia da importancia das palabras das mulleres e das achegas inéditas e vangardistas coas que enriquecen o panorama literario, e contribuíu á modificación do canon poético no conxunto da literatura galega. Ademais de beneficiar a creación, tamén alentou a crítica, tanto no referente á análise de obras literararias, plásticas ou cinematográficas, canto ao...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ficobilina de cor azul que absorbe o máximo de luz entre os 625 e os 630 nm. Este pigmento é o responsable da coloración azul das bacterias que o conteñen.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pacto polo que, no dereito romano, se recibía unha cousa moble, inmoble, semovente ou un escravo, coa obriga de cedela de novo a un terceiro ou ben cumprir outra obriga similar. Tiña o carácter de obriga accesoria a outro contrato e servía para dar unha garantía real. Usouse ata o final do período clásico do dereito romano.

      1. Pacto polo que unha persoa lle concede a outra (fiduciario) a titularidade dun ben ou dun dereito cunha finalidade determinada que só as partes coñecen.

      2. fiducia ‘cum amico’

        Fiducia na que o fiduciario é simplemente un testaferro.

      3. fiducia ‘cum creditore’

        Fiducia constituída cunha finalidade de garantía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á fiducia.

    2. Expresión que designa a peculiar comprensión reformada, pola que a fe que xustifica equivale á total confianza do corazón no perdón divino, outorgado en Cristo, a pesar da permanencia do pecado no home. A análise luterana do acto de fe, que o presenta como composto de coñecemento (notitia), asentimento libre (assensus) e confianza (fiducia), subordina os dous primeiros compoñentes a este último.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Herdeiro ou legatario que debe conservar e transmitirlle ao fideicomisario os bens recibidos en fideicomiso.

    2. Aplícase ao país encargado dun fideicomiso ou tutela.

    3. Título en circulación que non ten ningún valor en si mesmo; a súa aceptación depende da confianza que se teña no suxeito emisor. Neste sentido fálase de moeda fiduciaria para referirse ao papel moeda, e de circulación fiduciaria para referirse á totalidade de papel moeda en circulación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe do Reino Unido (1957), duque de Edimburgo, conde de Merioneth e barón de Greenwich, fillo de Andrés de Grecia e de Alicia de Battenberg. Foi educado en Inglaterra polo seu tío materno, o almirante Louis Mountbatten, e adoptou este apelido ao naturalizarse británico en 1947, ano en que casou coa Raíña Isabel II de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1060-1108), fillo de Enrique I de Francia e de Ana de Kiev. Trala morte do seu pai, reinou ata 1066 baixo a rexencia da súa nai e do seu tío Balduíno V, conde de Flandres. Intentou ampliar os territorios de dominio real para o que se enfrontou ao duque de Normandie e ao conde de Flandres, Roberto I o Frisón, que o derrotou na Batalla de Kassel (1071). Foi excomungado en 1095 por repudiar a súa dona, Berta de Holanda, e polo seu posterior matrimonio con Bertrada de Montfort.

    VER O DETALLE DO TERMO