"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Primeiro libro impreso en Galicia con gravados en madeira, conservado no arquivo da catedral de Ourense. Carece da portada e dos folios XXI e XXII, e contén unha serie de grandes letras historiadas acompañadas de cinco gravados. As constitucións van precedidas dunha carta pastoral do bispo Francisco Manrique de Lara ao seu cabido, xunto cun proemio do mesmo dirixido a todos os representantes eclesiásticos. Inclúe unha epístola do impresor Vasco Diaz Tanco del Frexenal, que rematou a edición o 12 de maio de 1544.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Publicacións que conteñen unha serie de prescricións canónicas, litúrxicas e morais de orixe apostólica. Comprenden oito libros. Elaboradas, probablemente en Siria a finais do s IV, consérvanse no texto orixinal grego.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de constrinxir, especialmente apertando ou oprimindo algunha cousa.

      1. Parte fixa do cromosoma metafásico na que non hai enrolamento en hélice do ADN.

      2. constricción primaria

        centrómero.

    2. Estreitamento dalgunha das partes da boca ou do colo durante a produción de sons da fala que restrinxe o paso do aire espirado desde os pulmóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de construír.

      1. Actividade ou industria de construír ou edificar, especialmente obras de enxeñería ou arquitectónicas. Comprende un gran número de actividades que van dende a fabricación dos materiais de construción ata a edificación de vivendas, fábricas e obras públicas (edificios e infraestruturas), e constitúe un dos sectores económicos máis importantes nos países industrializados ou en vías de industrialización. Nas análises sectoriais da actividade económica forma parte, xunto coa industria e a minería, do denominado sector secundario.

      2. construcción naval

        Parte da industria que comprende o proxecto e a construción de navíos. Antigamente, os barcos construíanse con madeira de ciprés, de cedro e de acacia, pero co tempo, empregáronse metais para as áncoras e para certos aditamentos bélicos ou decorativos. Os exipcios resolveron diversos problemas que presentaba o goberno da nave e construíron algunhas de grandes dimensións. As necesidades do comercio grego fixeron aumentar o desprazamento das naves; así, xurdiu o tipo denominado trirreme e conseguíronse avances técnicos importantes, como o calafateado da armazón e o forrado da carena con coiro ou chumbo. Na Idade Media, as madeiras máis empregadas para a construción de buques foron o carballo, o piñeiro, o olmo, o cedro, a nogueira, o castiñeiro e a faia. Dende a construción en Inglaterra (1821) do primeiro buque con armazón de aceiro, soamente se utiliza a madeira para barcos de moi pequena tonelaxe ou con finalidades deportivas e de recreo. A construción de buques de casco metálico...

    2. Obra construída, especialmente de enxeñería ou de arquitectura.

      1. Unidade lingüística sintagmática ou morfolóxica que pode estar formada por unidades pertencentes a un nivel xerárquico inferior, encadeadas sintagmática ou gramaticalmente e que, ademais, poden pertencer a unha unidade superior. É posible descompoñelas nos seus constituíntes inmediatos ou mesmo nos seus constituíntes terminais (

      2. construcción absoluta

        Construción que, nunha oración, non depende sintacticamente de ningún elemento concreto.

      3. construcción “ad sensum”/de sentimento/lóxica

        Construción que se fundamenta no sentido, independentemente das concordancias gramaticais (

      4. construcción elíptica

        Contrución que deixa de enunciar algunha forma porque o contexto non a esixe necesariamente (

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista gratuíta que apareceu en 1979 co subtítulo de “Revista de la asociación provincial de empresarios de la construción”. Dirixida por Salvador Castro Gallego, contaba coas colaboracións de Constantino Vila, Eduardo Hevia, Juan Molina, Jesús Dorado, Rafael Díaz Iglesias e outros. Orientada ao sector da construción, insire entrevistas, artigos sobre bens inmobles, convenios, investimentos, actividades fiscais, asembleas da asociación, novas sobre axudas para rehabilitación de vivendas e estatísticas sobre prezos de solos. Inclúe as seccións “Actualidad Económica” e “La Sonrisa Ajena”, esta última dedicada ao humor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina segundo a que a presenza de Cristo na Eucaristía non comporta que desaparezan as substancias do pan e do viño. Defendérona Lutero e as igrexas luteranas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de consumar ou consumarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de consumir ou consumirse.

    2. Cousa que alguén consome nun establecemento de hostalería.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de consumir ou consumirse pola perda de vigor físico ou anímico.

    2. Adelgazamento e afectación profunda do estado xeral do organismo como consecuencia de enfermidades graves e prolongadas ou do xaxún.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de contabilizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de contaminar ou contaminarse.

      1. Modificación das condicións dun medio por mor da inclusión de axentes biolóxicos, químicos e físicos novos. As máis das veces é produto das actividades humanas. Os contaminantes poden presentarse como substancias, tanto en estado gasoso, líquido e sólido, ou tamén como enerxía en forma de calor, radiacións ou ruído. O home, na súa actividade, orixina millóns de toneladas de residuos ao ano. Estes residuos, ao abandonalos no medio sen ningún tipo de tratamento de depuración, constitúen os elementos contaminantes. Poden afectar ás augas, á atmosfera ou ao solo, ou a todos estes medios a un tempo debido ao poder de disolución da auga, que fai que algún dos elementos contaminantes pasen ao ciclo hídrico e por tanto o seu efecto engloba os distintos medios. O efecto, por tanto, pode ser máis ou menos localizado, como algúns tipos de contaminación térmica ou sonora, mentres que outras teñen un efecto a escala global, como algúns biocidas bioacumulables. Algunhas substancias contaminan moi lonxe...

      2. contaminación acústica

        Perturbación do ambiente sonoro normal, orixinada por ruídos. A incidencia destes ruídos sobre o oído humano, que adoitan provocar xordeira, inflúe tamén sobre o resto do organismo e causa problemas de fatiga, estrés, dores de cabeza, sono, etc.

      3. contaminación atmosférica

        Cambio na composición do aire atmosférico que orixinalmente é máis ou menos constante en todo o planeta e que nun 99% corresponde a unha mestura de osíxeno e nitróxeno. Tamén se considera contaminada unha atmosfera con alteracións nas formas de enerxía presentes. Os compostos que maior variación posúen son o dióxido de carbono e o hidróxeno, que presentan un aumento importante nas proximidades das áreas industriais. Nestas zonas tamén están presentes algúns hidrocarburos, especialmente o acetileno. Entre as principais fontes de contaminación están: os automóbiles, as calefaccións, as centrais térmicas, a siderurxia, a metalurxia, a minería, a fabricación de cemento, a produción de fertilizantes, as refinerías de petróleo, a industria química inorgánica e as plantas incineradoras de residuos sólidos. A contaminación atmosférica constitúe unha problemática a nivel mundial, xa que as principais consecuencias son: o efecto invernadoiro, as chuvias ácidas, a destrución da capa de ozono, debido...

      4. contaminación biolóxica

        Cambios nun ecosistema debidos á aparición de formas de vida alóctonas.

      5. contaminación das augas

        Alteración do equilibrio dos ecosistemas acuáticos, con perturbación do seu ciclo natural polo home, a miúdo orixinada polo emprego abusivo da auga como vehículo de restos e residuos ocasionados pola actividade humana. A materia orgánica (contaminación orgánica), procedente sobre todo dos núcleos urbanos, eutrofiza a auga e consome o osíxeno disolto, feito que provoca a morte de moitas especies. As diferentes actividades e explotacións humanas introducen nas augas os seguintes contaminantes: pesticidas (herbicidas, funxicidas e insecticidas), residuos orgánicos e bacteriolóxicos, combustibles perdidos durante o transporte (marea negra), metais pesados, deterxentes, sales minerais, materiais en suspensión e isótopos radioactivos (contaminación radioactiva). A variación de temperatura da auga (contaminación térmica), utilizada como refrixerante en centrais térmicas e nucleares, tamén pode comportar graves consecuencias para os seres que habitan alí. A contaminación...

      6. contaminación episódica

        Contaminación atmosférica intensa e concentrada sobre un espazo local concreto, que perdura durante un certo período de tempo máis ou menos extenso, debido a unha situación de estabilidade das masas de aire.

      7. contaminación fotoquímica

        Saturación de vapor de auga nas capas baixas da atmosfera, debido a factores de inversión térmica, onde están presentes axentes contaminantes oxidantes, como o ozono, produto da transformación de hidrocarburos e óxidos de nitróxeno presentes na atmosfera de certos núcleos urbanos ou industriais.

      8. contaminación radioactiva

        Impurificación dunha substancia ou dun medio provocada pola presenza de elementos radioactivos. Mídese por medio de detectores de radiación (contadores de Geiger-Müller ou de escintilizacións), e avalíase en becquereis (Bq) ou en curies (Ci) por m 2 ou m 3 . Cando os niveis de contaminación son moi baixos, a contaminación mídese en choques por segundo; un choque é a detección por un contador dunha partícula ou radiación ionizante. Cando a contaminación radioactiva se produce sobre un ser vivo, hai que distinguir entre a interna (inxestión ou inoculación de elementos radioactivos) e a externa (depósito da substancia contaminante debaixo do corpo). As doses iguais de diferentes radiacións ionizantes absorbidas non teñen o mesmo efecto biolóxico. Empréganse, polo tanto, os conceptos de dose absorbida (medida en grays [GY] e rads [rad]) e dose equivalente (medida en sieverts [Sv] e en rems...

      9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello empregado para contar a velocidade de rotación do motor dos vehículos automóbiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de contemplar.

    2. Atención con respecto a unha persoa ou a unha cousa por mor da súa importancia. OBS: Normalmente, emprégase en plural.

    3. Estado espiritual que comporta unha experiencia peculiar de sensacións, que ordinariamente quedan fóra do alcance da consciencia, e unha unión inmediata con elas que fai que sigan parecendo como eminentemente reais. As condicións que posibilitan a contemplación son a reflexión, a meditación e un certo esforzo ascético. É unha práctica presente nas grandes relixións dende épocas antigas: no brahmanismo, a ascética física e mental (ioga) e a contemplación mística (bhakti) son dous camiños para acadar a liberación (moksa); no budismo, a contemplación serve para acadar o nirvana; e no taoísmo, o obxecto da contemplación é configurar imaxinativamente as realidades divinas que habitan o propio corpo, que se prepara así para acadar a supervivencia. Na Biblia, a contemplación cara a cara con Deus é o anhelo máis radical do crente, que non pode cumprirse sen que este morra. O achegamento do home a Deus prodúcese, polo tanto, en virtude da iniciativa divina, mediante...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de contemporizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de conter ou conterse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Litixio entre dúas partes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase a todo aquilo que pode ser discutido diante dun xuíz ou á forma en que se litiga.

    2. Aplícase aos asuntos sometidos ás decisións dos tribunais en forma de litixio, en contraposición aos actos gobernativos e aos actos de xurisdición voluntaria.

    3. Proceso seguido contra os actos e as resolucións que poñen fin á vía administrativa, ditado polas administración públicas no exercicio das súas actividades. Presúmese que existe unha violación do ordenamento xurídico e lesións aos dereitos ou intereses lexítimos de particulares. Tamén se denomina recurso.

    4. Conxunto de órganos do poder xudicial aos que se lles atribúen o coñecemento das pretensións que se deduzan en relación coas actuacións das administracións públicas suxeitas ao dereito administrativo; das disposicións normativas de rango inferior á lei; e dos decretos lexislativos cando excedan dos límites da delegación.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de contestar.

      2. Aquilo que se contesta ou os termos cos que se contesta.

      3. Resposta, ás veces violenta, que dá unha persoa que está en desacordo con algo.

      4. Manifestación de rexeitamento contra algunha cousa.

      1. Acto de comparecer nun xuízo para responder as demandas da outra parte.

      2. contestación á demanda

        Acto procesal no que a parte demandada, dentro do prazo establecido, contesta á acción do demandante, aceptando ou rexeitando os alegatos de feito ou dereito contidos na demanda. No tocante á forma que debe revestir, a lei equipáraa á da demanda.

    1. Actitude de enfrontamento coas estruturas e as ideoloxías dominantes nunha sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de contextualizar.

    2. Proceso semiótico segundo o que unha mensaxe se insire noutra e dá lugar a un texto coherente para o seu destinatario. Permite, tamén, eliminar a ambigüidade dun enunciado que, recibido de forma illada resultaría incoherente ou difícil de descifrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa creada en Madrid en 1990. Os seus antecentes remóntanse ao ano 1982, á empresa VideoTrama S A, pioneira en Galicia no seu sector, fundada por Francisco Casal e outros socios na Coruña. No ano 1986 Francisco Casal e Xavier Villaverde constituíron a empresa Xavier Villaverde Asociados, que en 1990 se transformou en Continental Produciones, da que Casal é o seu director xerente, e que conta con sedes na Coruña e Madrid. As actividades da empresa abranguen os campos cinematográfico, publicitario e videográfico. Entre 1989 e 2000 participou na produción de sete longametraxes, entre as que destacan Fisterra, de X. Villaverde, 1998 e Frontera sur, de G. Herrero, 1998. Por outra parte, dúas das súas últimas producións, Cuando vuelvas a mi lado, de G. Querejeta, 1999 e Sei quén es, de P. Ferreira, 2000, conseguiron varias nominacións e acadaron, respectivamente, o premio á mellor fotografía no Festival de Donostia-San Sebastián para Alfredo Mayo, e o premio...

    VER O DETALLE DO TERMO